sábado, 31 de enero de 2009

MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE

Onte tiven problemas co internet e non puiden ollar os blogs que sigo habitualmente. Hoxe cando o fixen topeime con esta noticia en varios deles, trátase dun manifiesto donde os blogueiros que quixesen podían publicalo no seu blog o día 30 de Enero. Así entre todos facerse notar. Como chego tarde, aínda que sexa 31 vou publicalo, a ver se alguén remedia algo.



Ninguén ten a potestade de elixir o lugar onde vai nacer, nin as posibilidades económicas da familia que o vai acoller ou do país no que vai desenvolverse a súa existencia.
A terra ten extraordinarias riquezas, pero todos sabemos que están moi mal repartidas, e que conviven neste planeta azul xentes que se poden permitir todos os luxos con outras que non poden sobrevivir por falta de alimentos, de hixiene, ou dunha mínima asistencia sanitaria.
O noso é un mundo de contrastes, pero agora non hai disculpa.
Cos excedentes de producción que apodrecen cada día no primeiro mundo poderíase solucionar a fame do terceiro, pero...¿qué?...sae máis barato deixalos perder que transportalos, a pesar de todos os medios (de trasporte, conservación de alimentos, etc...)dos que dispoñemos na actualidade.

Por iso, creo que chegou a hora de facer algo e o primeiro paso, dos moitos que hai que dar para solucionar esta traxedia humana, é tomar conciencia todos.

Iso tratamos os blogueiros que publicamos hoxe este manifesto:


MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE


QUEN SOMOS:

Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado.

Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas.

Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.

A QUEN NOS DIRIXIMOS:

Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.

MANIFESTÁMOSLLES:

1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo.

2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países.

3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron.

4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas.

5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos.

POR TODO ISO, ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES:

1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles.

2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos por Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha axustarse a actuación dos paises e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado en 2015, as inxustizas que afectan á humanidade.

3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democrático.

4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos.

5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado por Nacións Unidas.

6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional.

Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2009""


jueves, 29 de enero de 2009

Xentes, persoas, persoaxes e personajillos

Fai aproximadamente un mes que subín o meu último post, así que xa vai sendo hora de comentar algunha cousiña. A todo isto... ¿Como escomenzastes o ano?, aínda conservades os bos propósitos de fai 28 días; a min xa se me disolveron todos coa abundante choiva que nos toca padecer diariamente.

Ó longo da (xa non tan curta) vida desta bitácora, tanto Carlos como eu mesmo, falamos un pouco e ó noso xeito de lugares, de tradición e de edificacións máis ou menos representativas; pero botaba en falta (e é case obrigado) facer algún comentario acerca das xentes que poboan este lado da ponte.

Unha cousa que me pareceu sorprendente, cando me tocou vivir en Madrid fai xa algúns anos, é que practicamente non coñecía a ningún veciño, todo o mundo ía á súa bola. Haberá quen califique isto como "a frialdade das cidades", pero á min por aquel entón parecíame liberador. Hoxe en día tampouco me sinto oprimido en Areas, pero iso é porque me importa unha p... merda o "que dirán".

Creo que estou no certo ó afirmar que a xente nos pobos vive ó seu xeito, pero tamén ó xeito que os seus veciños cataloguen como "o correcto". Areas non é unha excepción, así que vou permitirme describir ó meu pobo como "Na terra dos lobos hai que aubear como eles". Non importa "os mortos que teñamos no armario", o importante é aparentar que todo nos vai estupendo (mellor que ó veciño), que somos "divinos de la muerte" e que progresamos adecuadamente.

En base ás miñas experiencias persoais, eu cambiaría a frase de "to er mundo e güeno" pola de "todo o mundo -paresse güeno-, pero non te fíes".

Polo que escribín ata agora, pode dar a sensación de que non me gustan demasiado as xentes da miña parroquia, cando debería estar póndoas nun pedestal, se pretendo que lean o noso blog; pois a verdade é que (con reconfortantes excepcións) non moito, aínda que sempre podo botar man da socorrida frase: "estou falando en xeral".

