Buceando por entre a maraña de imáxenes que teñen como protagonista as pontes, atopeime con esta fermosa foto, a cal me serve como ilustración para unha poesía que me adicou o meu amigo Manolo.
O certo e que levei unha grata sorpresa e fíxome moita ilusión cando hoxe me invitou a comer e ma mostrou (a poesía, jejeje); así que co voso permiso paso a transcribila de seguido. Xunto cunha adicatoria que di:
«Sabendo, Beni, a ilusión que che fai se escribo algo para ti..., amigo meu, ainda que somos ben distintos, ahí tes o teu poema, "hegeliano"..., tesis, antítesis e síntesis; espero che agrade.» (Abofé que o fixo).
___
E Beni..., cara a ponte
sostería
toda a auga
do Tea
nas suas mans
de neno.
Sería a auga
co seu canto
quen arrullara
tanta noite
perdida allende
os amores
surcan
un parto perfecto.
E Beni...
coma o vento.
Sería o perfil
inxenuo
do xogo,
e os recordos
rotos
perdidos no inverno.
E Beni...
coma o tempo.
Sería o llanto
aquel
de quen espera,
desbordada soedade,
polo seu tempo.
E Beni...
entre o misterio.
sábado, 19 de julio de 2008
Pontes de paso 12 - Ponte poética
viernes, 27 de junio de 2008
Pontes de paso 8 - Pontes nocturnas
Bueno, o certo é que para o post de hoxe acerca das pontes, tiña varias ideas donde elixir, pero finalmente decidinme por mostrarvos estas oito maravillosas fotografías de pontes de todo o mundo sacadas pola noite. A mín parécenme moi fermosas.
Vou facer como o noso amigo Manolo; xa que acompañarei as fotos cunha poesía, en concreto cun fragmento dun poema do gran "Pablo Neruda" titulado "Los Puentes", que ainda que esté en castelán pareceme axeitado.







...El retrato olvidado
del pueblo en las ventanas
sonríe saludando,
y he aquí ahora
los nuevos puentes:
la claridad los llena,
su rectitud invita
y dice: "Pueblo, adelante,
hacia todos los años que vienen,
hacia todas las tierras del trigo,
hacia el tesoro negro de la mina
repartido entre todos los hombres".
Y pasa el río
bajo los nuevos puentes
cantando con la historia
palabras puras
que llenarán la tierra.
No son pies invasores los que cruzan
los nuevos puentes, ni los crueles carros
del odio y de la guerra:
son pies pequeños de niños, firmes
pasos de obrero.
Sobre los nuevos puentes
pasas, oh primavera,
con tu cesta de pan y tu vestido fresco,
mientras el hombre, el agua, el viento
amanecen cantando.
Pablo Neruda.
sábado, 21 de junio de 2008
San Xoán en Areas (ano 2007)
Pois sí..., despois de algún tempo sin poñer ningunha foto de "Xulio", enviounos unhas cuantas instantáneas que sacou o ano pasado por estas datas na parroquia, nunha troulada que organizou a comisión de festas do "Barrio de San Brais" na noite de San Xoan.
Como na pasada ocasión, Manolo quere acompañar estas fotos con outro dos seus "peculiares" poemas.


As fotos donde ten protagonismo o lume; "Sinxelamente impresionantes"
Se mirades as fotos en grande, prestadelle atención o detalle da copa na primeira foto. "O froito prohibido"
lunes, 9 de junio de 2008
Pontes de paso 3 - Ponte maxestuosa
As pontes son como certas persoas:
A súa importancia valórase cando xa non están, ou cando están rotos e non se poden usar.......
Existe unha cantidade impresionante de pontes: Curtos e longos, anchos e estreitos, seguros e inseguros, caros e económicos.....
Todos teñen con todo, algo en común:
Serven para unir dúas beiras......
Atravesándoos, un sente que, dalgún modo, leva unha mensaxe alén......
Tamén as persoas estamos chamadas a ser pontes, para facilitar o encontro, para superar aflicións, para estimular o perdón......
Facer de ponte ás veces costa, pero cando dá resultado, a gratificación é grande......
Deste lado está o teu presente..... Do outro lado está o teu futuro......
Entre os dous lados, o río da vida, ás veces sereno, ás veces turbulento, ás veces traizoeiro e ás veces profundo e revolto......
