Non se trata dun fallo ortográfico, non. Na parroquia de Cans, pertencente ó Concello de O Porriño, celébrouse este fin de semana un peculiar festival de curtametraxes. A coincidencia do nome da parroquia co da cidade francesa, deulle a idea a algunha xente de crealo. Naceu con tan bo pe, que en seis anos que leva a celebrarse, estase a consagrar como un dos máis importantes de Galicia.
Aparte do que conleva este tipo de festiváis, este ten unhas costumes moi curiosas, poderíamos dicir enxebres. As salas donde pasan as películas, son baixos de casas, garaxes ou palleiros que os veciños prestan para a ocasión. Así entre pilas de madeira, bocois de viño e outros aparellos, os famosos, veciños e curiosos asisten ás veladas cinematográficas.
E claro, non podía faltar a famosa alfombra vermella. Esta non so a pisan os famosos, calqueira que asista ten que pasar por ela.
O máis chamativo e o medio de transporte que se usa para ir de sala en sala (ou "jalpón en jalpón"). Aquí non usan limusinas, aquí chamanselle "chimpinbús". Os chimpíns dos veciños, cambian de chollo por unha semana, danse un bo lavado de cara, adórnanse e xa están listos para trasladar a xente. E toda unha procesión ben curiosa.
Durante os días previos, as casas e balcóns do barrio vense engalanados coa figura da mascota, que non podía ser outra que un can. Neste caso adornando un canastro típico da zona.
A figura deste can, valeu para que dende hai un par de anos se celebre tamén a "Cans Parade", unha copia das xa famosas "Cow Parade". Aquí é donde se ven as cualidades dos artistas.
Máis ou menos, isto é o que adoita moverse neste festival-festa, xa que polas noites aconpáñase todo isto con actuacións musicáis, humorísticas, etc.
Algúns participantes na edición do ano pasado.
A pesar de estar tan so a cinco quilómetros de Areas, pasou outro ano, e tampouco puden asistir a él. A ver se para o próximo ano o fago, irán pola séptima edición.
Se queredes saber máis, consultade a páxina oficial do festival, que foi de donde tomen prestadas as fotos.
domingo, 24 de mayo de 2009
VI Festival de Cans
Etiquetas:
Festas e tradicións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
17 comentarios:
Está moi ben. Hai unh apáxina coj******da que se chama flocos tv onde tes un montonazo de cortos galegos para ver.
ostras! que xenial!
todo me parece moi orixinal e enxebre, e con sentido do humor.
Grazas polo post, que non tiña nin idea!
haberá que extender a cousa, que se faga coñecido
:-)
Eu descubrino o ano pasado e ata lle fixera un post no blog e todo....se é que somos do mellor.........
Xa vexo a Angelina o ano que ven pedindo un chimpín.....
Falando con un dos organizadores,contoume que cando empezaron nunca pensaron que iban a ter tanto exito.
O unico que copiaron,pa min,dó outro evento foi a alfombra vermella,o que o transporte é mailas salas de cine non teñen desperdicio,un dia destes bou a darlle o numero do movil dun que coñecemos por si acaso averiase a "mula mecanica".
Mellor vai ser que no,deixate de ostias que este como teña un regular,igual acaba có evento.nooooooooooooooooooooo
Aproveito pa decirche que onte fun a Pontellas á velo..F.C.C.AREAS,que conste que é a primeira é vae ser a ultima,cando poida xa pasarei a botar un vistazo o F.S.AREAS,je,je,je,je,supoño que á estas alturas xa estaras enterado si ou si de que ó cultural pasou a 3º division e os juveniles do areas creo que tamen,OLE OLE OLE , e os trincas da city disque tamen a 1ª JA JA JA JA.
Disculpe usted por esta desviacion do protocolo,tamen sen ó que estas pensando xa falaremos
pradiante
Hadex, polo que me contan, está máis que moi ben, vale a pena. Tentarei botarlle un vistazo a esa "apáxina."
