Areas entera, se va de borrachera!! Cultural, Cultural, Cultural...!! El año que viene Areas - Depor B...!! Este cánticos e outros tomaron as rúas de Ponteareas o domingo á noite. O motivo o ascenso do Club Deportivo Cultural Areas á Terceira División Nacional. Toda unha hazaña.
Pois si, este domingo foi unha data histórica para a nosa parroquia de Areas. Que un equipo modesto dunha aldea con pouco máis de 1000 habitantes, estivese militando na Rexional Preferente varios anos e sen risco de perder a categoría, xa era meritorio. Pero conseguir o ascenso, é o non vai máis. Despóis de andar toda a segunda volta nos postos altos da clasificación, a forma de conseguilo foi brillante e angustiosa. No derradeiro partido dependía de si mesmo, e con gañar en Pontellas chegaba. O resultado final de 2 - 1, ven a dicir a tensión que se vivíu nos últimos minutos. Ó remate do partido, gran parte da numerosa afición que acompañou ó equipo (xa se sabe, cando as cousas van ben, todo o mundo apoia, pero cando van mal...) invadíu o campo, para saúdar ós xogadores e escomenzar a festa.
E vaia festa. Cando me enterei do resultado, e que se preparaban na Casa Cultural para organizar unha caravana polo pobo, fun rapidamente ata alí, para intentar plasmar a farra que se ía montar.
Xa antes, cando estaba na Praza en Ponteareas, o Juvenil equipo do pobo e máximo rival, deixárase mirar por alí nunha minicaravana composta polos xogadores do equipo e algún directivo nos seus coches, para celebrar o seu ascenso a Primeira Rexional. Nada comparado co que viría despóis. A xente agardaba impaciente a ver con que os sorprendían.
Bueno, sigo o fío que me perdo. Ó chegar á Cultural, os xogadores atopábanse ataviados con camisetas que poñían "Yo jugué en el Areas" (ese castelán, para min, foi un fallo), e ante a falta de autobús descapotable, estaban a subir na gabarra dun trailer, con parcartas, bandeiras e megafonía incluída. Cando lle pregunto a un directivo por donde ían a ir, deixoume impresionado, sacou un papel coa ruta que ían realizar impresa, punto por punto, rúa por rúa. Total que estaba ben preparada a cousa.
E arranca o "camión-descapotable" coa Policía Local diante e unha porrada de coches de aficionados detrás (algúns na vida irían mirar o Areas, pero había que aproveitar a conxuntura e pasalo ben), percorrido polos barrios de Areas e dirección as rúas de Ponteareas. O máximo, música a todo volumen, bocinas a soar, bandeirolas polas ventanillas, algúns con medio corpo por fora do coche; un espectáculo. A xente que paseaba quedaba pasmada, os que estaban nos bares saían a ver de que ía a cousa. E despóis, chegada ó Concello, rúas colapsadas, total, o pobo para o Areas. O "no va más", abriron as portas do Concello para que os xogadores subiran ó balcón a saúdar á afición, algo nunca visto, pero por outro lado normal xa que o presidente do clube é concelleiro. Pois se non...
Outra volta polo pobo e volta a Casa Cultural, donde a festa, entre cervexas, cubatas e cánticos prolongouse ata altas horas. A alguén o luns había de facerselle un pouco longo.
En resumen, unha xornada histórica para Areas. Agora ten que afrontar uns retos moi complicados, o de manter a categoría e sobre todo, topar os ingresos suficientes xa que o orzamento vaise multiplicar.
E o exito non acaba aí, o equipo de categoría xuvenil, tamén conseguíu o ascenso a categoría Nacional, polo que para o ano que ven, terá que desplazarse por toda Galicia.
Aí é nada, que temble Galicia que vamos con dous equipos!!!
Ai quedan algunhas fotos e un video:
Areas campión
Xogadores preparándose para a xira.
O presi Mingos no camión como un aficionado máis.
E como non, meu amigo Pepis na caravana.
Chegada ó Concello.
Xa de noite a xente diante do Concello.
E para seguir cos festexos, onte venres celebrouse unha festa no torreiro ó lado do campo de fútbol. Unha especie de homeaxe a toda a plantilla do equipo.