É NECESARIO ATRAVESALO......
viernes, 16 de mayo de 2008
Día das letras galegas
Con motivo do día das letras galegas, quería poñer algun poema para conmemorar esa data, pero non vou recurrir nin a Rosalía nin a Xosé María Álvarez Blázquez (ó cal dedicaselle este ano) Recentemente lín nun blog, "A cova do raposo" (votádelle un vistazo, está moi ben), un poema que me gustou particularmente, sei que non lle van a adicar o día das letras, pero penso que vos pode gustar.
Permintinme o luxo de cambia-la foto da cabeceira, espero que non lle importe e puxen unha de cando era cativo, con miñas irmáns.
HOUBO UN TEMPO EN QUE FOMOS NENOS
Houbo un tempo
en que os nosos soños
eran limpos e sen fronteiras.
O abrente espallábase xeneroso
polos carreiros abertos
cheos de orballo,
onde agroman silvas e ameneiros.
Xogábamos ceibes como andoriñas
e os lameiros e os regatos
coñecían as nosas pelexas
e os nosos horarios.
Houbo un tempo
en que inventábamos o mundo
e ese mundo era grande,
fermoso, de moitas cores.
Non había portas pechándonos
o voo nin a imaxinación.
Cun balón nos pés
e uns calzóns curtos
podíamos ser Quini ou Santillana,
fartarnos de meter goles
e gañar diñeiro dabondo.
Houbo un tempo
en que coñecíamos
os segredos dos paxaros,
o poder dos tiracoios,
o medo no fondo das carballeiras,
as lendas de tesouros agachados,
os atallos para chegar cedo
a calquera sitio.
Tratábase de correr, de vivir,
de enchouparse de flores,
de tardes espreguizándose o sol.
Houbo un tempo
en que cada día era distinto,
cada amencer un novo reto
e a escola tiña algo lúdico.
Fervíanos o sangue o achegarse
certas datas do ano:
as festas do pobo, o Nadal,
a matanza na casa dos primos.
Falar a berros gustábanos.
Eramos felices
e o demais non importaba.
Houbo un tempo
en que fomos nenos.
Agora non o somos.
Agora os soños son pesadelos,
as fronteiras érguense arrepiantes,
a rutina véncenos cada día,
perdemos a liberdade das carballeiras
e os paxaros morren nas sebes
por mor dos fertilizantes.
Agora escribimos e-mails,
coleccionamos préstamos,
temos videoxogos, lumbalxia, colesterol,
facemos números para chegar
a fin de mes sen moitas débedas.
E, ás veces, estando a soas
buscamos polos recantos
un anaco da nosa infancia
e o non atopala
unhas bágoas orfas
esvaran polas meixelas
e acaban esfachándose
contra o parqué
do noso piso alugado.
Saúdos raposo.
Unha cantaruxada - Cantiga de Cegos
Despois de poñer patas arriba os caixóns (nótese que dixen caixóns, e non o que rima con ovo) da miña casa fun quen de atopa-lo libriño que vos comentei no post de Rosalía, nese mesmo intre soltei un folgo e un radiante sorriso iluminou o meu rostro. ...Xa sei que non valo para poeta, así que perdoade a pedantería.
O certo e que hay relativamente pouco descubrín a poesía (máis vale tarde que nunca); iso sí, en castelán... ainda me estou iniciando nas rimas da nosa lingua, proba do cal e a seguinte cantiga que atopei no devandito libriño, a cal seguramente moitos coñecedes.
Da a casualidade de que neste cantar/poema en particular non indica quen o escribiu, así que vamos a supoñer que é do autor más socorrido nestes casos, un tal "anónimo" (Sobra decir que si sabedes de quen é, xa estades tardando en decirmo).
___
Este ceguiño que ouvides cantando
de entrambos ollos da cara cegou,
mais por agora vaise gobernando
con outro ollo que aínda lle quedou.
Isto que eu digo
contáronme a mín
volvendo da feira
de Portomarín;
con outras couslñas
que vou contar eu
si son ou non certas
eu non vólo sei.
Como son vello e fáltame a vista,
cando unha moza me ven a falar
pra me dar conta si é grosa ou é fraca
teño por forza que ás máns apelar.
E teño observado
que as hai que se rín,
e outras, moi pouquiñas,
que foxen de min;
a maor parte délas
chaman polas nais,
pro chaman baixiño
e arrímanse máis.
Ana Marica quedouse soíña
porque o seu home pra Cuba marchou
e tal desgosto colleu a rapaza
que gravemente a coitada enfermou.
