O deporte non acaba detrás do Madrid, Barcelona e demáis. Tampouco con Nadal, Alonso, Pedrosa, etc. Hai moitos anónimos que seguimos a practicalo en plan hoobie, por pasar o rato os sábados a tarde. Pero iso non quita que non queiramos deixar constancia dos nosos resultados, e de como vamos clasificados. Porque sí, aparte de ser en plan aficionado total, hai unha clasificación. Que a parte de arriba dela non cheguemos a frecuentala non quere dicir que non estemos, a veces tamén hai que empezar a ler por abaixo, para acabar antes.
Despóis desta pequena introducción, por chamarlle dalgunha maneira, vou comentar un pouco a nosa situación. Por terceiro ano consecutivo quedamos no décimo posto, non está tan mal, vimos estando dentro do "ton ten", se ben soamente son 14 equipos. Vamos, que unha vez máis na nosa línea. Unicamente estivéramos na mitade dos millores no primeiro ano, que acadáramos a séptima praza.
A todo isto hai que contar que temos un aniño máis, e o noso equipo é dos máis veteranos da categoría, por non dicir o que máis. Dous xogadores con 44 anos, outro con 43, un servidor con 40, outro 39... A media de idade baixa gracias ó fillo do porteiro que ten 19, algún rapaz tiña que haber no medio. E seguimos plantandolle cara ós de vintetantos, por física non será pero colocación e maña, diso si que contamos. Como se adoita dicir "o que tivo retivo" ou "o que de novo baila ben, de vello dalle un xeito".
Agora vamos a ver que podemos facer na Copa, como xogamos este torneo a mitade dos malos das dúas categorás que hai, pois temos moita ilusión en conseguir algo, de feito xa a gañamos un ano. A ver que pasa.
Outro torneo que se nos escapou foi o da Deportividade. Este xa o tíñamos conseguido dous anos, pero nesta temporada multáronno por culpa dunha incomparecencia. A hora do partido eramos catro, un menos dos permitidos. Algúns tiñan ocupacións, e xa avisaran (repito, isto é hoobie), pero un ... (voume morder a lingua) fixo un dos seus típicos plantóns e dende aquela non sabemos nada del, caso parecido a un amigo que facía de delegado. Bueno, para rir por non chorar.
Que quero dicir con isto, que para a temporada que ven fainos falla dúas fichaxes. Se alguén se quere apuntar, xa sabe, que mo diga. Aparte tamén cumprimos co terceiro tempo (como no rugbi), ir a tomar unha cañitas a tasca da Mini. Sacar tensión e botar unha risas. Nisto facemos honra ó deseño do noso escudo.
Esta é a clasificación deste ano, pinchar nela para ver máis grande (o que queira, claro)
Esta de hai dous anos.
martes, 12 de mayo de 2009
Outra de fúbol sala
Etiquetas:
Clasificacións,
Deportes,
Fútbol Sala
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
E machiño o celtiña ¿que?,o Alonso me parece que foron tempos pero Nadal como dice él "la gente se aburre conmigo".
O que escribe non é que sexa moi futbolero pero as poucas veces que vexo a clasificacion gústame velos primeiros e os ultimos.
Na tvg, fai un tempo poñian partidos de veteranos do celta,depor,real madrid....Era un tipo de fubito,algo parecido é de 45 pradiante,é non vexas tí como lle zoupaban.
Xa que non gañastes o trofeo a deportividade haber si conseguidela copa,pa decirme eu mesmo que os farelos que invirto no AREAS F.S sirvan pa algo,non so pa tomar "cañitas".
Como xa contei o de pegarlle a pelota non foi o meu,o de delegado é outra pelicula ,aí que saber cantos farelos soltades.¿Polo o amor ó arte? ,non che estan os tempos pa iso
Que conste que cando practicaba algo de balonpe(dous anos ,o de ter catro ollos non era compatible é deixeno),as merendolas facianse na de "pousada"é ai estaba o difunto de "NENE",poñia a fartar.
Sabes qué, Carlos?. Que eu penso que DEPORTE, ó final...é o que facedes vos. Os do Madrid, Barça, Alonso, Nadal...é un traballo!.
Ben sei que "traballan" moito os seus corpos e xogan/corren/revesean moi ben;pero deporte o que se di deporte...onde carallo queda?.
Como é posible que ainda non participaras ti no Concurso das Casas Rurais?. Esta sí que é unha pregunta fonda de moito raio. Veña!!!; que sete casas están agardándote para que pases unha fin de semana pola cara!Saúdos de Antas
jaaj cari, lo siento, ya me gustaría participar sobre todo si Beni va de animador, jajaaj Pero me tu equipo y su sede me queda un poco a desmano, jajaa
Bezos.
P.s. ¿Qué es eso de la ifnormación que me tienes que pasar? voy a investigar, jajaj
jaja, gracias cari eres genial, un caso, ¡poco corriente! como dice mi madre, jaajaj
Bezos.
AH, Y lo de los comentarios tb. me ocurrió a mi ahora mismo con otro blog. Es que he leído que hoy a las 2.00 horas había una "parada técnica" y debe ser a la hora de USA, o algo así, y estaba jodido blogger.¡Una putada!
Bezos.
Estades aboados ao número dez, ou que???.
A ver si colledes o exemplo do Barca e remontades postos (jeje).
Saudos.
Pois eu ando a buscar con quen xogar un partidiño de vez en cando e non atopo. Así que se me colledes igual me animo. Son bastante malo, pero correr aínda corro.
Un saúdo.
Ola de novo!
Deixei nun comment no meu blog máis explicación de como participar no Concurso das Casas Rurais. Se che queda duda, escríbeme un mail. Na Chousa está o meu enderezo.
Anímate!
jaj hay que roelo, eh.... no me hables del partido de ayer, que yo llegué justo cuando iban 1-1 y fue ponerme a verlo y marcar el Barça 3 goles seguidos....
Bezos.
Vexo que a canteira a tedes asegurada. Ja,jajaja. O importane como soe dicir é participar e xa se sabe que ir a xogar o partido sirve despois como excusa para tomarlle unhas cervexas.
pois se necesitas xente para o equipo conmigo non contes!
:-)
teño unha becaria comigo, ós seus vintépoucos, como corre pola cancha! cando vai ela co balón, que se aparten todos!
e maila que a min non me gusta o futbol nin moito menos correr!
Brabido, E que o meu Celtiña xa case lle pasa coma nos, case que ninguén fala del. E vaia forma de rastregarme que che cobren cinco Euros polo carnet, para o ano vamos ter que subilo, jeje.
Chousa, Home claro que eles "traballan" moito e están estresados, non os envexo nada (mentiroso que é un)
Thiago, Mala sorte, co que lle gustaría a Beni que viñeras formar parte deste impresionante clube...
Barreira, Sabes? o número dez sempre o levan os millores.
Paidovento, Sería cuestión de probar, con tal de que corras e aparezas a xogar, xa valería a pena.
Pau, O día que xoguen os nosos fillos, entón isto si que vai ser un equipazo. E que menos que poder tomar unha cervexas ó acabar, digo eu.
Zeltia, Vades ter que vir as dúas, unha para xogar e ti para pagar unhas rondiñas ó acabar, jeje. O importante é involucrarse.
Un aperta
Publicar un comentario