Pois (falando en xeral), e como non se pode meter todo no mesmo saco, vou aventurarme a facer unha pequena clasificación:

- Homo Sapiens Habilis Horrendi: Xénero cuxas características xa describín en párrafos anteriores.

- Homo Erectus: Xénero ao que todos din pertencer, pero que nalgúns casos deriva cara á subespecie de "Homo Flacidus"

- Homo Caminantis: Pertencen a este xénero os individuos que saen de casa pola mañá temprán comentando co veciño que "parece ser que Carmiña se quedou preñada" e cando á tardiña acaban a ruta de rigor, o bebé xa fixo a primeira comuñón. Tamén se lle coñece como "autobús de línea", por aquilo de que fai tódalas paradas establecidas.

- Homo Sapiens Sapiens: Aínda que en serio perigo de extinción, afortunadamente aínda se poden atopar algúns exemplares. Non se adoitan divisar facilmente, debido a que unha das súas excepcionais características é a de non facerse notar.

- Homo Gabachus: Un dos xéneros máis estendidos por todo o territorio, distínguese facilmente xa que habita en casas ó estilo do "Habilis Horrendi", pertréchase con vestimenta xeralmente horrenda e estridente, e reloce máis có sol, debido ás "xoias" que adoita porse.

- Homo Laboris: É posible que ao longo deste ano véxase minguado sensiblemente o colectivo desta especie; aínda que hei de recoñecer que se atopa bastante estendida pola bisbarra. Aquí tamén debemos falar dunha subclase coñecida como: "Caserus Homo laboris", á cal derivarán algúns individuos do grupo principal.

- Homo Fiestensi Divertentis: Os individuos agrupados neste xénero soen localizarse en bares, festas e reunións sociais. Adoitan comer en exceso e a miúdo pódeselles ver cun estraño andar zigzagueante.

- Neandertal: Ó contrario do que poida pensarse, individuos desta prehistórica especie aínda se poden localizar por todas partes. É un xénero predestinado a perdurar no tempo.

Doutra banda tamén existen individuos inclasificables, exemplares únicos que se distinguen pola súa bondade e pola axuda desinteresada a membros dos xéneros anteriores. Pode divisarse perfectamente onde moran, xa que a entrada adoita estar moi concorrida.

¿A que grupo pertenzo eu?... creo que non son o adecuado para contestar esta pregunta. Se teño que ser clasificado, que me clasifiquen os demais, ¡Coño, pero se xa o fan...!; sitúanme dentro do xénero "Homo Sexual", e eu encantado.

sábado, 24 de enero de 2009

Vai de cumpleanos a cousa

Pois si, este fin de semana vai de cumpleanos.
Fixo tres anos onte o 23, que a miña pequena, Ana, viña a este mundo máis ou menos polas 12 do mediodía, debe ser por iso que lle gusta tan pouco comer. Claro, é a ledicia da casa. Pero o martes 27 fará 14 anos que naceu, o xa non tan pequeno Carli. El fixoo de madrugada, ala polas tres da mañán, esperemos que non lle guste moito a noite. O de Carli, quedoulle para diferencialo do pai (non no físico, claro). Tamén segue sendo unha ledicia, bo estudiante e bo rapaz, pero xa empeza a ser grandiño, e a rebotarse un pouco. Como sala ó pai estamos apañados.



Pois nada que disfruten mentras poidan, a pequena que se vaia preparando para a escola, e o maior que siga preparándose, que aínda ten moito camiño que andar(porque estes pensan que xa o saben todo).



Ya me ten reprochado algún veciño que falo moito da familia (cousa que creo que non é certo), pero é a que teño e non cumplen anos todolos días. Así que este domingo soplarán as velas, e toca agardar a que vaian medrando, pero que non teñan presa.

jueves, 22 de enero de 2009

Un meme con premio



Chegoume este meme dende o blog de Lúa, este encargo non consiste no típico meme no que tes que contar algo, senón máis ben nunha especie de sorteo.

A idea orixinal xurdíu do blog Mezclado no agitado, que é quen organiza o sorteo. O libro a sortear é "El fuego" de "Katherine Neville", que según teño entendido ven sendo unha segunda parte de "El ocho". Aparte ten a peculiaridade de estar firmado pola autora. En fin, creo que vale a pena apuntarse. A data do sorteo será o 14 de Febreiro.

