miércoles, 29 de octubre de 2008

Ciclo Cultural

Xa vedes, Areas é unha parroquia con un montón de asociacións, pero aparte diso, tamén podemos presumir de que temos moita cultura e prova diso, é que ata contamos cun ciclo cultural, antes chamado mes cultural, xa que sempre se celebra en Novembro. Iso non quere dicir que no resto do ano carezamos dela, que quede claro.

A foto corresponde a portada do folleto que anuncia as actividades, e vouvolas resumir un pouco;

O sábado 25 de Outubro (xa vedes que chego un pouco tarde, pero antes non tiven tempo) actuou o grupo de Play Back Moreira .


O domingo 26 houbo concerto a cargo da Banda da escola de Música de Gulans. Esta banda de música vai dar clases de solfexo na Casa Cultural de Areas, polo que nos invita a apuntarnos. Si alguén ten ganas, xa sabe.


O sábado 8 de Novembro as 20:30 o grupo escénico Tea - Tro de Ponteareas presenta a obra "Da Vinci levaba razón" .


O domingo 9 de Novembro as 16:30 celebrarase un concurso de redacción e debuxo, haberá premios para a millor redacción e o millor debuxo por grupos de idade. E as 7 da tarde Gran magosto popular con castañas, viño e moita farra, tanto para nenos como para mallores. Eu penso que este pode ser un bó día, que vos parece?


O sábado 15, as 21:00 actuará a Rondalla Asociación Cultural La Troya de Ourense, mentras que o Domingo 16 as 19:00 o cómico Somoza tentará facer rir os asistentes coas súas historias e chistes.


O sábado 22, as 20:30 haberá un festival de corais. Serán dúas as corais que amenicen a xornada, a Coral polifónica San Pelayo de Navia e a Coral Santa Mª de Areas. Esta última é de aquí da parroquia, algún día deste tocarame falar deles, a ver si os promocionamos un pouco.


O domingo 23 as 19:30 o grupo Arte Xoven da Casa Cultural de Areas presenta o espectáculo de Play Back. Deste grupo, a verdade que non tiña coñecemento.


O sábado 29 a partires das 9 da noite, terá lugar a Cea de confraternidade, con sesión baile e sorpresas. Na cea terá lugar a homenaxe ós socios de maior idade: Luis Couto García, Manuel Covelo Covelo (Pancho) e José Benito Castro Mariño. De momento a mín non me toca, jeje.


E o domingo 30 pechase este mes cultural coa actuación do Grupo de Gaitas e Baile tamén da Casa Cultural de Areas, este grupo presentará as novas promesas da música e baile tradicional. O remate da actuación terá lugar a entrega de premios do concurso de redacción e debuxo.


Pois isto é o que hai, xa vedes que hai actuacións para todolos gustos, quizais se bote de menos algunha charla coloquio, ou algo polo estilo, o que pasa que seguramente, e por desgraza, o salón de actos estaría case baleiro.

Bueno, a disfrutar das actuacións e a "culturizarse" un pouco


viernes, 24 de octubre de 2008

O carril bici

Lémbrome, xa fai bastantes anos, lera no periódico que ían arreglar a estrada entre Ponteareas e Mondariz, cun carril bici incluido. Unha idea perfecta, tendo en conta que entre as dúas poboacións soamentes hai uns 10 Km., sería un percorrido perfecto para poder ir a dar uns paseos, coa tranquilidade que che dá dito carril, sin os lóxicos perigos dos coches.

Pois a estrada xa a remataron haberá uns cinco ou seis anos, pero o carril bici, aínda estamos a espera dél. Unicamente que lle chamen así a un pequeno tramo, de uns douscentos metros, que hai pola mitade do camiño. Ese pequeno tramo, en realidade é unha desviación para entrar as leiras e montes que están a beira da estrada. Pois terá que tratarse dese tramo, porque ata lle puxeron a sinal de bicicletas como se pode apreciar na foto. Pódovos dicir que o ramal está asfaltado cun aglomerado máis ben gordo, e ten moitas pedras e silvas. Máis ben parece un camiño de cabras que unha ruta para facer en bicicleta. O importante é que Ponteareas xa pode presumir, neses folletos publicitarios, de que tén carril bici.



Non sei de quen será a culpa, si da Xunta, Deputación ou Concello, pero si iso estaba aprobado, por qué non o fixeron?

Agora está feito un proxecto de un parking subterraneo, espero que non acaben facendo unhas catacumbas como as dos romanos.

Xa vedes, unha noticia de cal e outra de area.

viernes, 17 de octubre de 2008

Que facer si che morre unha árbore

Que farías si che secara unha árbore? Visto así é unha pregunta que pouca xente se plantexaría, xa que normalmente hai dúas opcións, ou cortalo polo pé para facer leña, ou deixalo ahí ata que un temporal tire con él.

Pois en Mondariz Balneario, por certo o Concello máis pequeno de Galicia (só ten sobre uns 700 habitantes, e 2.5 Km2), tiveron a brillante idea de facer unha escultura con un platanero que estaba seco ou morto. Xa fai bastante tempo, saíra a noticia no periódico, pero aínda non me cadrara velo e xa o tiña esquecido. A todo isto, alguen podería dicirme por qué lle chaman plataneros a este tipo de árbores?

Un domingo de mañán, marchei cos meus rapaces a dar unha volta polo río e a un parque que alí existe, e dinme de bruzos coa árbore-estatua (literalmente falando claro), e podo dicir que o resultado é impresionante. Non tanto pola escultura en sí, que eu de arte pouca idea teño, por non dicir ningunha, sinón polo material empregado e o entorno, coas outras árbores en perfecto estado.

