miércoles, 26 de agosto de 2009

VIII Festa do Polo á brasa (1ª parte)

Este domingo pasado celebrouse na nosa parroquia a octava edición da Festa do Polo á brasa, ou o que é o mesmo, festa do pito, que é como lle chamamos nos por aquí.

Pódese dicir que esta festa cada edición vai a máis, e pouco a pouco vanse solucionando os "pequenos fallos" para intentar conseguir a perfección. Desta volta foi todo un exito, o tempo estuvo de marabilla, a comida tamén e a bebida, máis do mesmo.

Pero que fai falta para que unha festa como esta funcione?

En primeiro lugar, a mateira prima, ou sexa o pito:


Unha pouca de leña de carballo,


Un bo marco para celebrála, e nos temos o Parque da Bouza Vella, un sitio perfecto moi cerquiña do río Tea,


E como non, o principal, xente que traballe, que logre que isto funcione. E neste caso non se trata de dous ou tres, senón dunha boa cuadrilla deles:

Os asadores, que tiveron que soportar o calor das brasas (imaxínome que mollarían a gorxa de cando en vez...), na foto saen cunha admiradora (ou eran eles admiradores delas...)


Os da "oficina", encargados de vender os tikes,


As mulleres que despachaban os pitos e a empanada,


Os descorchadores de botellas de viño, menudo chollo máis tentativo, jeje.


Os do bar, estes fartáronse tamén a vender cañas e refrescos. Xa digo, o día axudaba,


"Las chicas del café", como me dixeron cando ía tirarlle a foto,


E supoño que máis xente que me quedou atrás, pero non din recollido todo o que alí aconteceu. Un tamén ten que disfrutar da festa, digo eu...

Todo esta recopilación quero que vala para recoñecer o mérito destas persoas de idades moi dispares, e que o fan por seguir dando a coñecer a nosa parroquia de Areas. E supoño que non é fácil xuntar a 40 ou 50 persoas e que a cousa funcione sen ningún tipo de rencillas.

Para rematar, dicir que se venderon 2.200 racións de pitos (ou o que é o mesmo 1.100 pitos) e 140 empanadas. Pero bueno, isto xa o dixo a prensa.

Como non quería pasarme coas fotos, deixo unha poucas e un vídeos na entrada anterior

Mais fotos e vídeos da Festa do Polo (2ª parte)

Como a organización pedíume que lles fixera unha reportaxe (xa me estou a facer famoso, jeje), esmereime un pouco máis da conta e espero contentalos.

Estes son uns pequenos vídeos do que aconteceu. A calidade é moi mala, pero é que a miña cámara non da para moito máis. Algún día chegará.

Este primeiro cando Jose, Pancho e Carlos subiron a cantar "Os peitos da cabritiña". Un bo trío, Jose cantouna perfectamente, Pancho animou moi ben e Carlos... pois Carlos alí estaba...



Mina deu todo un espectáculo bailando coa botella de viño na cabeza. Que temple ten.



Unha vista parcial da zona,



E para rematar o famoso pase de diapositivas que queden de facer. Nel saen fotos da vispera e do día da festa. Desta volta varién a música, púxenlle unha de Fito y Fitipaldis e titúlase "Como pollo sin cabeza" (vaille ó pelo, non?).

viernes, 21 de agosto de 2009

Aberración ou ...

Como tiña visto en varios blogs algunha pintadas ou mensaxes, ó ver esta non puden resistir a tentación de ensinarvola:



Non sei se o motivo de tanta incorrección sería por descoñecemento da lingua ou máis ben algo feito a posta, co motivo de chamar a atención, que se fixen máis na mensaxe e a cumpran (Isto ten un nome, pero agora non me soa. Alguén me axuda?).

A min polo de pronto non se me ocurriu havrilo.

martes, 11 de agosto de 2009

Fin de semana en Viana do Bolo

Este fin de semana pasado tiven a sorte de disfrutar dunha fin de semana en Viana do Bolo, grazas ó sorteo que fixera Xulio Couxil no seu blog Sempre en Galicia e co cal fora agraciado. A casa-hotel rural na que estiven aloxado foi o Hotel O Retorno, unha casa antigua restaurada ó detalle que resulta moi acolledora. Está sitúada nunha esquina da Praza Maior en pleno centro. A dona, Toñi, é unha persoa moi amable e acolledora, á que o mínimo que debo facer é darlle as grazas polo trato e polo agasallo.