As bases do concurso son as seguintes:
Seleccionar tres blogs, os cales deberán deixar un comentario no post orixinal do autor do sorteo, publicar este meme nos seus respectivos blogs e nomear a tres amigos blogueiros para que fagan o mesmo.

Os seleccionados son estes tres:

Hadex do blog Ad Lucum Augusti, xa que sei que unha gran lectora.
Paideleo, polo mesmo.
Vintxuca do blog O monstruo das bolachas, por ser unha coleccinista de libros e todo tipo de recordos.

Que teñades sorte e a min que non me falte.
Gracias Lúa.

martes, 20 de enero de 2009

Crónica deportiva do fin de semana

A unha xornada de que remate a primeira volta da Liga de Fútbol Sala do Condado, seguimos máis ou menos na nosa línea, unha de cal outra de area. Esta xornada tocounos perder nun partido que tíñamos medio encarrilado na primeira parte na que íamos vencendo por tres a un, na segunda, debacle e derrota por cinco a tres. Como vedes na clasificación seguimos no posto décimo, tampouco está tan mal, estamos dentro do "top-ten".



Por outra banda un ano máis vamos primeiros na Deportividade. Non ten moita explicación que xogando algúns elementos coma mín (e algún outro) neste equipo, sempre acabemos arriba. Deben ser os anos que nos fan máis tranquilos e pacíficos.

Isto no referente o fútbol sala, xa que na parroquia de Areas tamén existe o equipo de fútbol, o Club Deportivo Cultural Areas do que xa falara noutra ocasión sobre a súa fundación e primeiros anos de historia. Pois o Areas nesta tempada, está a facer unha campaña máis que expectacular, marcha lider na Rexional Preferente grupo sur, con aspiracións (e soños) de ascender á Terceira División, algo impensable para un equipo de aldea como é este. Pero todo é posible sabendo como é o presidente (Mingos), este busca cartos donde sexa, e fai traballar a todo cristo con tal de sacar arriba a cuestión. Prova diso é o campo de fúbol que temos, xa quixeran ter moitos equipos o cespede que ten o Campo da Lomba.




Pois a ver se ten sorte e se codea cos grandes de Terceira aínda que sexa un ano.

Polo demáis o resto de deportes que temos na parroquia, descansaron esta semana, bueno descansaron esta e as outras, xa que por desgracia non temos máis. Salvo que contemos o fútbolin, o Tute, o subastado, o chinchón... estes non teñen descanso, xógase ata pola semana.

Outro deporte que se practicou, pero non en Areas, senón na parroquia de Paredes, a máis pequena de Ponteareas con 62 habitantes (hai quince días morreron dúas, agora deben ser 60) foi o deporte do "ben comer". Xúntanse todolos veciños e "demáis invitados" a devorar uns porcos que mataran na semana. Na foto saen Mingos, concelleiro en Ponteareas e presidente do Cultural Areas, e Manolo, parroco de Areas, antigamente de Paredes, él foi un dos encargados de crear a festa. De ahí que lle chamaran nalgún tempo "A festa do porco do cura", sempre sen mala intención.

lunes, 12 de enero de 2009

O galego é un dialecto: por Antonio Gala.

Nun comentario que me fixo Thiago no post anterior, dicíame que Gala na súa columna do periódico "El Mundo", chamáballe o idioma galego "dialecto". Fun buscar o artículo en cuestión, se queredes lelo, pinchar aquí.

Eu, non sou quen de cuestionar a Gala, está claro que é un gran escritor e non se arruga contra ninguén. Que o contido do articulo sexa razoable? pode ser, é unha opinión particular dél. Que houbo tempos que o catalán, o euskera e o galego non se falaban nas burguesías ou cidades? pois si que é verdade, o millor tamén hai que ver porque non se falaban.

