lunes, 29 de junio de 2009

Escola de fútbol do Condado; algo máis que unha escola

Este sábado tivo lugar no campo de Angoares o acto que ven cerrando a tempada na escola do Condado. Se ben aínda teñen pendente xogar un torneo en Palencia no mes de Xulio, escolleuse esta fecha para celebrar a cea de fin de tempada.

Por que digo que é algo máis que unha escola? Pois por todo o que se move aí dentro, que non é so polo que pinta por fora. Como xa falara fai un tempo, teño un fillo que leva seis anos xogando alí, e ó millor iso faime ser un pouco subxectivo, pero é o que vexo. Non se trata de que os pais deixen os fillos alí como se fose unha guardería (aínda que algúns deben pensalo), senón que sempre lle estan a buscar diversións, charlas divulgativas, torneos por aí adiante (Arosa, Ribadeo, Carballo, algúns en Portugal...), e lle esixen unha mínimas normas que axuden o ambiente dentro da escola. Non son moitos casos de desobediencia, pero algún houbo, poucos. Eu nunca pertencín a directiva, pero coñezo a varios e sei o traballiño que da, algúns, se me descuido, botan máis horas en Angoares que na casa.

Proba do bo ambiente, víuse (e vivíuse) este sábado. Sobre as catro da tarde escomenzaron os xogos no campo, alí disfrutou todo cristo, dende os máis pequenos ata os máis maiores (ou se cadra máis rapaces). En total case que doce horas de festa seguida.

Escomenzaron con inchables para os pequeniños, aí da gusto levalos, que nas festas é unha auténtica ruina. Logo xogos populares, como carreiras de sacos, carreiras a carretilla, ben, unhas risas, sobre todo cando as fixeron as mamás e os papás, como dicía o "espiker" de Luis, que se agarrou ó micrófono e non o soltaba. Tamén tiñan instalada unha chave, ese xogo que existía antes, e agora intenta recuperarse nalgúns lados. Eu probei a ver a miña puntería, pero recoñezo que non é o meu.

Logo varios partidos de fútbol 7 entre pais e nais, o das nais non tivo desperdicio, sei dalgunha que aínda lle doen as pernas hoxe. Tampouco faltou a festa da espuma, o día estábase a nublar e escomenzaba a correr un pouco de aire, pero os máis pequenos metéronsee como valentes, cando os sacarón algúns tembilicaban de coidado.

E para colofón final, a cea no propio campo. Unha cea de campaña, empanada, paella e churrascada, que máis se pode pedir. A todo isto un grupito musical de aquí cerquiña, Los Pérez, truxo os seus artiluxios, que non son poucos. Como prosperaron, chegaron cunha furgoneta que xa fai de palco (Como as orquestas das festas, pero en pequeno) e tocaron o seu repertorio. Entre as novedades, contan cun karaoke, e claro, despóis de cear, e dos bailes e chimpos, algún valente atreveuse a cantar, e sempre topas con algunha sorpresa, tanto positiva como negativa. Dicir que a choiva axudou un pouquiño, despóis de ameazar durante a cea, chegou xusto durante a festa en si, e cecais non estivo mal, xa que valeu para refrescar un pouquiño.

En resumen, de algo sequro que me esquezo, pero foi un bo día de festa, e dende aquí quero agradecerlle a toda a directiva que logra estes éxitos sen beneficio ningún, ou máis ben coa satisfacción que da saber que se fan ben as cousas.



Dous cociñeiros no difícil arte de asar a costilla.


Jose Manuel, na súa salsa.


Botáronlle "huevos"


Como gozaron os pequenos.


E as pequenas tamén...


O tren chu-chu


Ese trío!! Se chega a estar un representante xa as pilla para Eurovisión


A cantina non parou de funcionar en toda noite, notouse ben.

miércoles, 24 de junio de 2009

Noite de San Xoan

Onte ás doce da noite, como si se puxesen dacordo, prendíaselle lume a infinidade de fogueiras con motivo da Noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia.