O autor da obra é Perfecto Marcos Romero, un "rapaz" de 76 anos, que como se aprecia na foto, tivo que escomenzar usando a motoserra, para que fora tomando forma a escultura. Aparte de escultor, tamén é pintor e orfebre, e como lín nunha entrevista, quedou encantado có traballo e disfrutou moito a facelo.

Este é o resultado final:





lunes, 13 de octubre de 2008

Meme do millonario excentrico

Convidoume Paideleo a facer este meme sobre o millonario excéntrico. O meme en cuestión consiste e nomear cinco excentricidades que farías si foses moi millonario, non simplemente o que farías no caso de selo, sinón excentricidades desas que só fan ós que lle sobran os cartos por todolos lados.

A prova non é tan doada, xa que o de ser millonario non é unha cousa tan corrente para mín, e claro o de mercar un coche novo, liquidar a hipoteca, e outras cousiñas, coido que non se poden chamar excentricidades. Tamén me gostaría que fosen cousas que nadie fixera antes. O dito, imos alá entón:

1- De primeiro mercaría un equipo de fútbol de 1ª Division (que non vou momear, para que nadie se ofenda), e eu mesmo faría de presidente, adestrador, fotógrafo, etc, para tratar de baixalo a segunda. Vaia fallo, agora que me lembro, iso xa o fixo o excéntrico de Piterman.

2- Bombardearía un país, así sen máis, porque me dera a gana. Vaia, outro despiste, iso xa o fixeron os excétricos de Bush e ...

3- Usaría calzons e calcetíns só unha vez, o resto do tempo iría en bolas. Non vai poder ser, me parece que iso xa o fixo o excéntrico de Paideleo, ja,ja.

4- Mercaría todolos polbos do mundo, máis que nada para que todos aqueles que no meme do derradeiro día dixeron que o comerían, nos lles quedaría más remedio que vir a mercarmo, así aproveitaría para coñecelos, e cobraríalle o que eu quixera, total sou un excéntrico.

5- Erradicaría a fame no mundo. Iso xa o fixo, uhmm, a verdade que non me lembro quen o fixo.

Bueno, son algunhas ideas chorras que se me ocurriron, por darlle así un toque de gracia. Si se podese cunplir o punto 5, sería algo importante, pero por desgraza paréceme que non deixa de ser unha utopía.

Como hai que seguir a cadea, propoño que fagan o meme: O raposo, por aquilo de devolverlle un meme, Hadex, sei que lle vai a sair a conciencia, e todo aquel que queira apuntarse.

jueves, 9 de octubre de 2008

Globos de papel

O 29 de Setembro foi festivo local en Ponteareas, celebrouse o día do Arcanxo San Miguel, que según contan, ou dín por ahí alguns, foi o guardián do ceo que expulsou a Lucifer. Haberá que pensar que así foi.

Unha das tradicións arraigada que se está a recuperar na parroquia (pois xa van catro anos seguidos que se fai), é a solta de globos de papel, que se efectúa na "honra de San Miguel".

Os globos estan feitos con papel de seda de distintos cores, unidos con pegamento. A base para darlle forma a boca do globo é feita con alambre, e cunha cruceta para poder poñerlle a mecha que lle dé o aire quente e o eleve ata o "ceo". Nos días anteriores houbo un obradoiro onde xente da parroquia e gran cantidade de nenos, aprenderon a diseñalos, e encargáronse de confeccionalos.

Esta tradición perdérase na década dos setenta, anteriormente era moi seguida polos veciños, e eran eles mesmos quenes os facían e os soltaban. Claro que non tiñan os materiais de hoxe, e tiñan que recurrir a recursos caseiros como pegar os papeis logo de frotalos cunha pataca. Polo que dín os máis vellos, eles daban feito.

A xornada foi todo un éxito, había bastante espectación, e un ruxe ruxe de que non ían subir e cousas desas, (xa sabemos, o importante é criticar). Soltáronse como uns quince globos, e sin ser un, o resto voaron todos ante os aplausos do público, e hai que ter en conta que o papel é un pouco delicado. Un deles foi confeccionado polo equipo de fútbol de Areas, para o ano que ven, a ver si o equipo de fútbol sala damos feito un, aínda que sexa para facernos ver.

O final non sei si será porque todo o que sube baixa, ou que o arcanxo non lle gustaban, pero foron caíndo pouco a pouco. O millor tamén puido ser a mecha que se apagou e fixo có aire do interior do globo se enfriara...





viernes, 3 de octubre de 2008

Presentación Oficial

Eu son dos que lle dan as venadas por temporadas (valga a cacofonía); En ocasións tírome un mes enteiro lendo, e despois paso dous ou tres sin abrir un libro, adicando o meu tempo libre a outros menesteres. Dende fai algúns días déuseme por volver a debuxar, e máis dende que me gabastes tanto no meu post anterior.

Nunca antes fixera un autoretrato (acostumo a debuxar cousas máis fermosas, jejeje); pero como nos faltaba poñer o noso careto nesta bitácora, decidín que podía ser boa idea facelo en forma de debuxo. Consulteino co meu socio e reservou a súa opinión ata que rematara de plasmalo a lápiz (supoño que non se fiaba demasiado das miñas dotes artísticas, jejeje). Ó final debeulle de gustar como quedou reflexado, xa que deu o seu consentemento para usa-lo debuxo como perfil.

Ainda que xa hai algunha foto que outra de no-los dous neste blog, pódese decir que por fin dámola cara; sempre fomos un pouco caraduras, así que paréceme xusto as mostremos. Son bastante fieles o que cada mañán vemos no espello. Sinto polos que son aprensivos...

Como o burro sempre vai diante (para que non espante), eu son o que aparece a continuación destas líneas.