Na foto vése a Praza Maior, co Pilón e unha casa señorial ó fondo, esta última non é que se atope en moi bo estado (máis ben ó contrario) pero según me enterei, ó pertencer a varias familias resulta difícil chegar a un acordo de restauración. Esta sería a entrada á zona antigua do pobo, un grupo de rúas estreitas, moi limpas e co pavimento en perfecto estado, o mesmo que a maioría das casas que se atopan por esta zona. Nesta zona antigua tópase a torre medieval (o que queda en pe dun castillo anterior), a Igrexa, o Concello, xulgados... Dende aí é donde se teñen unhas vistas moi fermosas do val do río Bibei, coas súas paisaxes.

En sí, Viana ven sendo un pobo agrícola e gandeiro, uns dos recursos é a explotación das castañas. Por iso chama a atención a cantidade de castiñeiros, algúns xa milenarios. Outro dos productos típicos é a androlla, a cal prepárase como un chourizo pero usando a tripa gorda do porco e enchendoa con costela troceada con carne, sazonado con sal, pimentos e allo. Logo afúmase como un chourizo máis. O Domingo do Entroido, celébrase a Festa da Androlla, que xunta a moita xente para un pobo como este.

O do Entroido é outra, como moitos pobos de Ourense, estas festas celébranse coa súa particular visión e seguindo tradicións centenarias. Os boteiros, a mula, os fulións... son algúns destas tradicións.

A nivel particular teño que dicir, que me foi moi ben, quedei encantado coa zona (ó ir de vacacións, un sempre vai predisposto), e ata tiven sorte cos días escollidos. Explícovos algunhas das cousas que fixen (só algunhas):

O venres ó chegar despóis de dar unha volta polo pobo, enterámonos que había unhas actuacións na praza, primeiro unha pandereteiras da zona e logo dous grupos folk galegos. O primeiro "chara culo", o típico grupo de cinco compoñentes, gaita galega, bombo, acordeón, zanfona... son algúns dos instrumentos que usaron. Estes gustáronme especialmente, polos temas que tocaron (pezas típicas galegas) e polo ben levar que tiveron coa actuación. Axudaron a escorrentar o frío que facía nesta noite. O seguinte grupo era "Allan-bique folk", máis dedicado ó folk en sí, tamén cunha música moi boa, pero cecáis facéndose un pouco pesadiños coa posta en escea, demasiada leria, e por momentos con actos teatráis demasiado longos, que fixo que bastante xente deixase o lugar.

O sábado xa foi para dar unhas voltas e coñecer un pouco o contorno. Visita obrigada era o Santuario da Virxe das Ermitas, unha contrucción impresionante e con gran valor arquitectónico con gran cantidade de motivos en pedra na súa fachada. Logo comemos no Concello de A Veiga, donde teñen unha praia fluvial que non envexa nada a moitas praias do mar. Alí foi donde pasamos a tarde, relaxados, dando uns paseos e ata botando unha sestiña.

Para o domingo, outra sorpresa, tiñan programado o Entroido de Verán. E así a partires das doce do mediodía, a praza escomenzou a encherse de xente (neste mes de Agosto, moitos emigrantes estan na terra). Aí foi cando tiven o pracer de coñecer a Xulio Couxil, que tamén estaba de vacacións na vila, foi moi amable e explicoume moitas costumes e paraxes da zona, así como tradicións do entroido. Logo foi cando entraron os fulións aporreando ós seus bombos a todo trapo, pódovos dicir que o ruido era atronador. Tamén me presentou a Chus, o encargado de facer os famosos "vianos", bombóns de chocolate e mel, e de cantidade de productos derivados da mel, como aguardente, vinagre... Quedoume pendente visitar o seu pazo e o carballo que o preside que din ten 3.000 anos. Case nada. Outra vez será, cecáis no Entroido no inverno, que polo visto promete.

Fachada do Hotel O Retorno.


Escudo nunha casa señorial da vila


Esta é a figura do boteiro, que recorre as rúas no entroido


Santuario das Ermitas, fermoso, recollido e tranquilo.


Chus vendendo os seus productos derivados da mel


Praia fluvial no concello de A Veiga


Aínda que me perdín a festa da Cervexa en Ponteareas, tamén tomen algunha "cañita"


Para non cargar moito isto con fotos fixen este pase de fotografías por se queredes botar unha ollada, para min, vale a pena.


