sábado, 30 de mayo de 2009

O ascenso do Cultural Areas

Areas entera, se va de borrachera!! Cultural, Cultural, Cultural...!! El año que viene Areas - Depor B...!! Este cánticos e outros tomaron as rúas de Ponteareas o domingo á noite. O motivo o ascenso do Club Deportivo Cultural Areas á Terceira División Nacional. Toda unha hazaña.

Pois si, este domingo foi unha data histórica para a nosa parroquia de Areas. Que un equipo modesto dunha aldea con pouco máis de 1000 habitantes, estivese militando na Rexional Preferente varios anos e sen risco de perder a categoría, xa era meritorio. Pero conseguir o ascenso, é o non vai máis. Despóis de andar toda a segunda volta nos postos altos da clasificación, a forma de conseguilo foi brillante e angustiosa. No derradeiro partido dependía de si mesmo, e con gañar en Pontellas chegaba. O resultado final de 2 - 1, ven a dicir a tensión que se vivíu nos últimos minutos. Ó remate do partido, gran parte da numerosa afición que acompañou ó equipo (xa se sabe, cando as cousas van ben, todo o mundo apoia, pero cando van mal...) invadíu o campo, para saúdar ós xogadores e escomenzar a festa.

E vaia festa. Cando me enterei do resultado, e que se preparaban na Casa Cultural para organizar unha caravana polo pobo, fun rapidamente ata alí, para intentar plasmar a farra que se ía montar.

Xa antes, cando estaba na Praza en Ponteareas, o Juvenil equipo do pobo e máximo rival, deixárase mirar por alí nunha minicaravana composta polos xogadores do equipo e algún directivo nos seus coches, para celebrar o seu ascenso a Primeira Rexional. Nada comparado co que viría despóis. A xente agardaba impaciente a ver con que os sorprendían.

Bueno, sigo o fío que me perdo. Ó chegar á Cultural, os xogadores atopábanse ataviados con camisetas que poñían "Yo jugué en el Areas" (ese castelán, para min, foi un fallo), e ante a falta de autobús descapotable, estaban a subir na gabarra dun trailer, con parcartas, bandeiras e megafonía incluída. Cando lle pregunto a un directivo por donde ían a ir, deixoume impresionado, sacou un papel coa ruta que ían realizar impresa, punto por punto, rúa por rúa. Total que estaba ben preparada a cousa.

E arranca o "camión-descapotable" coa Policía Local diante e unha porrada de coches de aficionados detrás (algúns na vida irían mirar o Areas, pero había que aproveitar a conxuntura e pasalo ben), percorrido polos barrios de Areas e dirección as rúas de Ponteareas. O máximo, música a todo volumen, bocinas a soar, bandeirolas polas ventanillas, algúns con medio corpo por fora do coche; un espectáculo. A xente que paseaba quedaba pasmada, os que estaban nos bares saían a ver de que ía a cousa. E despóis, chegada ó Concello, rúas colapsadas, total, o pobo para o Areas. O "no va más", abriron as portas do Concello para que os xogadores subiran ó balcón a saúdar á afición, algo nunca visto, pero por outro lado normal xa que o presidente do clube é concelleiro. Pois se non...

Outra volta polo pobo e volta a Casa Cultural, donde a festa, entre cervexas, cubatas e cánticos prolongouse ata altas horas. A alguén o luns había de facerselle un pouco longo.

En resumen, unha xornada histórica para Areas. Agora ten que afrontar uns retos moi complicados, o de manter a categoría e sobre todo, topar os ingresos suficientes xa que o orzamento vaise multiplicar.

E o exito non acaba aí, o equipo de categoría xuvenil, tamén conseguíu o ascenso a categoría Nacional, polo que para o ano que ven, terá que desplazarse por toda Galicia.

Aí é nada, que temble Galicia que vamos con dous equipos!!!

Ai quedan algunhas fotos e un video:


Areas campión


Xogadores preparándose para a xira.


O presi Mingos no camión como un aficionado máis.


E como non, meu amigo Pepis na caravana.


Chegada ó Concello.


Xa de noite a xente diante do Concello.