Agora ben, que lle chame dialecto o noso idioma, iso si que non. É que nin se pode pensar que é unha opinión particular, xa que é algo incuestionable, está máis que demostrado que temos un idioma propio, que é común co castelan en que os dous proveñen do latín. Penso que é un tema de sobra coñecido, cando era pequeno aínda había quen che dicía aquilo de que viña derivado do castelán, pero hoxe en día non se lle pode permitir a Gala nin a ninguén.

Outra dúbida que teño, a min paréceme que quere decir que o catalán si é un idioma (fala de usar unha lengua paralela) e o galego non. Iso xa sería o colmo, como sempre os tercermundistas de España.

martes, 6 de enero de 2009

Día de Reis

Algúns hoxe levantaríanse e irían á árbore por ver se os famosos Reis Magos (ou majos, como me comentaban onte) lles deixaran algo. Outros xa nin se lembran diso, simplemente non lle fan caso, e outros, como eu, véñenlle os pequenos a despertar e non queda máis remedio que ir con eles, e ún alucina coas caras que poñen de incrédulos e alucinados.

Ley de vida, pasamos da ilusión de cando somos pequenos, a indiferencia cando temos unha certa idade e voltamos a ilusión cando temos cativos detrás e disfrutamos máis que eles.

Pero o certo é que por fin rematan estas festas. Si, por fin, non é que non me gostaran moito, pero é un ritmo descontrolado, xa non se sabe cando é festivo e cando non (no meu caso como non traballen dende o 23, pois aínda máis), os excesos son o de sempre, nada que non superamos antes de comenzalas festas. Hoxe aínda me queda recorrer as casa dalgúns parentes, por aquilo do intercambio de regalos entre primos e abuelos. En fin, que a partir de mañán voltamos a realidade, volta o curre (e a ver se sigue no mesmo sitio, que con isto da crise, un xa non está seguro de nada), tamén volveremos a xogar ó fútbol sala, que tamén o tíñamos apartado, e tentaremos coidarnos un pouquiño, polo menos ata que chegue o Carnaval.

Como tamén me comentaban onte, que si hoxe tocaba post da cabalgata e se desvelaría o nome das maxestades, como xa estou no seguinte capítulo de... "Dende Areas cara a Ponte" (jaja, este Thiago é a leche), pois algo terei que poñer.

A cabalgata era bastante especial, aparte das tres carrozas dos Reis Magos e unha do carteiro real, tamen desfilaban grupos de baile típicos, uns ataviados co traxe do baile de reis, varios moteros con motos espectaculares, xinetes a cabalo, furgóns cargados de caixas que simulaban regalos, rondallas, etc. A publicidade, como no, estaba moi presente, os furgóns eran de distintas empresas, os caramelos que repartían dun importante supermercado, coches (que non sei que pintaban) dun importante concesionario, en resumen, sempre hai que comercializar todo. Cerraba a comitiva o camión de bombeiros, o cal tiven ocasión de miralo traballar este sábado, o declararse un incendio nuha casa abandoada en plena Praza Maior.



Isto remátase, logo virán outras festas, o verán con todas as súas feiras e romerías o outono, e cando nos demos conta estaremos a celebrar o Nadal do 2010.

Un saúdo a todos e que os reis se portaran ben con todos vós

sábado, 3 de enero de 2009

Calendario 2009

O Concello de Ponteareas ven de publicar o calendario do ano 2009. A idea en si paréceme formidable, xa que nos mostra os principais monumentos ou lugares con máis repercusión da vila. Esta sería a portada do calendario:



Na portada vense seis lugares típicos de Ponteareas, como estes dous exemplos da natureza, a Pena do Equilibrio e a Pena dos Namorados, dos cales xa faláramos noutra ocasión e sacárelle unhas fotos.



O resto corresponden a Ponte romana de San Roque, o Castelo do Sobroso, que aínda que non está en Ponteareas (atópase no Concello de Mondariz) foi mercado polo concello xa fai uns anos, unha alfombra floral na festividade do Corphus, e o Castro de Troña, o cal teremos que dedicarlle unha reportaxe algún día destes.





Na contraportada vese unha fota aérea, onde se aprecia a vila de Ponteareas rodeada de montañas, o que se coñece como o val do Tea:



Nas follas interiores cada mes está dedicado a dúas parroquias, con algunha foto representativa delas, e datos sobre o número de habitantes e barrios. Outra peculiaridade é que fai mención a persoaxes ilustres no seu mes de nacimento.

