Da revista "A Varanda", a cal xa mencionei na entrada anterior é este completo artigo adicado a nosa parroquia e firmado por Gloria Bugarín Fernández. De paso tamén serve como presentación cara a este blog do lugar que nos veu nacer.
AREAS, UN ANACO DE TI
Areas está situada na provincia de Pontevedra, pertence a diocese de Tui-Vigo e ó Concello de Ponteareas. Está sita a corta distancia e sobre a marxe dereita do río Tea, con boa ventilación, e clima bastante san. Conta cunhas 300 casas distribuidas en diversos barrios. Agualevada, Alemparte, Cruz, Ganade, Gándara, Lomba, Peso, Picoto, Porto Castro e San Blas; e outros máis pequeños, como son: A Porteliña, Bazoca, Pardiguel, Samil, Fos, Abelán, Burguete, Visada, Outeiro, Cabadiña, Torre e Cabededas.
A parroquia confina con San Xurxo de Ribadetea, San Lourenzo de Arnoso, San Pedro de Angoares, San Xulián de Guláns, San Salvador de Cristiñade, Santa Marina de Xinzo e coa capital do partido Xudicial.
É bañada en parte polo río Tea, o cal baixa a unirse ó río que ten orixe nos montes de Xinzo, parroquia que lie da o nome; cruza pola feligresía e recolle os derrames de fontes (como a de Santimouro) e de pozas que se atopan na parroquia.
Tamén participa de montes poboados de piñeiros, castiñeiros, eucaliptos e toxo. Ten ademáis moito terreo destinado ó cultivo de millo, viño e sobre todo horta, como unha fonte máis de riqueza da parroquia. Tampouco carece de pastos; críase gando vacuno, cabrío e lanar.
Aínda se conservan na parroquia varios muiños nos que antigamente se moía millo e trigo, exemplos destacados son: Baluarte; Candendo; o de D. Camilo; o da Levada, que pertenceu en tempos os señores de Sánchez; un da familia Paz (Ferrador), cerca da Fos; e outro na Fos, que pertenceu os herdeiros de Don Eugenio Ucha.
A parroquia conta ademáis con distintas construccións dunha importancia considerable:
Por un lado a Igrexa Parroquial de Santa María de Areas, que é considerada de curato de primer ascenso e patronato Real e ordinario; foi levantada en 1878 en sustitución da anterior, situada na Fos. Ó lado da igrexa está o cemiterio.
Tamén contamos cunha fabulosa casa rectoral de pedra que data do ano 1703 e que ten planta en forma de U; e dúas cápelas: a de S. Lucía, do século XVIII e a de S. Blas, do século XVII. Hay unha terceira cápela na parroquia que foi propiedade dos señores da Pesqueira; sigue sendo de propiedade privada e está rodeada dunha gran finca e monte da misma propiedade, onde se di que incluso en tempos se enterraba xente; esta misma finca conta cunha casa que hoxe está en ruinas.
Do século XVIII tamén é o pazo do Porto Barreiro, pertenceu ós Ponce De León. Hai outro pazo no barrio de San Blas ó lado da cápela que pertenceu ós 'Señores de San Blas'.
A parroquia conta cunha escola de educación infantil na Bazoca e con outra en Ganade, ademáis dun centro de Formación Profesional: 'A Granxa Escola', situada na finca da Boa Vista, que nos seus tempos pertenceu a un home cunha gran lenda: 'Fresco'. A devandita finca conten no seu entorno unha casona típica galega, ésta foi vendida dúas veces despóis da morte do Fresco e posteriormente pasou a ser un centro de estudios.
Destacar tamén a existencia de distintos cruceiros na parroquia, dos cales algúns aínda se conservan, tal é o caso do que está detrás da casa rectoral, o que está en San Blas ó lado da cápela, o que hay en Ganade e o que perdura na Gándara.
Habría que reseñar tres cruzeiros máis que na actualidade xa están rotos: o que estaba na Pesqueira ó lado da cápela, o que hai nos Cañotos, e outro que estivo no baldío, no lugar que chamaban "Cabada do Cura".