E para seguir cos festexos, onte venres celebrouse unha festa no torreiro ó lado do campo de fútbol. Unha especie de homeaxe a toda a plantilla do equipo.

A directiva quere agradecer especialmente á Presidenta da plataforma dos bingos (na cal o clube está inmerso dende o peche do seu), que se interesou moito polo ascenso do Areas e enviou unha chea de caixas de rosquillas personalizadas.

Tamén quere agradecer ós representantes de orquestas, que lle envíaron dúas gratis para a ocasión.

E para rematar, un pequeno vídeo caseiro da festa. A calidade é bastante mala, amosa a chegada ó Concello. A música que soa é o himno do Cultural misturado co xa famoso "We are the champions". Xa vedes ata ten himno.


video

jueves, 28 de mayo de 2009

A ver se deixan algo para os demáis, que senón haberá que botarse a durmir.

Como xa sabredes, onte celebrouse a final da "Champións League" ou Liga de Campeones. O campión, como non podía ser doutra forma foi o F.C. Barcelona. Péselle a quen lle pese, eu incluído, foi o millor equipo da tempada. Estou pensando que se houbera outro campionato máis en xogo, eu voltaría a querer que perdesen e entón eles empeñaríanse en gañalo. Ó final vou ter que volver por eles a ver se así perden (que malo que sou!).

Por outra banda, teño que alegrarme por Guardiola (ou se cadra cabrearme por ter fichado polo Barça), un home da casa, que supo poñer bo xogo, pero sobre todo, cordura e disciplina nun equipo plagado de estrelas que o ano pasado dedicábanse máis á festa e a entrenos no ximnasio que no campo, caso Ronaldinho.

Tamén me alegro por xogadores como Xavi e Iniesta, a verdadeira alma do equipo, e como non, por un xogador como Silvinho, antiguo xogador do Celta. Este parece que está na sombra, pero é un tío moi sinxelo e sabe cal é o seu papel neste equipo de figuras, aparte sabe crear ambiente dentro dun vestuario. Parece que nunca contan con el, e ó final,por unhas causas ou por outras, sempre acaba xogando.

Felicito tamén a Barreira, que no taboleiro de anuncios do seu blog, poñía aquilo de "Ave Barça, moritatis te salutan" (ou algo polo estilo). Intentén vacilalo un pouquiño e meterlle presión, pero ná de ná. Levouse él o gata á auga.

Aparte do tema futbolístico, tamén sabredes que houbo outros detalles curiosos no palco de autoridades, que por certo, canto chupóptero había.

Que vos pareceu ver durmir a un especimen como o Presidente de Italia, Berlusconi? Se fora noutro tipo de espectáculo, seguro que non lle pegaba o sono.

E o abrazo de Laporta ó Rei? Algo que non cadra moito, non?


A quen non felicito, é ómeu amigo Beni, que onte á noite mandoume un sms en plan recochineo. Que vengativo é, que non se despiste que xa lle tocará a el.

domingo, 24 de mayo de 2009

VI Festival de Cans



Non se trata dun fallo ortográfico, non. Na parroquia de Cans, pertencente ó Concello de O Porriño, celébrouse este fin de semana un peculiar festival de curtametraxes. A coincidencia do nome da parroquia co da cidade francesa, deulle a idea a algunha xente de crealo. Naceu con tan bo pe, que en seis anos que leva a celebrarse, estase a consagrar como un dos máis importantes de Galicia.

Aparte do que conleva este tipo de festiváis, este ten unhas costumes moi curiosas, poderíamos dicir enxebres. As salas donde pasan as películas, son baixos de casas, garaxes ou palleiros que os veciños prestan para a ocasión. Así entre pilas de madeira, bocois de viño e outros aparellos, os famosos, veciños e curiosos asisten ás veladas cinematográficas.



E claro, non podía faltar a famosa alfombra vermella. Esta non so a pisan os famosos, calqueira que asista ten que pasar por ela.



O máis chamativo e o medio de transporte que se usa para ir de sala en sala (ou "jalpón en jalpón"). Aquí non usan limusinas, aquí chamanselle "chimpinbús". Os chimpíns dos veciños, cambian de chollo por unha semana, danse un bo lavado de cara, adórnanse e xa están listos para trasladar a xente. E toda unha procesión ben curiosa.