Tentarei ir publicando cada mes o súa correspondente páxina.

jueves, 1 de enero de 2009

O Nadal e a nai que o pariu

En fin..., é posible que alguún lector crente se ofenda co que vou decir; pero polo menos na parroquia de areas cando unha tía queda preñada de alguén que non é o seu marido (por moi espírito santo que se faga chamar o interfecto), aínda que veña disfrazado de pomba e ó cornudo do seu marido lle de igual; polo "bajinis" e en "petit-comité" a catologarían de algo que non vou a nomear para non ferir sensibilidades.

Atolado mundo (e hipócrita) é este, onde os pais que se queixan de que os seus fillos estean obrigados na escola a ver a imaxe dun "hippie" torturado nunha cruz de madeira, sexan os mesmos que tódolos 25 de decembro bican no xeonllo ó protagonista da mesma imaxe 33 anos máis novo, namentras aceptan de bo grado o sorriso cómplice da súa beata sogra antes de comulgar.

Diante do "arbolito" dos collóns e do Belén (co boi, a vaca, o anxeliño pendurado do fío de seda, o cornudo, a parturenta, os patiños, o cagón de rigor e as súas graciosas maxestades); pómonos ata o cu de langostinos, turrón e anguriñas (que non son angulas, pero casi).

Esa é a parte boa; a mala é que o can se caga na cociña, as luces chispeantes do arbol xa non chispean tanto como o tío que vén de tomala cos amigos, a avoa alporízase porque os netos xa non lle dan tantos bicos como antes, a nai séntese acalorada de tanto cociñar e ó pai saíronlle as cores ó ver como o avó tamén se cagou na cociña.

Nesta época de tanto falso laicismo busquei algunha efemérides que poidésemos celebrar, pero inconscientemente tódalas que se me ocorren teñen que ver cun santo (bendita educación); namentras propoño celebrar nun futuro o día en que a "Rahîn", un mozo iraquí huerfano por culpa do petroleo, o deixen de apedrear por ser homosexual, levar o pelo longo e querer xogar coa "Play-Station".

Si, xa o sei..., saíume a miña vea cínica; pero afortunadamente tamén contamos con celebracións un tanto paganas como a das doce uvas, da cal eu tamén participo (sen recorrer á comodidade de "Cofrusa" que ata veñen sen pepitas) e que consiste básicamente en ver a cara de gilipollas que poñen os que te rodean, namentras van abastecendo os seus carrillos con aire moi trascendental a toque de campá.

Ás doce e un segundo (por mor das mareas) deste ano, logo de pornos roupa de gala, limpar a merda da cociña, confundirnos nas badaladas por culpa do carrillón e reducir drásticamente a vaixela dos domingos, saímos á rúa a tirar petardos e a celebrar os bos propósitos que decidimos realizar no flamante 2009.

De tódolos xeitos e a pesares do atragantón, viva o bico de despois, o abrazo ós amigos, a mancha de champán, os bailes descontrolados, o "polvo" que pensabas botar, o "polvo" que ó final botaches, os "arrumakos" espontaneos, as panxoliñas desafinadas, as risas sinceras, a luz do amencer ó saír do local onde estiveches lucindo a teu carísima vestimenta, a luz do amencer se saes en pelotas, "Rahîn" porque decidiu non cortarse o cabelo, este hipócrita tocapelotas e tódolos que coma min miran ó futuro con optimismo.

Desbordo de espírito navideño, así que (sen muérdago nin nada) quero darlle un bico: en primeiro lugar a Carlos por entenderme (aínda sen entender), a súa familia por entendelo, a ti que xa sabes por aquilo que non conto, ós visitantes deste blog (e ás visitantas tamén, jejeje), a tódolos que brindaron conmigo e ós reis magos porque bastante teñen co que teñen.

En serio.... que lle dean polo cu á crise, comprarvos unhas luceciñas novas para a árbore, e iros preparando para albisca-las primeiras luces do 2010 en pelotas, como teño pensado facer eu.