domingo, 28 de diciembre de 2008

Un conto navideño de Areas

O que espere ver nesta historia aventuras, detectives en apuros, cabaleiros intrépidos, heroes con mallas, ou misterios misteriosos, trabúcase; no seguinte conto non hai nin tan sequera un triste tesouro enterrado; recolle sinxelamente un ínfimo instante cotidián da vida de dous amigos, que como casi tódalas tardes se reunen para cambiar opinións, debatir, ou largar (según veña o caso) do que lles vai acontecendo a eles e a xente que os rodea. Algúns chamaríanlle a isto "votar unhas risas".

Transcorre a tardiña do venres e Beni, o protagonista solteiro deste relato, despois dunha ducha rápida e de enfundarse en roupa de abrigo para encararse coa fría noite que se achega, aventúrase a iniciar outro fin de semana. Como casi tódalas tardes o primeiro que fará será reunirse co seu colega Carlos no bar da Casa Cultural da parroquia. É 26 de decembro e despois da velada familiar que pasara dous días atrás e da larga noite de marcha anterior entra na cantina un tanto alicaido.

- ¿Qué che poño Beni? -pregunta a voz tan familiar da cantinera dende detrás da barra.Se fose outro local e estivese outra persoa detrás da barra houbéselle respostado "Ponme quente", aínda que nese momento estivo a piques de contestarlle con outra frase tópica: "Ponme fora", finalmente dixo sinxelamente o que quería:

- Un Cati-Cola

Xa co combinado de Cutishark con Cocacola na man e despois de comentar algun detalle sin importancia do tempo con un dos poucos clientes que había no local, diríxese a zona de fumadores coa intención de esperar o seu amigo.

Dirixamos agora a atención sobre éste último:

Carlos chega despóis de facer uns recados coa familia e como case sempre con un pouquiño de retraso. Pidelle unha cerveza a cantinera e diríxese a fumar un pitillo onde a Beni, agardando unha pequena bronca. No salón de fumadores aparte de Beni, atópanse noutra mesa catro elementos botando unha partida de tute, e dous curiosos detrás a incordiar. A cousa promete.

-Boas tardes, que tal neno?

-O de tarde, bastante apropiado, jeje. -contestalle Beni, cunha sonrisa irónica na boca.

Carlos busca unha excusa,

-E que con isto das festas a xente deixa todo para última hora, ti sabes o follón que hai en Ponteareas, non o podes nin imaxinar. E iso que non fixen todolos recados, a sorte é que non traballo ata despois de Reis. Bueno, temos que ir pensando algo para poñer no blog.

-Como tes o dos muiños?

- Máis ou menos como antes, fáltannos as fotos, a ver se estes días de vacacións vamos a sacarlle algunhas, pero hai que facelo con calma, informándose ben. Tamén pensei, o millor facer como nas televisións un especial, cos mellores post que fixemos sobre a parroquia, sobre todo aqueles do principio.

-Non creo que sexa boa idea, o que está posto xa non ven o caso, non vamos a repetir sempre, senon aburre. Home, mira ti se queres, pero non me parece moi axeitado. -dille Beni, mentras na partida de tute empeza a formarse un pequeno alboroto.

-Case que tes razón. Nada entón terán que ser os muiños, canastros e cruceiros, que temos moitos pendentes. Esta partida dame que non vai a acabar moi ben.

-Cos elementos que se moven e os efluvios que emana algún, non pode acabar moi ben.

E salta a chispa, despois de que un dos curiosos que seguían a partida, comenta algo sobre a xugada mala que fixo fulanito x, este salta como un resorte:

-Os de fora rachan leña!, xa está ben coño, hai que mollar o cu aqui, nada de estar a falar por fora, me cago en... !

O curioso cala medio avergoñado e Beni máis Carlos botan as sús primeiras risas, que se cadran molestan máis ó xogador cabreado. A partida desmóntase ou remátase ó instante.