Con motivo de que se está a xogar un torneo de fútbol sala na parroquia veciña de Guláns, donde tamén estamos a participar nos, que por certo, donde nos metemos, menudos equipos hai (algún día contarei algún resultado, que hoxe non é plan). Pois achégome alí case tódolos días, a ver algún partido no Parque da Visoureira, donde tiñan preparada a súa pía de leña para queimar. A zona é moi boa, están a construír unha casa cultural inmensa, pero o que chama a atención é o terreno que hai ó redor, co tempo terán unha instalacións para envexar. Ó remate dos partidos sardiñas e viño a esgalla polo símbólico precio de un euro, o que quixo pudo marchar para a casa contentiño, material había de sobra. Mentras, unha charanga animaba a festa. En fin, boa xente e bo ambiente.

Como vedes nas fotos o tamaño da fogueira era considerable, había que ter coidado coas muxicas que viñan directas a cabeza. Eu non participén moito, que hoxe era día de escuela e coñézome ben.



Como non, sardiñas a feixe


Pero cando íamos para casa, aínda se me deu por parar na ponte de San Roque, donde tamén ardía unha fogueira. Xa se estaban a consumir as chamas, tempo xusto de mirar saltar a algúns valentes e tomarme unha cañita para refrescar a gorxa, que xa a tiña seca, jeje, tanto lume...


Se queredes saber sobre algunhas tradicións da noite, pinchade neste enlace publicado por Beni fai un ano sobre o tema. Tradicións da noite de San Xoán

P.D. Este é o post nº200 de Dende Areas cara a Ponte, casualidades que cadrara cunha cita tan meiga, a ver se nos trae sorte.

jueves, 18 de junio de 2009

Antidisturbios? ou máis ben folloneros?

Isto ven a raíz do que pasou o martes en Ponteareas, nunhas obras da N-120, no chamado cruce de Canedo. A situación é a seguinte, dende hai dous anos está proxectada e escomenzada unha rotonda en dito cruce. Levaba parada unha chea de tempo, xa que hai uns problemas cun regato que pasa ó lado e que queren entubar de calquera maneira. Outro problema ven sendo o trazado que queren facer e sobre todo o acceso a ela dende Canedo.

Pois ben, os veciños levan manifestandose bastante tempo, os venres acostuman a facer algún corte de tráfico na estrada, sin de momento ter moitos problemas e sin que fomento sexa capaz de darlle unha solución. (A obra pertence ó Ministerio de Fomento, e entra dentro dun programa de seguridade víal da N-120, o Concello non ten competencia)

Fai un par de semanas retomaron as obras, os veciños seguiron a manifestarse esta vez ata levaron un burro, e deixaronno as súas anchas a ver que trazado marcaba o animaliño, clara burla hacia os tecnicos que fixeron o proxecto. Ameazaron con parar as obras este martes, e así foi. As oito e media da mañán habería unha vintena de veciños no lugar en cuestión (a maioría entrados en anos), e uns oito ou nove coches da Guardia Civil. "A que se pode montar aquí", pensei, pero quedeime corto. Aproveitando a presenza na zona de patrullas antidisturbios, polo tema da folga do metal (que esa é outra...), algún mando ou mandamáis, requiríu a súa presenza. En nada presentáronse no lugar e sen mediar palabras escomenzaron a cargar e a desaloxar a xente, sen tan siquera fixarse na idade que tiñan, nin na resistencia que poñían. Claro, coser e cantar, nun instantiño desaloxaron todo, co resultado de varios feridos e un par de detidos. Aínda por riba, esíxenlles o pago dos danos causados no material policial. Vamos, para botarse a rir.

Ás veces vese nos telexornáis imaxes de altercados, na maioría dos casos estes elementos agardan ata o límite ou máis do límite para actúar, e teñen que aguantar as súas, casos da violencia no fútbol, folgas,etc. Non quero dicir con isto que os veciños teñan razón, cousa que non sei, pero paréceme un escándalo, algo inxustificable, nin chegaron a medir as forzas, ata debían ser máis que os propios veciños.