Este outro é do Entroido, podedes ver as gañas coas que os fulións aporrean o bombo, tamén os boteiros e a mula, esta última había que ter conta que pegaba unas coces de coidado. Algúns bombos teñen unha manchas na pel, que resultan ser da sangre que se fan algúns o darlle tan forte. A tradición parece que non se vai perder tan fácil, hacia o final do vídeo pódense ver dous nenos ben pequenos e a súa maña a hora de aporrear o bombo.
A calidade é moi mala, pero vale para facerse unha idea.


En fin, remato este "pequeno" resumen agradecendo a Xulio todo o feito pola súa parte.

jueves, 6 de agosto de 2009

... e por fin, cruceiro e canastro especial.

Bueno, aquí están. Para cerrar este apartado de cruceiros e canastros, aquí vos deixo os que dixen que eran especiáis para min. Non quero que sigades coa intriga de cales eran. Para os que son de aquí cerquiña é difícil que os topen nunha eira ou nun cruce de camiños, o seu tamaño faría que duraran ben pouco no sitio.

Este é o motivo de que sexan especiáis. Xa fai bastantes anos, máis ou menos alá polo 92, non tíñamos estes avances todos que agora existen (que íamos saber de internet, se aínda non sabíamos o que era un fax). Pois ó saír de traballar, quedaba un pouquiño máis no chollo e adicábame a facer estas cousiñas. Eran tempos nos que tiña moita paciencia, agora so de pensar en facer un, dame un pouco para atrás, pero se cadra un día póñome.

O canastro vira un feito, tomenlle medidas e foi bastante fácil facelo. Ó traballar nunha marmolería deume esa ventaxa, cortaba os taquiños e logo moldurabaos a man cunha rebarbadora das grandes, daquela as minis amoladoras tampouco se vían. Cando estaba a acabar ocurríuseme facerlle unha especie de xoieiro aproveitando a tellado. Deume o meu traballo, pero fun quen de facelo. Logo regalenllo a miña moza daquela (hoxe miña muller, motivo polo que teño o canastro na casa) e quedei bastante ben. A verdade que tamén teño que dicir que non lle ragalei moitas xoias para enchelo...

Ó contrario, o cruceiro fíxeno sen medidas nas que orientarme, e tampouco me saíu tan mal. E menudo chollo me deu o cristo (xa sabía eu que coa admiración que lle teño íase vengar). Este leveino para a miña casa, millor dito a de meus pais, e alí está, lucindo maxestuoso na cociña. Aí quedan unha fotos que lle tirei hoxe:





Tamén fixera un moneco deses, chamado Pelegrín, aquela mascota do Xacobeo 93, pero ese apenas durou un par de horiñas, caíume ó chan partindo en varios anacos. Xa non quixen saber máis.

Xa máis recente, fará un ano fixen este reloxo de sol. Xa non ten tanto arte, pero tiven que romper a cabeza para que dera a hora ben (que ten a súa historia, co tema dos paralelos e a latitude). De feito, cando está ben orientado da ben a hora, sempre e cando faga sol, claro.


Bueno, eran especiáis ou non?

miércoles, 5 de agosto de 2009

I Festa da Cervexa, xurelo asado e da sardiña

Chega o verán, (é un dicir, claro) e escomenzan as festas gastronómicas. Este fin de semana pasado celebrouse no parque de San Roque en Ponteareas a IV edición da Festa do Bacalao, organizada pola Consellería de Cultura de Pontereas e máis dous restaurantes da zona. Pero voume centrar nas dúas que organiza a nosa parroquia de Areas.

Á xa asentada Festa do Pito que celebrará a súa VIII edición o 23 deste mes (xa falarei dela), sigue agora esta, proposta polo Club Deportivo Cultural Areas. Terá lugar neste fin de semana que ven, o venres e sábado cervexa e pinchos variados dende as 7 da tarde, e o domingo xurelos e sardiñas asadas con viño a partires das 11 da mañán. O lugar, tamén o parque de San Roque, que considero un bo escenario, coa ponte romana e a praia fluvial ó lado. Esperemos que lle veña un bo día de calor, para que vacíen cantos máis litros de cervexa lles sexa posible. Sempre será unha forma de axudar a este clube, que este ano na Terceira División boa falta lle fan os cartos. Iso si, a beber con xeitiño, que o río vale para refrescar pero tampouco é plan levar un chapuzón sen contalo.