Entre risas e aguantandoas como pode comenta Beni:

- Empezamos ben o venres

- Pois si que empezamos ben, jeje, o de sempre. E xa que temos claro, cal vai a ser o seguinte post, por qué non botamos un futbolín? Chegaron aqueles dous pagarines.

- Pos vale, hoxe estou inspirado, sha!

Unha horiña despois, logo de perder máis partidas que ganar, retoman a tertulia, xa con máis "tertulianos", entre eles Manolo, que os tiña medio abandonado dende a polémica do Santuario da Franqueira. Nesta ocasión pídelle a Beni se lle pode instalar o intrenet por rede Wiffi, que xa volta a funcionar en Areas. E claro, alá van os tres a facer un chollo de tres minutos segun Beni.

O cabo de outra horiña voltan, e seguen a a cambiar opinións, debatir ou largar. A conversación xira en torno a moitas cousas sen aparente importancia, non é un día moi dado a lerias polémicas e graciosas, polo que Beni para romper o xeo e dí:

- O final non facedes cea do equipo?

- Que va, sempre pasa o mesmo, preguntei un par de veces e nadie puxo interés. Pero tí tranquilo, vamos tomar unha tapiñas por ahí, e seguimos pensando, xa verás, como nos ven a inspiración.

- Dubido moito, pero que carallo, vamos tomar unhas copas, que isto é o de sempre.

Un par de horiñas máis tarde, despois de tomar unhas tapiñas de xamón asado, e un "par" de cachariños máis, 20 post na cachola para poñer no blog, un par de fotos desperdiciadas, deciden voltar a casa coa ledicia de haber pasado un bó venres, e coa idea de co seguinte post do blog, escomenzase así:

"O que espere ver nesta historia aventuras, detectives en apuros..."



PD: Aínda que hoxe sexa 28 de decembro, isto non é ningunha inocentada, máis ou menos é o que acontece calquer venres na cantina da parroquia. O texto foi discurrido (si se lle pode chamar así) entre os dous, a introducción é propia de Beni, nótase ben.

viernes, 19 de diciembre de 2008

Xa están aquí

Xa están aquí, por iso:



"Si parece que aínda foron onte". Xa sei que é un tópico ou unha frase máis ou menos feita, pero para os que temos certa idade, a cousa é así, os anos pasan a unha velocidade de espanto. Nin tan sequera a crise galopante que din que existe (e se cadra existe) é quen de frenar a rapidez coa que pasa o tempo.

Sei que son unhas fechas que non deixan indiferente a ninguén. Hai a quen lle encantan e hai quen as detesta, sexa como sexa, están ahí. De pequeno agardábaas con moita ilusión, agora recoñezo que aínda que non teña moito espíritu navideño (que non sei moi ben que quere dicir a expresión), algo hai que facer, polo menos para que os máis cativos tamén disfruten delas.

Tiña pensado poñer unhas fotos do alumado de Areas, pero claro, como aquí non temos casco urbano, a decoración limítase a casas particulares e algunha empresa. Neles vese a variedade de gustos, algúns máis clásicos e outros un pouco rechamantes, que máis parecen unha discoteca ou algo "parecido". Estan fotos foron tomadas en Ponteareas, non sei o gasto que conleva o alumado, pero teño que recoñecer que non queda nada mal, polo menos non é o típico alumado festeiro que se facía noutros anos. Na Praza Maior puxeron un "arbolito" que chama moito a atención polo seu tamaño e lucerío.





Neste famoso bodegón de Ponteareas fan unha reivindicación dos Reis Magos, non esta mal despois desa praga de homes de vermello (como din nalgún blog) que nos invade. Espero que esta publicidade gratuita que lle estou a facer, me vala para tomar unhas tapiñas de callos, que os fan de vicio.



Teremos que ter coidado cos excesos, que xa sabemos que estes días son apropiados para cenas de empresa, de fútbol, de amigos, comidas familiares,... en resumen, puro espíritu navideño de hoxe en día, bueno isto máis o consumismo.