Nas foto vese uns claros exemplos da "igualdade" existente.



lunes, 15 de junio de 2009

Actualización do Corpus 2009

Hoxe luns é festivo local en Ponteareas, o que se lle pode chamar un día para descansar e recuperarse un pouco de tanta festa. Así que parece que vou ter un tempiño para falar do que pasou este ano.

Por primeira vez, a festa do Corpus ten a categoría de Interese Internacional, concedida polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. É a quinta poboación galega que logra este distintivo, despóis das Festas do Apostol en Santiago, o Festival Celta de Ortigueira, a Romería Vikinga de Catoira e a Rapa das Bestas de Sabucedo. Hai que recoñecer que é todo un existo para Ponteareas, a festa poderase promocionar máis, se cabe. Agora ben, tamén terán que seguir a ofrecer máis variedade e non cair na monotonía, ano tras ano.

As alfombras, para os que somos de aquí, parécennos moi parecidas ás de anos anteriores, se ben agora búscanse máis motivos típicos, especies de muráis que teñan un sentido, un tema a tratar. Pero non toda a festa consiste nas alfombras floráis e o que iso conleva, este ano houbo festa para tódolos gustos.



O venres celebráronse varios conciertos de grupos de rock da zona no Parque da Concordia e nalgún pub da vila. Eu estiven vendo un pouquiño ós ponteareáns "Capitan Furilo", antes chamados "O caimán do río Tea".

O sábado, a noite longa da festa, aparte de executarse a confección das alfombras, tamén no Parque da Concordia, actuaron "U2" e "Ac/Dc". Si, non os publicitaron moito, pero soar, saoaban moi parecidos. Son este tipo de grupos que se adican a versionear cancións, e o fan bastante ben. Non son eles pero animan.

Domingo pola máñán, procesión polas rúas, moita sesión vermout, as cafeterías e terrazas a tope. Nada, que se vive moi ben. Pola tarde, carrozas con cativos disfrazados, por certo, moi logradas este ano. E a noite a II Gala Musical de Ponteareas, coa "estelar" actuación de "David Cibera", "La Decada Prodigiosa", na Praza Maior. Non é que sexa música do meu gusto, pero chamou a moita xente. Na praza, que non é pequena, non había un burato. As xovenciñas, e non tan xovenciñas tolas polo "Cibera". "A Decada" polo menos me fixo recordar música dos oitenta. E logo tirada de fogos artificiáis de lucería. En resumen, non estivo nada mal.

E como non, jeje, un pase de fotos das alfombras feito por mín. A música de Lúar na Lubre.

domingo, 14 de junio de 2009

Corphus 2009

Onte foi a noite grande de Ponteareas, a do Corphus coas súas alfombras floráis. Como non teño moito tempo para mostravos as fotos e escribir algo, de momento vou "repoñer" ou "republicar" dous posts que puxéramos o ano pasado.
Sei que non funciona así, pero é o que hai, a ver se esta semana me poño ó día.

Este primeiro estaba asinado por min:


"Fixen unha pequena montaxe de fotos que saquei no Corpus máis ou menos nun orden, dende que escomenzan a marcar os diseños das alfombras, ata os fogos artificiais da noite do domingo."



Este segundo fora feito por Beni, (acordádevos del, non?).

"Continuando con outro post adicado as alfombras florais do Corpus Christi en Ponteareas, atopei este vídeo en YouTube realizado pola publicación "A Peneira", que fai un percorrido visual polas distintas rúas de Ponteareas.



Como curiosidade sinalar que os espectaculares tapices conque os habitantes da nosa Vila engalanan as ruas o día de Corpus, véñense confeccionando xa dende o ano 1857 (casi nada).

As fermosas e oromáticas alfombras teñen básicamente un carácter relixioso xa que a súa función é adorna-lo paso da procesión e do Santo Sacramento. De tódolos xeitos con este motivo organízase unha gran festa que xa escomenza a noite anterior coa confección dos devanditos mantos de flores e herbas aromáticas.