No baldío tamén se atopa a que din que foi a sepultura do frade. Está concretamente no Pardiguel, un pouco máis arriba do campo de fútbol, que leva o mesmo nome, e do cal xa ninguén fai uso. Desa sepultura somentes queda a lápida, que non é máis que unha pedra cunhas inscripcións, pousada no chan e que xa foi cambiada de sitio debido ás pistas que se abriron no baldío. Aínda así segué estando no monte, e o lugar no que se atopa coñécese eos nomes de "Onde morreu o Frade" ou "A Cova do Frade".
Podemos reseñar que en Áreas houbo varios petos das ánimas, pero soio se conserva un en Ganade que, por certo, está en moi boas condicións; os vecinos soen telo amañado. Disque houbo outro no Porto Castro pero déste xa non queda nada.
Habemos de recordar que aínda se conservan algunhas canles para a auga das de pedra, que atravesan o río e que todos deberíamos velar pola súa conservación, e que cando se arranxasen non se sustituan nunca por unhas de cimento, xa que esto destruiría a súa beleza natural e tamén a do seu entorno.
Acabando xa coas construcción e monumentos hai que reseñar que a nosa parroquia é moi coñecida e importante debido a que é na que máis cantidade de industrias se atopan afincadas en todo o Concello. Iso xa ven dende moi antigo coa construcción de distintas fábricas de madeira como foron a da Carballeira e a do Alto.
Hoxe en día serían moitas empresas as que merecerían mención pola súa importancia en distintas materias como son: as carpinterías de madeira ou aluminio, derivados do cemento, granito, avícola, talleres de reparación, cerraxerías, talleres de persianas, excavacións, construcción e outras moitas que farían unha longa lista.
Xa, como remate, comentar certas curiosidades moráis que se deron en tempos na nosa parroquia:
En 1724 D. Fernando de Arauxo e Queipo prohibe os seráns - que eran reunións de mulleres que se facían á caída da tarde para fiar-, leva-la cruz, pendóns e imáxenes á casa do maiordomo entrante e tamén as comilonas e festas.
En 1731 manda rezar o rosario tódalas tardes eos eclesiásticos e feligreses de xeito que fosen de día para a casa.
Ata aquí unha pequeña historia da nosa parroquia na que de seguro faltan moitos datos dos que non tiven coñecemento e dos que espero qué vostedes me poñan ó tanto. De seguro que saben cousas da historia da nosa parroquia que moitos de nos non coñecemos e non se atopan en ningún libro. Sen máis, espero que se poñan en contacto conmigo para contarme o que desexen.
domingo, 9 de marzo de 2008
Acerca de Areas
A varanda
En Xuño de 1997 viu a luz unha revista sinxela, editada pola Asociación de veciños e feita por uns cuantos amigos da parroquia. Como experiencia foi moi positiva, xa que lle puxemos moita ilusión e empeño; desgraciadamente só editamos tres números debido a falta de presuposto (ou a falta de ganas para recadalo, xa que da empresa que levamos a cabo era o que menos nos gustaba, jejeje).
Hoxe en día, pola miña parte, teño que decir que foi unha experiencia da cal me sinto moi orgulloso; cecais algún día poidamos volver a repetila. Polo de pronto pareceme unha boa idea publicar dixitalmente parte do seu contido; que mellor sitio que este blog, que tamén comenza a sua andadura, esperemos que duradeira.
Estas son as portadas da devandita revista, xa sei que non son gran cousa, pero tede en conta que estabamos no ano 1997, o PhotoShop non estaba tan adiantado como esta agora, e coido que a nosa cachola tampouco, jejeje.


Aínda que a revista saía co precio simbólico de 100 Pts (que tempos aqueles, os das pesetas; vinte duros, que lonxano queda...), o certo e que se repartía gratuitamente por tódolos domicilios da parroquia.
Así e como facía a sua presentación Silverio Cabaleiro Tienda:
'A Varanda' nace coa pretensión de ser unha publicación feita por e para os veciños da nosa parroquia, ÁREAS. Unha revista que trate o noso entorno dende dentro, no cal estamos todos implicados, e polo tanto deberíamos coñecer mellor e tratar de mellorar.