A directiva quere agradecer especialmente á Presidenta da plataforma dos bingos (na cal o clube está inmerso dende o peche do seu), que se interesou moito polo ascenso do Areas e enviou unha chea de caixas de rosquillas personalizadas.
Tamén quere agradecer ós representantes de orquestas, que lle envíaron dúas gratis para a ocasión.
E para rematar, un pequeno vídeo caseiro da festa. A calidade é bastante mala, amosa a chegada ó Concello. A música que soa é o himno do Cultural misturado co xa famoso "We are the champions". Xa vedes ata ten himno.
sábado, 30 de mayo de 2009
O ascenso do Cultural Areas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
17 comentarios:
"""""""""E inda ai xente que che é do barsa o do madrid""""""""
non che podo comentar moito: non me gusta o fútbol, nin sequera sei cantos equipos que xogan en 1ª, jeje
Xa lle gustaría ao Barça ter un camión como este para recorrer as Ramblas....
"...,habelas, ainas",dicen no mundo celta. O domingo do ascenso, dia en que o mundo catolico celebraba a Ascension do Señor,un hincha do Areas, conocido pot todos como "O Vinajre", po la mañan estaba sentado nas escaleiras do meu patio, e dixome:"Manolo, invitame a un café na cultural e despois levame a Angoares que teño que falar con San Benito "o nejro" pa que o Areas jane en Pontellas", Así foi. Estuvo na misa dominical e fixo a sua petición..., coño, e saleu a cousa... Xa sei que ti de esto pasas, e pa darche pe para algunhas replicas. >Ti non crees, eu, si. Unha homenaxe pa Vinajre. E viva o Areas. Ricoesanto.
Glorioso estivo o Areas, no ascenso de categoria. ¡¡Felicidades a todos!!!
De unha veciña da Lomba.
Parabéns! O Areas merecíao.
Por certo, tes un agasallo no meu blog.
parabens!!!!
beijos
Polo que dís ese ascenso ten moito mérito. Noraboa!!!
jaaj enhorabuena, cari... por dios. Estos dias son tremendos con los equipos que suben y bajan. Mira los del Betis,pero me alegro mucho por ti y por todos tus vecions.. ahora a Segunda B, jajaja
Bezos
Grazas a todos polos parabéns, pasarénllos a directiva, xogadores e corpo técnico. Se ben eles non foron os artífices do ascenso, según me enterei por Rico e santo.
Manda carallo! Ó final o culpable do ascenso foi o seguidor e amigo "Vinajre", que pola mañán cedo foi con Manolo á misa en Angoares e pediullo a San Benito. E San Benito concedeullo!!! Ja,ja, e os xogadores matándose a entrenar para nada.
Claro, o santo que debe ter o Barbadás de Ourense (o outro equipo implicado na loita), non debe ter tanto poder como este san benitiño. E que non podo parar de rir. Este "Vinajre"... que relixioso se nos volveu, quen o diría.jaja.
Bueno, Rico e santo, aí quedou a miña réplica á cal me deches pe.
Noraboa ao Areas. Vaia, xa queda menos para que o campionato de liga volva a ser cousa de dous: O Barsa e o Areas.
Saudos e parabéns.
Parabéns!!!
Agora ¡ A POR TODAS NA NOVA DIVISIÓN!
Unha aperta
Qué? seguimos de festejos y resacas? Y Beni ya lo sabrá o no se entera de nada ya? jaja pobriño mio, lo están matando a estudiar, jajaja
bzos, cari.
Temos que contestar á túa pregunta, non somos do Porriño somos de Marín pero o noso neto Iago vive en Porriño cos seus pais, eles teñen traballo por esas terras así que agora temos dous netos porriñeses
Noraboa. Para POnteareas non hai comparación entre a ledicia do ascenso do Barça e a do Areas. Primeiro, a obrigación, logo a devoción.
Un saúdo.
Alédome por ti que xa sabes que o fútbol nin fu nin fa para min.
Un saúdo dende a outra beira do Confurco.
Pois manda carallo dende que lin a noticia estou tentando imaxinarme o "Vinagre" e fago en mil situacions pero rezandolle a San Benito non me sae nin de broma.
Teremos que falar con Serapio e po ano en vez de entrenar pola semana que entrenen os domingos pola maña( cafeciño na cultural e misa en Angoares)
Saudos
Publicar un comentario