Eu, pola miña parte, teño que confesar que nos últimos anos resteille importancia a este día; na mentras recoñezo que de pequeno me encantaban estas festas, con todo o que representan (multitude de xente, farra e xolgorio, e sobre todo ese arume tan especial conque se quedan prendadas as rúas). Creo recordar que cando escomenzaba a sair, a noite de corpus foi a primeira que pasei na sua totalidade fora de casa, e me da a min que moita xente (sobre todo a xuventude) volve para a casa cando os demáis chegan a Vila para ve-lo paso da procesión.

Sexa como sexa, miles de personas acuden cada ano a este espectáculo impresionante pola súa magnitude e o seu colorido; que, como non podía ser doutro xeito, atopou eco incluso fora das nosas fronteiras.

Decir tamén (para a xente que non visitou ainda Pontareas no xoves de Corpus) que dende fai anos a nosa Vila mantén un especial hermanamento co municipio canario de "La Orotava" en Santa Cruz de Tenerife, donde tamén se confeccionan alfombras. Isto é: cada ano unha representación do citado municipio insular realiza unha alfombra en Ponteareas; do mesmo xeito un grupo de Ponteareas viaxa tódolos anos as faldas do Teide pola mesma razón.

Por último decir que estas festas foron declaradas de interés Turístico en 1968 e de interés Turístico Nacional en 1980."

No que actualice, xa direi que agora é festa de interés Turístico Internacional.

domingo, 7 de junio de 2009

A copa é nosa!!!

Os abueletes (como me dixo O Raposo), xa temos a nosa copa. Onte sábado a parroquia de Areas voltou acadar un título deportivo, e van tres este ano, triplete(como me dixo Barreira). Esta vez foi unha cousa trepidante e moi emocionante, pudo máis a enerxía positiva que nos mandou Artabria (mmmmmmm), que a negativa que nos ía mandar San Benito, jeje. Isto digo polo comentario que me mandou o meu amigo anónimo, dicindo que nos ía castigar. E resulta que nese comentario o que quería era motivarnos, que sabía que eu faría todo o posible por gañar con tal de non aturalo, moi sicólogo él. Ou sexa que me engañou, igual que a Thiago que dixo que si todolos equipos tiveran santo, todo serían empates, e no noso caso case que se cumpre, porque tivemos que chegar a prórroga.

Céntrome un pouco no partido, media hora antes recibo a mala nova ou boa, depende de como se vexa, que Luisito, o noso máximo goleador, acaba de marchar ó hospital coa sua muller que se puxo de parto. Tamén é boa, non pudo esperar un par de horiñas, tivo que ser xusto no momento do partido máis esperado da tempada. Chameino á noite e xa era papá doutra nena.

Pois así con este panorama, escomenzou o partido e nos xogando cerradiños atrás, a ver se nalgunha contra os collíamos e que pasasen os minutos. Houbo un momento que gañábamos 2-1, pero xa pronto lle deron a volta, e sempre a remolque. A segunda parte xa empezou sendo un sufrimento e a falta de seis minutos perdíamos por 5 a 3. Aí foi cando mirei a cousa un pouco fastidiada, pero a base de rabia, coraxe, empuxe... sacamos forzas de fraqueza e empatamos o partido.

Pensamos que íamos ós penaltis directamente, pero aínda había que xogar unha prorroga de 10 minutos. O que nos faltaba!! 10 minutos máis a sufrir. Eles cun montón de cambios, frescos como unha rosa, e nos cun cambio so! Volvense a adiantar eles, volvemos a empatar nos, e a falta de 4 minutos o 6-7 ó noso favor. Que catro minutos, se cadra aínda nos encerramos máis atrás, usamos as mañas todas para perder tempo ata que deu rematado o partido. A euforia!! Un equipo claramente inferior como o noso, logrou derrotar a un rival que onte viña con todos. A cara que lles quedou, reflexaba a súa impotencia, non creían que lles pasase iso.