A intención desta publicación é dar a todas aquelas persoas que o desexen, sin importar idades ou ideáis, un medio no cal dar renda solta ós seus pensamentos, iniciativas e inquietudes que sería moi difícil que viran a luz pública nos medios de comunicación convencionais.
'A Varanda' pretende ser unha publicación plural e independente na que participen tódolos colectivos e entidades existentes na parroquia de Áreas, así como persoas individuáis que desexen comunicar algo ós seus convecinos .
'A Varanda' quere ofrecer nas súas páxinas información de interés xeral, cultural e deportivo; reportaxes, entrevistas, páxinas de opinión e apartados adicados ó lector e ó entretemento.
'A Varanda' estará periódicamente en todos e cada un dos domicilios da nosa parroquia así como en establecementos e lugares públicos de reunión, co que intentamos abarcar todo o noso entorno.
Esperando que 'A Varanda' sexa do seu agrado , queremos contar coa súa colaboración para que esta revista poida seguir publicándose. DEICA PRONTO.
Adicarei uns cantos posts máis para ensinarvos uns cuantos artigos desta publicación, que por ter hasta tiña "Depósito Legal".
Os primeiros de Sabina
Ó principio do blog podedes escoitar algunhas cancións de sabina con Serrat da xira que fixeron xuntos. Na mentras coma ós dous nos encanta Sabina, vou a ir poñendo unha serie de posts con alguns dos seus vídeos.
Escomenzarei con dous videos dos temas "Ruido" e "Nos sobran los motivos", espero que vos gusten.
Os Galegos
O galego no te chama por teléfono ... DACHE UN TOQ!
O galego non saúda ... DICHE BOAS!!
O galego non cae ... ANALIZA A CIRCUSTANCIA!
O galego non se enamora ... ESTÁ ENCONACHADO!!
O galego non trata de convencerte ... CÓMECHE A ORELLA!
O galego non concerta unha cita cos seus amigos ... QUEDA PARA BOTARSE UNHAS RISAS
O galego non golpea...MÁTACHE A OSTIAS
O galego non da bicos ... CÓMECHE A BOCA!!
O galego non bebe moito ... ÉNCHESE!!
O galego non é que non o entenda ... NON O PILLA!!
O galego non che da a espalda ... MÁNDACHE A PUTA MERDA!!
O galego non che chama a atención ... PERO QUE ME ESTÁS CONTANDO RAPÁS??
O galego non se inmuta ... BOH!!!!!!
O galego non acaricia ... SOBA
O galego non se alimenta ... ÉNCHESE!
O galego non traballa a moito ... TRABALLA COMO UN CAN!!
O galego non se impresiona ... NON TE TIRES.
O galego non sufre de diarrea ... TEN O CU QUE VOTA LUME!
O galego non corre a toda velocidade ... SALE FOSTIADO!!
O galego non colle o ave... COLLE O CASTROMIL!!
O galego non é un bo tio ... É A OSTIA!!
O galego non está cansado . ESTA FEITO UNHA MERDA!
O galego non vai de picnic......FAI CHURRASCADAS¡¡¡
O galego non ve una tía fea ... VE UN BECHO!!
O galego non o di claro ... SÓLTACHO NA PUTA CARA!
O galego non se pelexa cos veciños......MÉTELLE UN PLEITO
O galego non é calquera cousa ... É UN SER ÚNICO E EXTRAORDINARIO
viernes, 7 de marzo de 2008
Vídeo - GALICIA TERRA CELTA (RCA)
Como primer post de vídeo vouvos a amosar este que atopei en YouTube. É espectacular
¡¡¡ AMO A MIÑA TERRIÑA, GALICIA TERRA NOSA !!!
