lunes, 13 de octubre de 2008

Meme do millonario excentrico

Convidoume Paideleo a facer este meme sobre o millonario excéntrico. O meme en cuestión consiste e nomear cinco excentricidades que farías si foses moi millonario, non simplemente o que farías no caso de selo, sinón excentricidades desas que só fan ós que lle sobran os cartos por todolos lados.

A prova non é tan doada, xa que o de ser millonario non é unha cousa tan corrente para mín, e claro o de mercar un coche novo, liquidar a hipoteca, e outras cousiñas, coido que non se poden chamar excentricidades. Tamén me gostaría que fosen cousas que nadie fixera antes. O dito, imos alá entón:

1- De primeiro mercaría un equipo de fútbol de 1ª Division (que non vou momear, para que nadie se ofenda), e eu mesmo faría de presidente, adestrador, fotógrafo, etc, para tratar de baixalo a segunda. Vaia fallo, agora que me lembro, iso xa o fixo o excéntrico de Piterman.

2- Bombardearía un país, así sen máis, porque me dera a gana. Vaia, outro despiste, iso xa o fixeron os excétricos de Bush e ...

3- Usaría calzons e calcetíns só unha vez, o resto do tempo iría en bolas. Non vai poder ser, me parece que iso xa o fixo o excéntrico de Paideleo, ja,ja.

4- Mercaría todolos polbos do mundo, máis que nada para que todos aqueles que no meme do derradeiro día dixeron que o comerían, nos lles quedaría más remedio que vir a mercarmo, así aproveitaría para coñecelos, e cobraríalle o que eu quixera, total sou un excéntrico.

5- Erradicaría a fame no mundo. Iso xa o fixo, uhmm, a verdade que non me lembro quen o fixo.

Bueno, son algunhas ideas chorras que se me ocurriron, por darlle así un toque de gracia. Si se podese cunplir o punto 5, sería algo importante, pero por desgraza paréceme que non deixa de ser unha utopía.

Como hai que seguir a cadea, propoño que fagan o meme: O raposo, por aquilo de devolverlle un meme, Hadex, sei que lle vai a sair a conciencia, e todo aquel que queira apuntarse.

11 comentarios:

lua dijo...

hehehehe. moi bo meme, moi bó, saludos!!!

Mer dijo...

uf, a mín convidoume paideleo e aínda non teño moi claro como orientar o meme, de momento teño 2 cousas excéntricas para facer, o que sí pasou e que ocorréuseme un novo meme, xa cho pasarei, ao final pode ser unha boa iniciativa

Thiago dijo...

jaja, cari, tu meme tiene mucha gracia y bastante intención, pq paece que no y no resulta nada fácil ser un millonario excentrico, eh! ¡Pobre vida la de los millonarios!

Millonarios ya hay muchos y excentrícos unos pocos... asi que ya no es tan facil llamar la atención. A mi asi de golpe pronto no se me ocurre ninguna, quizás sea pq tengo poca costumbre de ser multimillonario.

Solo espero que el equipo que quieres bajar no sea el Real Madrid, pq entonces lo compro yo y luego lo subo y mas alto todavía si cabe, jajaja. (Aunque ya es el mas alto y grande del mundo, jajaj).

Mer dijo...

por certo, o secuestro dos polbos non me gustou nada

paideleo dijo...

Iso de mercar tódolos polbos é un golpe mui baixo. Anque supoño que convidarías a outro millonario excéntrico coma ti, he, he.
Gustoume o teu meme.

Anónimo dijo...

Millonario? Creo que sería o holgazán mais hipócrita de Galicia. Dormiria 10 horas seguidas, sin despertarme, sin soñar. Levantariame coa cabeza pesada e a boca pastosa. Saldría pa non facer nada. Regresaria a casa para descansar. Leer o Faro de Vigo de cabo a rabo, como un xubilado achacoso. Sair de novo para encontarme con calquera escéptico conocido(como tí)para "sostener" unha dialéctica irónica, estúpida e amarga.
ricoesanto.

Thiago dijo...

Carlos me mandsate un enlace para ver las pintas, pero no funciona, igual es que dabais tanto miedo que el Windows Live se acojonó, jajajaj ¡qué miedo!

Pero ahora me quedo con las ganas, jaja

Bezs.

Pablo dijo...

Pois eu penso que sei cal é ese equipo que queres descender... non será aljo relacionado cos turcos e demáis?? ;-)

Por min merca tódolos polbos do mundo, agora os callos déixamos tranquiliños!! ;-)

Un saúdo!

O Raposo dijo...

O de ir en bolas non sei si será boa idea, mira que xa vamos cara o inverno e por aquí caen unhas xeadas de medo. E o dos polbos é unha putada, meu ¿que vamos a xantar despois nas feiras?
En fin, tomo nota do convite e póñome a el un día destes.
Apertas.

Carlos Sousa dijo...

Para Mer, Paideleo, e o raposo, invitaríavos sempre que quixérades comer polbo, ou regalaríavos alguns de vez en cando, sempre vos salería un pouco máis barato, e nas feiras un camión deles, total sou un excéntrico.

Thiago, podes estar tranquilo, o equipo non é o Madrid, nin tampouco o Barcelona.

Pablo, dixen un equipo da liga española, non da liga turca. Tiras a dar eh, je,je.

Ricoesanto, vaia vida que farías, despois de durmir 10 horas, levantaríaste coa cabeza pesada e a boca pastosa? Da que pensar iso. A dialéctica irónica, estúpida e amarga, non sei come se come.

E lúa, sempre podes facer o meme si te ves así sin ideas, o millor despexa as túas dúbidas.

Un saúdo a todos.

Suso Lista dijo...

Moitos saludos a todolos Memeros, sodes a hostia, je je. Vaites cos millonarios. Un saúdo