E solo quería
que a fose a coidar
un primo que tina
no mesmo lugar.
E despóis decía,
Cando xa sanou:
— Gracias ás fretiñas
que Manuel me deu.
jueves, 27 de marzo de 2008
Primeira entrada de Xulio Gil
O noso colaborador, colega de Manolo e fotógrafo profesional mandounos unhas fotiños da súa colección para compartir con todos nos. Esta vai ser a primeira de (esperemos) moitas cooperacións.
As tres instantáneas que engadimos de seguido foron expostas no local de "Bellas Artes" de Pontevedra.
Manolo quere acompañar estas fotos con un dos seus poemas:
domingo, 16 de marzo de 2008
Cantares e poesía - O hinno galego
Como é normal ó votar a andar un blog de este tipo, volveréi a repetir a frase "Para empezar esta sección"; pois iso... que mellor maneira de escomenzar este particular percorrido polos cantares da nosa terra que co hinno galego. Que todos sabemos un par de estrofas e para de contar, despois tarareámolo (ou mellor dito lalareámolo), para rematar en voz alta (casi sempre medios peidos, xa) co consabido "De bre-o-gán". Despois vendrá o "Asturias patria querida", "Sigo siendo el rey", "O rodaballo" e outros grandes hits de calibre semellante.
O himno galego conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.
O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.
En fin, velaquí o noso hinno, que a mín persoalmente góstame moito..., Xa quisera o hinno español ter así unha letra.
¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Para escoitar diferentes versións do hinno, así como coñecer un pouco máis da sua historia, mira-la partitura, etc, visitade a seguinte páxina: http://www.himnogallego.com/
jueves, 6 de marzo de 2008
Conxuro da queimada
Como se pode adiviñar polo escudo do "Areas Fútbol Sala" somos bastante aficionados a farra, e sobra decir que soemos facer de cando en vez algunha cea; o que me trae a memoria "a queimada", a bebida alcohólica típica de Galicia para despois dunha boa comida quecer a gorxa. Moi pouca xente sabe o conxuro, así que me parece boa idea transcribilo:
MOUCHOS, CORUXAS,
SAPOS E BRUXAS
DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS
ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS
CORVOS, PÍNTIGAS E MEIGAS
FEITIZOS DAS MENCIÑEIRAS
PODRES CAÑOTAS FURADAS,
FOGAR DOS VERMES E ALIMAÑAS
LUME DAS SANTAS COMPAÑAS,
MAL DEOLLO
NEGROS MEIGALLOS,
CHEIRO DOS MORTOS
TRONOS E RAIOS
OUBEO DE CAN,
PREGÓN DA MORTE
FUCIÑO DE SÁTIRO E PÉ DO COELLO
PECADORA LINGUA DA MALA MULLER CASADA CUN HOME VELLO
AVERNO DE SATÁN E BELCEBÚ
LUME DOS CADÁVERES ARDENTES
CORPOS MUTILADOS DOS INDECENTES
PEIDOS DOS INFERNAIS CÚS
MUXIDO DA MAR EMBRABECIDA
BARRIGA INÚTIL DE MULLER SOLTEIRA
FALAR DOS GATOS QUE ANDAN Á XANEIRA
GUEDELLA PORCA DA CABRA MAL PARIDA
CON ESTE FOL LEVANTAREI
AS CHAMAS DESTE LUME,
LUME QUE ASEMELLA AO DO INFERNO
E FUXIRÁN AS BRUXAS A CABALO DAS SÚAS ESCOBAS
ÍNDOSE A BAÑAR NA PRAIA DAS AREAS GORDAS
OÍDE,
OÍDE OS MUXIDOS DAQUELAS QUE NON PODEN DEIXAR DE QUEIMARSE NA AGUARDENTE
QUEDANDO ASÍ PURIFICADAS
E CANDO ESTE BREBAXE BAIXE POLAS NOSAS GORXAS
QUEDAREMOS LIBRES DOS MALES DA NOSA ALMA E DE TODO EMBRUXAMENTO
FORZAS DO AR,
TERRA, MAR E LUME
A VÓS FAGO ESTA CHAMADA
SE É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER CA HUMANA XENTE,
AQUÍ E AGORA
FACEDE QUE OS ESPRITOS DOS AMIGOS QUE ESTÁN FÓRA
PARTICIPEN CON NÓS DESTA QUEIMADA