Pois é o que hai, boas festas a todos. Ós que lle gustan que disfruten delas e ós que non, que as leven o millor posible.

viernes, 12 de diciembre de 2008

A todo porco lle chega o seu San Martiño

Esta "afoto" tan "priciosa" do porco de Carlos (o porco é o que está finado) que me enviou, xunto con outras que incluirei ó final desta entrada, sérvenme de excusa para comentar algunha cousiña de algo tan tradicional no noso pobo (e das aldeas de toda Galicia en xeral) como é "A matanza do porco".

Nunha ocasión escoitei nun programa da caixa boba (creo que foi no de Karlos Argiñano) que o porco ten salvado máis vidas ca penicilina. Pareceume unha frase moi acertada en relación a épocas anteriores, nas cales pasóuse fame e o porco solventaba a papeleta de moitas familias por unha boa tempada; xa que do porco aproveitábase (aprovéitase) ata os andares, como reza o dito popular.

Afortunadamente os tempos cambiaron, aínda que a tradición de mata-lo porco unha vez pasado o día de San Martiño (11 de novembro) sigue viva. Claro que non en tódalas casas séguese criando marranos (non vaiades pola malicia), pero cónstame que aínda son moitas as familias que ó chega-los meses fríos, danlle matarile a un cocho. Tamén me consta que se adoita adquirir o animal case criado, e tras pasar un par de meses de feliz convivencia, termina engrosando a despensa de víveres familiar. Digo adquirir porque non sempre se compra, xa que é un premio bastante socorrido en campeonatos de tute, ou bingos populares dos arredores.

A "Matanza" adóitase realizar calquera Sábado ou Domingo moi tempraniño, a condición de que a lúa sexa a apropiada (creo que cuarto menguante), ó parecer si se salgan os xamóns en lúa chea non se conservan ben. Sexa como sexa, cando chega ese día xúntase boa parte da familia e entre bromas, e algún vaso de viño que outro, vanse cumprimentando tódalas partes do ritual.

En casa, cando eu era cativo, tamén se facía a matanza. Teño recordos agridoces desas mañás frías cando chegaba a casa o meu tío, o matarife oficial (un saúdo para el e para os meus curmáns), con ese "peasso-coitelo" para dar fin á vagancia do marrano. Aínda recordo a confusión que había á hora de agarrarlle-las patas, os chillidos do pobre animal e o mal que o pasaba eu cando lle metían o coitelo (adoitaba ver para outro lado). Segundo teño entendido agora é obrigatorio empregar unha especie de pistola de aire comprimido. Ó parecer dese xeito o porco non sofre, aínda que eu teño as miñas dúbidas.

Gustábame, con todo, o momento de chamuscalo; era cando máis bromeábamos, doutra banda agradecíase a calor do lume feito a base de "bullo (folla seca dos piñeiros)", "fento" ou "fachos de herba seca", con obxecto de darlle un afeitado ao porco. Sempre se facía chanza á hora de quitarlle-las pezuñas; recordo que o meu tío dáballe-las ó can para que xogueteara con elas, pero ó parecer teñen efectos medicinais (curan os sabañóns).

Como noutras tradicións facíase distinción de tarefas dependendo do sexo; as mulleres tiñan asignado o papel de separa-las tripas e quitarlle-la graxa e os recortes para posteriormente lavalas no río, e tamén, como non, cociñar certas partes do porco para comer unha vez rematada a faena. Ó final o animal quedaba pendurado e con tres varas atravesadas para mantelo aberto.

No seguinte día era cando se levaban a cabo as labouras de despezamento, separando as carnes para face-los chourizos, ou de consumo rápido e salgando as demáis partes que se ían conservar na "salgadeira" (a cachucha, os ósos da soá ou espiñazo, os lacóns, os xamóns, os boches ou pulmóns, o corazón e o rabo). A min persoalmente a parte do porco que máis me gusta e o "lomo" posto en zorza.