Durante os días previos, as casas e balcóns do barrio vense engalanados coa figura da mascota, que non podía ser outra que un can. Neste caso adornando un canastro típico da zona.



A figura deste can, valeu para que dende hai un par de anos se celebre tamén a "Cans Parade", unha copia das xa famosas "Cow Parade". Aquí é donde se ven as cualidades dos artistas.



Máis ou menos, isto é o que adoita moverse neste festival-festa, xa que polas noites aconpáñase todo isto con actuacións musicáis, humorísticas, etc.



Algúns participantes na edición do ano pasado.

A pesar de estar tan so a cinco quilómetros de Areas, pasou outro ano, e tampouco puden asistir a él. A ver se para o próximo ano o fago, irán pola séptima edición.

Se queredes saber máis, consultade a páxina oficial do festival, que foi de donde tomen prestadas as fotos.

jueves, 21 de mayo de 2009

Vídeo de Iago




O amigo Paideleo quere compartir entre varios blogs esta especie de premio e eu collo o testigo de lindo gusto.

O obxetivo do premio é dar a coñecer o vídeo creado polo blog Mamiago , donde a nai de Iago fala por él, xa que este padece unha especie de autismo, que lle dificulta a fala e non é capaz de xuntar dúas palabras. Este vídeo vai participar no "1º Concurso nacional online de cortos sobre los derechos del niño", a min gustoume, é moi entrañable. Se vos animades podedes velo pinchando na foto da cabeceira e votar nas estrelas que aparecen debaixo. A idea é espallalo ó máximo pola blogosfera e a ver se ten sorte no concurso, e por suposto na vida.

Agora tería que mandarllo a cinco blogs, pero prefiro que cantos queirades o publicásedes, sería un bo premio.

jueves, 14 de mayo de 2009

Letras Galegas 2009 en Areas

Vaise a celebrar este sábado, aquí en Areas o Día das Letras Galegas. Non vai ser cunha lectura colectiva dalgunha obra do homenaxeado, Ramón Piñeiro López. Se así fose, me temo que non sei se habería algun voluntario no salón de actos para tal fin. Non, aquí somos máis festeiros e dados o "expectáculo", e como tal pásovos a relatar os actos que vai a organizar a Casa Cultural de Areas.

Como se ve na portada do folleto, chámanse os "Xogos da xuventude", polo tanto valen tamén para os novos de 90 anos ou máis, o que se considere xoven pode apuntarse.

A partir das 11 da máñan terá lugar unha xincana de bicicletas no parque da Bouza Vella. O sitio é ideal, cun merendeiro, o río cerquiña, fontes e bastante sombra para o que queira almorzar algo, cousa bastante probable. No folleto explica que hai que levar bici, casco e protección (este último supoño que non será tan tido en conta).

Xa pola tarde, a partir das 6 e no torreiro da Igrexa, "Xogos para todos". Aquí anuncian "Carreiras de sacos con saco" ou sexa, que tamén hai que levar o saco da casa. Polo que vin noutros anos, farán algúns xogos populares máis.

E a partires das 8 e media, actuación da Coral Santa María de Areas. Como di entre risas Verio, un dos seus compoñentes, a millor de Areas (de feito é a que hai). E atención, teñen novos compoñentes e novas cancións, ou sexa, que valerá a pena. Durante a actuación entregaranse os premios dos xogos.

Tamén compre sinalar que durante o 16 e 17 terá lugar no salón de actos da Casa Cultural, unha exposición de pinturas realizadas por mulleres.

Na traseira do folleto ven información sobre Ramón Piñeiro López, o homenaxeado este ano. O trancribo tal cual:

"Ramón Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega da parroquia de Armea, concello de Láncara (Lugo), en maio de 1915. Tivo outros sete irmáns, dos que tres morreron sendo nenos. Era fillo de Vicenta López Fernández e de Salvador Piñeiro García, quen sempre demostrou unha preocupación pola cultura e pola educación dos seus pequeños superior á habitual naquela época entre a xente humilde. Isto, e a incipiente curiosidade e intelixencia de Ramón, explica que xa antes de chegar, con seis anos á escola, o neno soubese ler, escribir e resolver algunhas operacións matemáticas. Se a escola non supuxo dificultades intelectuais para Ramón Piñeiro, adiantado con respecto aos seus compañeiros grazas á axuda familiar, si que lle causou un forte impacto ao facerlle percibir en toda a súa crueza a diglosia presente na sociedade.
Ramón Piñeiro foi o director literario de Galaxia e, dende ese posto, un dos principáis artífices da reconstrución cultural galega da posguerra. Un dos primeiros propósitos da editorial foi crear unha revista, Grial, para a que non se conseguiría autorización gubernamental ata o ano 1963. Preocupado por asegurar a presenza galeguista no primeiro Parlamento galego, cando chegaron as eleccións autonómicas aceptou a oferta do PSdcG-PSOE de ir como independente nas súas listas. Deste xeito, foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a oportunidade de traballar a prol da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano, Ramón Piñeiro foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990."

Despóis tamén ven un poema de Manuel Rivas, que ven a tratar a persecución que tivo o galego noutros tempos no ensino.

"Fonema

Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol.
saíannos sons que debíamos matar.
Repitan, dicía o mestre:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía que los pájaros de Juadalagara tienen lajarjanta llena de trijo.
E o mestre dáballe un pau.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non dei sabido de que familia era
se é que a tina
o toxo que douraba os montes de Galicia."

Da que pensar, ideal para estes tempos

Bueno, pois é o que hai, penso que non está nada mal. E para o que non coñecera a Ramón Piñeiro (como é o meu caso), sempre vale para informarse e saber quen era.

A todo isto, supoño que estes actos celebraranse sempre que o tempo acompañe, que ó final parece que se vai cumprir o refrán, "Cando en marzo maiea, en maio marcea"

martes, 12 de mayo de 2009

Outra de fúbol sala

O deporte non acaba detrás do Madrid, Barcelona e demáis. Tampouco con Nadal, Alonso, Pedrosa, etc. Hai moitos anónimos que seguimos a practicalo en plan hoobie, por pasar o rato os sábados a tarde. Pero iso non quita que non queiramos deixar constancia dos nosos resultados, e de como vamos clasificados. Porque sí, aparte de ser en plan aficionado total, hai unha clasificación. Que a parte de arriba dela non cheguemos a frecuentala non quere dicir que non estemos, a veces tamén hai que empezar a ler por abaixo, para acabar antes.

Despóis desta pequena introducción, por chamarlle dalgunha maneira, vou comentar un pouco a nosa situación. Por terceiro ano consecutivo quedamos no décimo posto, non está tan mal, vimos estando dentro do "ton ten", se ben soamente son 14 equipos. Vamos, que unha vez máis na nosa línea. Unicamente estivéramos na mitade dos millores no primeiro ano, que acadáramos a séptima praza.

A todo isto hai que contar que temos un aniño máis, e o noso equipo é dos máis veteranos da categoría, por non dicir o que máis. Dous xogadores con 44 anos, outro con 43, un servidor con 40, outro 39... A media de idade baixa gracias ó fillo do porteiro que ten 19, algún rapaz tiña que haber no medio. E seguimos plantandolle cara ós de vintetantos, por física non será pero colocación e maña, diso si que contamos. Como se adoita dicir "o que tivo retivo" ou "o que de novo baila ben, de vello dalle un xeito".

Agora vamos a ver que podemos facer na Copa, como xogamos este torneo a mitade dos malos das dúas categorás que hai, pois temos moita ilusión en conseguir algo, de feito xa a gañamos un ano. A ver que pasa.

Outro torneo que se nos escapou foi o da Deportividade. Este xa o tíñamos conseguido dous anos, pero nesta temporada multáronno por culpa dunha incomparecencia. A hora do partido eramos catro, un menos dos permitidos. Algúns tiñan ocupacións, e xa avisaran (repito, isto é hoobie), pero un ... (voume morder a lingua) fixo un dos seus típicos plantóns e dende aquela non sabemos nada del, caso parecido a un amigo que facía de delegado. Bueno, para rir por non chorar.