Aínda que pareza mentira, non vou poder asistir, e xa me fastidia! A quen non lle apetecen unhas cañitas nun paraxe así. O motivo é que vou disfrutar do fin de semana que me tocou no blog Sempre en Galicia (Radio Cornellá), da estancia nunha casa rural en Viana do Bolo, en concreto o Hotel o Retorno. Esperarei disfrutar e xa vos contarei algo. O que si garantizo así, e que vos tocará a unha pouquiña máis de cervexa por cabeza, jeje.

Se queredes saber algo máis deste tema e porque a marca da cervexa é catalana (Estrella Damm) e non é galega (Estrella Galicia), entrade no blog de meu veciño e amigo Brabido que o explica perfectamente.

sábado, 1 de agosto de 2009

...canastros de Areas e arredores...

Xa que me estou a inclinar polas contruccións da zona, non podía deixar sen mencionar os canastros, contrucción moi típica nosa. Nós por aquí chamámoslle "canastros", pero o seu nome varía moito segundo a zona. O máis coñecido é "horreo", pero tamén son coñecidos por "cabeceiros, espigueiros, cabazo, piorno...". Como dixen, son típicos de Galicia, pero tamén do norte de Portugal, Asturias (chamados horru), Cantabria (hurriu) e ata en Navarra.

Dicir que os canastros eran construccións que se usaban para gardar as colleitas. Os pes tiñan enriba unhas pedras, xeralmente redondas para evitar que os ratos subisen ata a colleita. A estas pedras por aquí chamámoslle "mos".

Os asturianos e cántabros teñen planta cadrada, pero os nosos, os que me vou a referir, teñen planta rectangular. Os máis normáis e correntes teñen 6 pes, pero van a máis, chegando a ter 22 pes como o de Carnota, que mide 34,80 metros de longo. Se ben non é o máis longo de Galicia é o que ten máis valor arquitectónico. O mérito de ser o de maior tamaño teno o de Araño, que mide 37 metros. Este último pertenceu ó clero, que daquela "percibía" parte das cosechas dos veciños, de aí o seu tamaño. Os dous datan do século XVIII.

Bueno, voume centrar nos que me rodean, que para nada chegan a esas dimensións, nin teñen o mesmo valor arquitectónico, pero teñen o seu, sobre todo ós que aínda se lle da o uso par o cal foron feitos.

Estes dous primeiros exemplos están na parroquia de Areas, nunha casa particular que foi mercada pola empresa Ganomagoga e restaurada para oficinas. De aí que estean en perfecto estado. O primeiro é o típico que combina pedra con madeira nos lateráis. O segundo dame a impresión que foi mercado para embelecer o xardín, xa que non teño recordo de ver un tan pequeno, e completamente de pedra.


Estes outros dous están dentro do terreno da Granxa Escola, antes coñecida como finca da Boavista, que foi un pazo pertencente a O Fresco, un mito da guerra civil (algún día contarei algo del, cando me entere ben da súa historia). Deste tipo son os que máis abundan por aquí, cos pes e as mos de pedra e o resto de madeira. Como se ve, tamén están en bo estado. Ó pertencer a Xunta, é o mínimo que se podía agardar.


Lembrenme de dous canastros que estaban na casa do meu avó e fun alí a inmortalizalos. De momento parece que cheguén a tempo, aínda están en pe. Cal é o problema? Pois que están en obras, están a reformar a casa, e xa se sabe, donde hai obras, non se respeta nada. O que está diante da casa intentarán restauralo, o outro xa lle vexo pouco futuro.


Este é o típico dunha eira no rural noso. O canastro cos útiles do traballo do campo colgados, un carro de bois ó fondo e ata o can de palleiro.


Máis exemplos, estes dous sufriron modificacións que non é que foran moi estéticas. Un ten os pes feitos de tubos de cemento e o outro ten os pes de pedra pero as mos de cemento. Pola pinta foi na época na que o cemento se impoñía contra a pedra. O segundo, aparte de que se usa tamén para coidar pitos, cando meu fillo era pequeno era o seu salón de xogos, donde gardaba os seus xoguetes. Como pasou o tempo..


E buscando na rede sobre o tema topei esta foto subida por Paideleo dun canastro situado na parroquia de Vide en As Neves. Xa o tiña visto ó pasar por alí, ten a particularidade que está feito de ferro. Os tempos e as construccións cambian...


E como no post anterior, gárdome un que é especial para min, que porei no seguinte post xunto co cruceiro.