E logo, de caravana nada, vou poñer a excusa que había unha volta ciclista en Ponteareas, e non se podía pasar con chimpín polo pobo, jeje. Ó final non nos atrevemos así que non podo mostrar fotos como me pedíu Paidovento.

E despóis a cea pola noite a recoller o trofeo e co noso xogador máis veterano que foi agraciado cunha placa conmemorativa. Logo unha pouquiña de festa, unhas risas e a durmir. E con isto acabou a tempada.

Deixovos algunha fotos como me pedíu Vermella


Os catro que fomos a festa, falta Luis que estaba na presidencia. Os ollos xa din algo...


Despóis da cea co trofeo.


Luis recibindo a placa do alcalde de Ponteareas.


Luis coa sua muller Monse que foi agasallada cun ramo de frores, menudo ramo.


E os dous titiriteiros, cando nun despiste da reportera da televisión local de Ponteraeas, Canal Tea, colleron o micro e puxeronse a facer o parvo. O cámara pillounos e grabou a escena, para máis males o micro estaba aberto. Xa nos dixeron que nos preparáramos o luns que o poñían no programa. A saber que falaríamos, jeje, que vergoña.

Na primeira foto aparecemos os xogadores cos fillos a celebralo. Por detrás tamén se ve a un seguidor sacando unha foto, e o meu amigo Brabido que tamén nos fixo un reportaxe. Grazas por vir e comprobar que non somos tan malos.

miércoles, 3 de junio de 2009

A pola copa.

Vamos con outra nova de deporte. Despóis de tanta celebración, agora tócanos a nos (o Clube Areas Fútbol Sala), e a ver se temos os nosos minutiños de gloria. Comentara fai unhas semanas que íamos a polo torneo da copa, e de momento parece que a cousa non vai mal, xa que este sábado tócanos xogar a final. Sí, así como soa, a final, quen o diría, non? Despóis de tres eliminatorias sufrindo ata o último minuto, tentaremos que este sábado sexa máis levadeiro o partido, xa que un non está para estes trotes e os rapaces novos corren que da gusto velos. A foto é do partido de semifinales.



Xa comentara tamén que temos un equipo moi entrado en anos. A Federación tamén se deu conta e vaille otorgar a Luis, máis coñecido por Ca, un meritorio premio por ser o xogador máis veterano en activo de toda a Liga do Condado. Cando llo comentei, deuseme por decirlle que llo daban por ser o máis vello, non vexades como se puxo... É que a veces teño tan pouco tacto... Por certo, Ca é o que está de pe na dereita.

Caso de gañar, cousa máis que probable, que nadie o poña en dúbida, teremos que facer a nosa caravana polo pobo e a parroquia, como o Cultural Areas, so que en vez de ir nun trailer, chegaranos cunha furgoneta aberta ou un chimpín como os do Festival de Cans. E que nos vaian abrindo o Concello, jeje.

Tentaremos coidarnos durante a semana e o venres saír pouquiño, para estar en forma. Pero tamén hai outra solución, como me contaron nun comentario do post anterior. A ver se falo con "Vinajre" e o convenzo para que se acerque a Angoares a rezarlle a San Benito por nos, jeje. Xa que da tan bos resultados, terá que facelo, digo eu. Cada vez que mo imaxino arrodillado diante do santiño, sáltame unha sonrisa e acabo escarállome eu so. Ó que se chega.

Estes son os dous artífices do ascenso do Cultural Areas!!!!!!



E pola noite terá lugar a cea da Federación, na que se fai entrega dos trofeos deste ano. Alí estaremos a recoller o noso, esperemos que non sexa o de subcampión.

P.D. Por certo, que se me esquecera, o partido será este vindeiro sábado 6 de xuño, ás seis e media da tarde no pavillón de Ponteareas. Non faltedes, a entrada é de balde (como sempre), e veredes un gran espectáculo...