domingo, 14 de junio de 2009

Corphus 2009

Onte foi a noite grande de Ponteareas, a do Corphus coas súas alfombras floráis. Como non teño moito tempo para mostravos as fotos e escribir algo, de momento vou "repoñer" ou "republicar" dous posts que puxéramos o ano pasado.
Sei que non funciona así, pero é o que hai, a ver se esta semana me poño ó día.

Este primeiro estaba asinado por min:


"Fixen unha pequena montaxe de fotos que saquei no Corpus máis ou menos nun orden, dende que escomenzan a marcar os diseños das alfombras, ata os fogos artificiais da noite do domingo."



Este segundo fora feito por Beni, (acordádevos del, non?).

"Continuando con outro post adicado as alfombras florais do Corpus Christi en Ponteareas, atopei este vídeo en YouTube realizado pola publicación "A Peneira", que fai un percorrido visual polas distintas rúas de Ponteareas.



Como curiosidade sinalar que os espectaculares tapices conque os habitantes da nosa Vila engalanan as ruas o día de Corpus, véñense confeccionando xa dende o ano 1857 (casi nada).

As fermosas e oromáticas alfombras teñen básicamente un carácter relixioso xa que a súa función é adorna-lo paso da procesión e do Santo Sacramento. De tódolos xeitos con este motivo organízase unha gran festa que xa escomenza a noite anterior coa confección dos devanditos mantos de flores e herbas aromáticas.

Eu, pola miña parte, teño que confesar que nos últimos anos resteille importancia a este día; na mentras recoñezo que de pequeno me encantaban estas festas, con todo o que representan (multitude de xente, farra e xolgorio, e sobre todo ese arume tan especial conque se quedan prendadas as rúas). Creo recordar que cando escomenzaba a sair, a noite de corpus foi a primeira que pasei na sua totalidade fora de casa, e me da a min que moita xente (sobre todo a xuventude) volve para a casa cando os demáis chegan a Vila para ve-lo paso da procesión.

Sexa como sexa, miles de personas acuden cada ano a este espectáculo impresionante pola súa magnitude e o seu colorido; que, como non podía ser doutro xeito, atopou eco incluso fora das nosas fronteiras.

Decir tamén (para a xente que non visitou ainda Pontareas no xoves de Corpus) que dende fai anos a nosa Vila mantén un especial hermanamento co municipio canario de "La Orotava" en Santa Cruz de Tenerife, donde tamén se confeccionan alfombras. Isto é: cada ano unha representación do citado municipio insular realiza unha alfombra en Ponteareas; do mesmo xeito un grupo de Ponteareas viaxa tódolos anos as faldas do Teide pola mesma razón.

Por último decir que estas festas foron declaradas de interés Turístico en 1968 e de interés Turístico Nacional en 1980."

No que actualice, xa direi que agora é festa de interés Turístico Internacional.

4 comentarios:

BRABIDO dijo...

Os da city son uns craks,estas obras de arte,ay que aprecialas "in situo",posto que non solo é mirar se non tamen polo cheiro que votan as flores.

Dende cando empezan ata cando rematan,xa que é un traballo moi sacrificado ,é que non o fan dun dia pa outro.

Eu non as vin,xa que quedei na parte baixa pa velos conciertos de U2 e dos AC/DC ,quedome cos segundos .


PRAADIANTE

Barreira dijo...

As alfombras moi chulas. Lastima que teñan que ir os curas despois a estragar todo.
Saudos.

Paz Zeltia dijo...

anda, anda, mira que andar coas reposicións! jajaja
eu quero fotos deste ano!

Deambulando con Artabria dijo...

Isto parece como o día de Aninovo, que todo son repeticións, jajaja.

Tomo nota para o ano que ven, pero por si acaso, recordamo con tempo.......jejeje