Tamén me lembro que miña tía-aboa era a encargada de face-los chourizos (ceboleiros e de carne), e as morcillas, feitas coa propia sangue do porco mezclada con cebola, miga de pan, e non sei que demáis ingredintes e especias. Despois a hora de cocelas, a min tocábame a calurosa tarefa de pínchalas cunha agulla atada a unha variña para que non reventasen. En fin..., lembranzas enxebres da miña infancia.

Eu, que son totalmente contrario ó sofremento de calqueira animal, e polo tanto antitaurino acérrimo; considero que, no que respecta á matanza do porco (aínda sendo un ritual sanguento), non debería desaparecer; en principio polo que ten de tradición, pero tamén porque en definitiva é para alimentarnos e non para divertirnos como ocorre no espectáculo patético dos toros.

Ademáis, ¡que carallo!, que sería do noso sabroso cocido sin o porco (matado na casa, iso sí, que o que venden na carnicería non sabe tan ben, jeje).




ALGÚNS REFRÁNS RELACIONADOS

"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño".

"Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello".

"O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño".

"Alegría, alegrote que anda o rabo do porco no pote".

"Por Santo Andrés mata o teu porco como o tes".

"Polo San Tomé dálle ó porco polo pé".

lunes, 8 de diciembre de 2008

Fútbol base


Como xa contei nalgunha ocasión, sou un devorador de partidos, tanto na televisión como en directo (quizáis xa fun máis), e tamén contara que non ía falar do fútbol a nivel profesional. O cal non é verdade, xa que fai un tempo posteara unhas crónicas sobre fútbol a ese nivel. Unha ía sobre aquela media hazaña de un equipo humilde como o Xetafe na copa da Uefa, aquilo fora unha verdadeira magoa. As outras dúas entradas, trataban sobre a Selección española na Eurocopa, unha antes da final e a outra despois. Penso que non me saíran nada mal.

Pero como xa estou aburrido das noticias sobre ese mundo (que tratan máis de escándalos, como reunións de directivos algo rarillas, partidos comprados hai un par de tempadas, etc.), hoxe quero contarvos o mundillo do fútbol a nivel canteira ou escola.

Eu de pequeno non tiven as opcións que hai hoxe en día, escomenzábamos a xogar federados con 15 anos, agora con 5 anos xa hai equipos de minis, polo menos na escola de fútbol do Condado, escola a que me vou referir por ter un fillo xogando nela.

Si os profesionáis o fan todo por cartos, a este rapaces véselle unha ilusión impresionante, sempre están desexando que cheguen os entrenos e os partidos. Soñan con algún día pertencer a algún equipo grande, e o máis importante, están involucrados na escola, tendo unha disciplina que me deixa asustado. Da gusto ver a orde que teñen neses partidos e o compañeirismo que hai. Cando son pequeniños de verdade, é unha flipada, as risas estan garantidas, o millor corren sin xeito de aquí para alá, xa ten pasado o caso de ir perdendo por máis de 10 goles e ó lograr un, e incrible a alegría que mostran, case lles da igual o resultado.

Conforme van medrando, a ilusión aínda a teñen, pero xa son máis realistas. Eles vanse dando conta do que de verdade vai poder ser algo e do que se vai quedar polo camiño. Aínda que xa digo, esa ilusión e sacrificio siguen estando ahí. Os invernos fanse largos, entrenos chovendo, con néboa e frío. Diferentes estados de ánimo; alegrías o gañar partidos, decepcións o non xogar, frustracións o perder algun partido importante. Lémbrome dalgunhas finais que esten homiños toman como si fora a final da Champión, en concreto unha en Vilagarcía de Arosa hai dous anos. Alí os nosos perderan a final a penaltis, o máis triste é que o campión sería invitado ó Torneo Internacional de Vilagarcía de Arosa, onde os riváis serían equipos de primeira élite, como Madrid, Barcelona, Manchester ou Bayern entre outros. Imaxinádevos a decepción destes chavales, poder xogar contra equipos deses non pasa todolos días, creo que algún chegou a casa chorando, aínda non sei se o seguiría a facer ó día seguinte.