Que quero dicir con isto, que para a temporada que ven fainos falla dúas fichaxes. Se alguén se quere apuntar, xa sabe, que mo diga. Aparte tamén cumprimos co terceiro tempo (como no rugbi), ir a tomar unha cañitas a tasca da Mini. Sacar tensión e botar unha risas. Nisto facemos honra ó deseño do noso escudo.





Esta é a clasificación deste ano, pinchar nela para ver máis grande (o que queira, claro)



Esta de hai dous anos.

miércoles, 6 de mayo de 2009

San Benito de Angoares. E seguimos de festa...!


Pois iso, escomenzou o mes de Maio, e con él as festas e romerías. Non quero que isto se me convirta nun blog guía-festeiro-relixioso, pero tiña que ir a comprobar o que se move na parroquia de Angoares o día de San Benito de Palermo, este santiño negro, que como me dixo un amigo, ten un certo parecido con Eto´o. Eu non llo topei por ningún lado, a non ser que este santo, teña o mesmo de santo que dito xogador, ou sexa pouca cousa. Un dos motivos polo que fun ata alí, e porque mo pedira Manolo, pero sobre todo por unha pequena polémica xurdida nuns comentarios do post anterior.

Antes de nada dicir que San Benito é un santo moi venerado pola zona, e ven moita xente de fora con ofrendas, supoño que debido a promesas que fixeron nalgún tempo. Estas ofrendas corresponden a ovos da casa, e algúns animáis como galos, cuellos... Un dos "poderes" deste santo, era a capacidade que tiña para que desapareceran as berrugas ou espullas. Cando alguén tiña unha, ía polas casas da parroquia a pedir un ovo, cando xuntaba a dúcea ofrecíalla a San Benito, asistía a misa, e despóis esperar a que desaparecera. Teño que recoñecer que de pequeno apunteime a este rito (quen mo diría hoxe en día), tiña unha espulla na rodilla e me convenceron para ir. A espulla desapareceume, pero non sei se sería polas mañas do santo, ou por unha caida onde esfolen a rodilla e a referida espulla. Cando me sanou, nunca me volveu a aparecer.

Bueno, céntrome no tema, cheguei alí ó mediodía, unha hora que adoita ser bastante complicada para aparcar, pero con todo conseguinno apenas a cen metros do torreiro. Nel estaba colocada unha carpa, tanto para a festa nocturna como para as misas do día, que son de campaña, o resto estaba ocupado por un montón de chiringuitos, como o bar (iso non pode faltar), atraccións para pequenos (e non tan pequenos), rosquilleiras e demáis.

Na igrexa, a xente pasaba as estampitas polo santo, supoño que previo pago dun donativo, pois a caixa estaba ben a vista. No local das ofrendas, estaban as típicas bandexas de ovos, un galo e dous cuellos. En fin, polo que me enterei e preguntei, nada comparado con outros anos. Seica son efectos da crise, pero tamén se pode chegar a conclusión que ten que ver con algo que comentábades no post anterior. Se cadra a xente cada día involucrase menos con estes temas, non sei se será pérdida de fe ou non, o caso é que non había, nin por asomo, a xente que había outros anos.


Foto das ofrendas. Os animáis adoitan a subastalos, chegando a veces a precios desorbitados, isto é debido ós ganchos que poñen para participar na puxa, tentando elevar o precio. Os ovos vendenos, o máis raro é que os poñen máis baratos que nun super, é son caseiros.



Foto da xente "asistindo" á misa maior, podovos asegurar que non era tanta, o que pasa que co calor que facía, todo o mundo buscaba unha sombra. Ten que ser terrible, para un creente de verdade (que ten que habelos), que no momento dunha ceremonia así, todo se volva ruido e alboroto. Eu por exemplo, tomei a miña cerveciña ó lado de xente con velas, outros estaban sentados tomando unha tapiñas de polbo, nenos correndo polo medio. Non me cadrou nada.



E esta é a foto máis cachonda, os curas celebraron as misas neste palco, o mesmo que usan as orquestas para a verbena. O letreiro ven ó pelo, "Comienza el espectáculo" e de feito comenzou. Para min case que algo máis parecido a unha feira, que a unha misa.

Dicir tamén que a coral que actuaba era a nosa de aquí de Areas. A ver se un día lles dedico un post. Todo se andará.