Zeltia, sentido do mumor non lles falta. A ver si se extende máis e para o ano xuntámonos algúns blogueiros, mal non o pasaremos, que a cervexa sei que tamén corre ben. Magoa da resaca, jeje.
Artabria, Tentarei topar o post no teu blog, senón xa che pedirei o enlace. Quen habería de ver a Angelina no chimpín, estaríamos atiborrados de prensa rosa. Deixa estar a cousa así.
Brabido, millor que non lle des o número a ese que sabemos ti máis eu, non vaia a ser que revente todo... O do Cultural Areas claro que o sei, será o seguinte post que poña. Que menos para o clube do cal formei parte fai "x" anos, digo eu!!. Por certo, a Pontellas irías, pero na caravana non te vin, onde andabas? E sobre os trincas da city, millor...
jaja cari, que genial, suena super divertido, y se ve un pueblo muy entegado.. La verdad es que han conseguido mucha fama, lo he visto en la tela alguna vez, pero tu reportaje es genial y destila mucho humor, me ha encantado, jaaja
Había que ver a las superestrellas con esos trajes y esos taconazos paseandose por esa alfombra roja, escoñándose, jajaj
Bezos
Eu vino pola tele e ten que ser unha festaza. Para non perderse. Asi que non sei que fas que non fuches ainda. Para o ano queremos fotos sacadas por ti.
Saudos.
Carlos, non vas a atopar o post porque foi nun blog que eliminei alá polo mes de novembro. Foi o anterior ao que teño agora e non me quedou outra que eliminalo e cambiar de identidade, jejeje.
Pues, cari, tu poesía me ha gustado mucho, jajaja. Pa ser la primera está muy bien, jaja
bezos.
A galiza non chora, ríese contra as adversidades. Si señor, os palleiros son reversibles, espazos culturais de grande proveito. Eu teño un amigo artista, que fixo a suas primeiras exposicións no palleiro.
Longa vida a Galiza rural e culta.
Thiago, xa ves,en so seis anos a repercusión que está a coller. Algún día viran esas superestrelas a escoñarse na alfombra.
Barreira, non sabes o que me fastidiou non poder ir, sobre todo polo que me encanta agora facer de reporteiro co meu "pedazo de cámara". Para o ano será. Ah! Sorte hoxe.
Artabria, que farías ti para ter que cambiar de identidade...
Paco, si señor, longa vida a Galiza rural e culta. Que sepan que somos diferentes. Para o ano tes que vir ti con algún dos teus vídeos, pasar ías pasalo ben.
Que un festival de cine se celebre nas palleiras e nas bodegas paréceme caralludo.
Está claro que somos diferentes e para ben.
Apertas.
Eu tempouco fun este ano e iso que vivo ben cerca.
A ver si para o ano que vén...
Por algo Galicia is diferent,xenial este festival que xa coñecía de oir falar del ao meu curmán antonio que vai sempre.
e moitas grcias polo conto da Carolina encantóume.
Cari, habrás visto que he puesto tu bello y delicado primer poema en mi otro blog: DIALECTICA POETICA EROTICA FESTIVICA, jajaja
Bezos
Pois si que te curraches o post. A min quédame a 2 quilómetros da casa, así que non teño escusas para non ir. De todas maneiras, só fun dúas veces, contando coa deste ano e, ainda que fun de mañá, paga a pena.
Un saúdo.
jaja es verdad, cari... Beni me había hecho una poesía, no? No me acuerdo ahora si la subí a ese blog.... a qué es la caña? jajaja bueno, pero tu ya formas parte por derecho propio, cari, que no todos los dias un gay inspira un poema a un hetero, jajajajajaja
Bezos
P.D. Beni, anda otra vez medio ausente y muy ocupado, me ha escrito una carta muy cariñosa, pero me dice que casi ni enciende el ordenatriz....
bezos
Publicar un comentario