No meu caso, sigo os partidos dende hai seis anos, que foi cando ingresou o meu fillo na escola. No primeiro ano xogou na categoría de benxamíns, os páis gozábamos como rapaces e iso que en todo o ano me parece que só gañaron un partido, e as goleadas en contra eran continuas, pero eles eran felices. Agora xoga en infantís, o nivel de exixencia e maior, xa non están en categoría local senon na provincial e na zona alta da tabla, de feito van líderes. Pero o que máis motivo de satisfacción me produce, son os valores que lle van inculcando de compañerismo e respeto entre eles e cos riváis. Dame verdadeiro gusto cando remata un partido e se xuntan no centro do campo a saúdarse entre eles e aplaudirlle as aficións. Sou consciente de que conforme vaian medrando, cando cheguen a categoría xuvenil, moito diso perderase, aínda que algo sempre lles quedará.

Na parte negativa, están moitos páis e náis, non quero centrarme moito niso, pero as veces da pena escoitar os berros e insultos na grada. Quédome conque son unha minoría, pero tanto están nos clubs riváis como no noso.

Tuven a gran sorte de ir a sendos torneos ou excursións (según se mire) a Barcelona e a Donostia. Foi un experiencia fermosa e moi sa, mirar como os rapaces tiñan que moverse pola súa conta sen o coidado dos páis, simplemente seguindo as informacións dos monitores. Aquí vos deixo algunha foto da marea amarilla, como as feitas co letreiro oficial dos torneos, comendo nun pavillón ou, para mín, unha das máis fermosas, todos xuntos co equipo rival ó remate dun partido.






Sei que non van ter moitas posibilidades de chegar a profesionáis, entre outras cousas porque os grandes prefiren fichar a extranxeiros aínda que estén "lesionados", pero o importante é que estes heroes anónimos do fútbol base sexan felices.

martes, 2 de diciembre de 2008

Antía Lorenzo Garrote

Antía Lorenzo Garrote é unha rapaza de Areas que me sorprendeu o outro día cando me mostrou unhas fotos no móbil duns cadros que pintara. Como xa teño dito moitas veces, de arte non entendo nada, pero parecéronme bonitos e orixinales, máis que nada porque fora unha idea propia, non os copiara doutro cadro. E alá me fun coa miña cámara para retratalos e retratala (aínda que a ela non gusta sair nas fotos, eu inmortalicenna antes de que sexa famosa).

Alí contoume que tiña interés pola pintura dende moi pequena, sempre estaba garabateando, e por iso escomenzou a estudar pintura ós cinco anos. Sempre estivo namorada das obras de Van Gog, o cal e o seu pintor favorito, con moita diferencia. Del tomou a idea dun destes cadros que mostra. Estes dous exemplos están realizados en acrílico, aínda que agora xa se atreve con outros materiáis e con lienzos máis grandes. Cando o remate veremos o resultado.

Por outro lado, Antía ós seus quince anos, é unha razapa moi destes tempos modernos, moi comprometida coa sociedade e co medio ambiente, ata o punto que as veces considero senon lle vai dar un telele un día destes, xa que é moito. Cadrounos falar o outro día de todo isto un pouco, e quedei alucinado coas súas ideas, unhas ideas que o que máis e o que menos as comparte, pero que sabemos que realizar todo iso ven sendo pouco menos que unha utopía. Pois ela está seguriña que poderíase conseguir. Como lle dixen o final da conversa, a ver se cando sexas presidenta do goberno (porque iso e outra, métese en canta asociación hai, e foi elexida represante dos alumnos do consello escolar), logras poñer todo iso en práctica, sería unha marabilla.

Velaquí estes dous exemplos da súa obra que lle inmortalicen neste blog. Que se lembre cando sexa famosa que fomos os primeiros en falar das súas dotes.