jueves, 6 de marzo de 2008
Conxuro da queimada
Como se pode adiviñar polo escudo do "Areas Fútbol Sala" somos bastante aficionados a farra, e sobra decir que soemos facer de cando en vez algunha cea; o que me trae a memoria "a queimada", a bebida alcohólica típica de Galicia para despois dunha boa comida quecer a gorxa. Moi pouca xente sabe o conxuro, así que me parece boa idea transcribilo:
MOUCHOS, CORUXAS,
SAPOS E BRUXAS
DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS
ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS
CORVOS, PÍNTIGAS E MEIGAS
FEITIZOS DAS MENCIÑEIRAS
PODRES CAÑOTAS FURADAS,
FOGAR DOS VERMES E ALIMAÑAS
LUME DAS SANTAS COMPAÑAS,
MAL DEOLLO
NEGROS MEIGALLOS,
CHEIRO DOS MORTOS
TRONOS E RAIOS
OUBEO DE CAN,
PREGÓN DA MORTE
FUCIÑO DE SÁTIRO E PÉ DO COELLO
PECADORA LINGUA DA MALA MULLER CASADA CUN HOME VELLO
AVERNO DE SATÁN E BELCEBÚ
LUME DOS CADÁVERES ARDENTES
CORPOS MUTILADOS DOS INDECENTES
PEIDOS DOS INFERNAIS CÚS
MUXIDO DA MAR EMBRABECIDA
BARRIGA INÚTIL DE MULLER SOLTEIRA
FALAR DOS GATOS QUE ANDAN Á XANEIRA
GUEDELLA PORCA DA CABRA MAL PARIDA
CON ESTE FOL LEVANTAREI
AS CHAMAS DESTE LUME,
LUME QUE ASEMELLA AO DO INFERNO
E FUXIRÁN AS BRUXAS A CABALO DAS SÚAS ESCOBAS
ÍNDOSE A BAÑAR NA PRAIA DAS AREAS GORDAS
OÍDE,
OÍDE OS MUXIDOS DAQUELAS QUE NON PODEN DEIXAR DE QUEIMARSE NA AGUARDENTE
QUEDANDO ASÍ PURIFICADAS
E CANDO ESTE BREBAXE BAIXE POLAS NOSAS GORXAS
QUEDAREMOS LIBRES DOS MALES DA NOSA ALMA E DE TODO EMBRUXAMENTO
FORZAS DO AR,
TERRA, MAR E LUME
A VÓS FAGO ESTA CHAMADA
SE É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER CA HUMANA XENTE,
AQUÍ E AGORA
FACEDE QUE OS ESPRITOS DOS AMIGOS QUE ESTÁN FÓRA
PARTICIPEN CON NÓS DESTA QUEIMADA
lunes, 3 de marzo de 2008
miércoles, 27 de febrero de 2008
lunes, 25 de febrero de 2008
Xa voltamos
Hoxe deume por intentar seguir con isto e aqui estamos.
Xa estamos na metade da temporada 2007-08, pero voume a parar a poñer as clasificacions da temporada pasada, A Deportividade, o torneo de Copa, a Liga e o cadro de Honor da Agrupación de F. Sala do Condado. Intentarei publicar algunhas fotos, e levar a clasificación xornada a xornada.
O ano pasado non nos foi tan mal, décimos na Liga e gañamos a Deportividade e a Copa B.
viernes, 3 de noviembre de 2006
Comentario de foto
No foto abaixo esposta pódese ver os membros do equipo na cea da final de Tempada 2004-05 cando recibimos o trofeo á deportividade, como vedes estamos ben respaldados; a cada lado os nosos gardaespaldas. (Meten medo, ¿verdade?)
lunes, 30 de octubre de 2006
Un pouco da nosa historia
O Clube Areas F.S. fundouse a finais do ano 2003, o equipo en sí xa xogaba na liga de fútbol sala do Condado, baixo o patrocinio dunha empresa, pero por falta de apoio económico vímonos na obriga de toma-las rendas do equipo e sanealo.
Creamos os nosos propios estatutos e rexistramos o equipo co noso nome, ainda que hasta comenza-la tempada 2004/2005 non poidemos empregalo.
O problema económico vámolo resolvendo con socios que facemos ó precio simbólico de 5 Euros, colaboracións de algunhas empresas e algunha que outra doación. Todo isto e moi de agradecer; sen eles veríamonos na obriga de desaparecer.
En canto a títulos, bueno, non nos vai moi ven; no noso haber soamente contamos co trofeo da deportividade na tempada 2004/2005, pero xa caerán máis. O ano pasado chegamos a semifinais da copa, caíndo eliminados contra o campeón de liga.























