martes, 18 de marzo de 2008

Os nosos autores - Rosalía de Castro

Nota: Para construir esta entrada recadei información dos seguintes "sites": "Wikipedia", "Fundación Rosalía de Castro" e "lospoetas.com".

Xa fai moito tempo, estando no banco con miña nai, regaláronme un libriño moi xeitoso e encadernado como se de unha libreta da escola se tratase. Nel estaban os versos, cantigas e lalalás que hoxe en día todos coñecemos (ou polo menos escoitamos algunha vez), dalgúns dos nosos autores máis consagrados. Entre eles estaban poemas e cantares de Rosalía. Aínda que no colexio a Literátura repateábame o fígado, recordo que aquel libriño en especial gostoume moito, sobretodo a parte adicada a poetisa que agora nos ocupa. Finalmente non sei donde carallo metín o caderno, e iso que eu son bastante apañado para gardar ese tipo de tesouros (ainda estiven a falar onte con Carlos deste tema). Fose cal fose a cantidade de cartos que meteu miña nai no banco ese día pagou a pena.

Esta gran poeta e novelista da lingua galega e castelán naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, e finou en Padrón (A Coruña) o 15 de xulio do ano 1885.

A autora de "Cantares galegos" (un dos primeiros libros escritos enteiramente na nosa lingua), foi a figura central do "rexurdimento da literatura galega".

O seu nome de pila era María Rosalía Rita. A autora galega era filla de nai solteira (María Teresa da Cruz de Castro), pertencente á baixa nobreza galega; e, ainda que nunca se demostrou, tradicionalmente veuse sostendo que o seu pai foi o sacerdote José Martínez Viojo.

A raiz dos traballos de investigación levados a cabo por Vitoria A. Ruiz de Ojeda sábese que a infancia de Rosalía transcorreu sempre á beira da súa nai. Compuxo os seus primeiros versos á idade de 12 anos, e ós 17 xa figura como partícipe das actividades do "Liceo de San Agustín". Nesa época, sábese que lle gustaban tamen o debuxo, a música e a interpretación.

Cásase cun cronista de Galicia, que coñeceu en Madrid, chamado Manuel Murguía. Ó ano seguinte dá a luz á súa primeira filla, Alejandra, á quen seguirán seis fillos máis. Vive adicada ó seu fogar, ós seus fillos e ó seu marido; pero, debido o traballo de Murguía, o matrimonio vive longas tempadas separado. Na mentras, o cronista, foi o impulsor da obra de Rosalía e mesmo deu á imprenta os seus "Cantares galegos". Rosalía mudou de domicilio varias veces, entre Madrid e Simancas, pero en ningún lugar se atopou mellor que na súa Galicia natal de onde non saíu a partires de 1868.

Rosalía nunca gozou dunha boa saúde, estivo loitando sempre coa enfermidade e a miúdo con certa penuria. Nas súas obras pode apreciarse a súa gran personalidade, o seu carácter recio e unha profunda empatía cos desvalidos (en concreto, coa emigración dos campesiños galegos).

Morreu de cancro ós corenta e oito anos na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo.

A pesares de que pediu que os seus restos descansasen no cemiterio de Adina, en Iria Flavia; en 1891 o seu corpo foi exhumado e trasladado ao Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), onde actualmente se atopan.

Rosalía mostrou sempre unha visión sombría da existencia humana; En algunhas cantigas, asume a voz do pobo galego. A súa obra mestra en castelán é "En las orillas del Sar", versos de ton íntimo, de estraña penetración e cargados de gran beleza. Merece ser considerada, á beira de Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da Modernidade e iniciadora dunha nova métrica en castelán.

Decir por último que, como moitos de vos saberédes, a imaxe de Rosalía de Castro aparecía nos antigos billetes de 500 pesetas. Creo recordar que a estes billetes lle chamaban a "sábana" debido ó grandes que eran.

Obra poética:
La Flor (1857)
A mi madre (1863)
Cantares gallegos (1863) (galego)
Follas novas (1880) (galego)
En las orillas del Sar (1884) (español)

Obra en prosa:
La hija del mar (1859) (español)
Flavio (1861) (español)
El cadiceño (1863) (español)
Contos da miña terra I (Conto galego) (1864) (galego)
Ruinas (1866) (español)
Las literatas (1866) (español)
El caballero de las botas azules (1867) (español)
El primer loco (1881) (español)
El domingo de Ramos (1881) (español)
Padrón y las inundaciones (1881) (español)
Mi tía la de Albacete (1882) (español)

No hay comentarios: