sábado, 24 de enero de 2009

Vai de cumpleanos a cousa

Pois si, este fin de semana vai de cumpleanos.
Fixo tres anos onte o 23, que a miña pequena, Ana, viña a este mundo máis ou menos polas 12 do mediodía, debe ser por iso que lle gusta tan pouco comer. Claro, é a ledicia da casa. Pero o martes 27 fará 14 anos que naceu, o xa non tan pequeno Carli. El fixoo de madrugada, ala polas tres da mañán, esperemos que non lle guste moito a noite. O de Carli, quedoulle para diferencialo do pai (non no físico, claro). Tamén segue sendo unha ledicia, bo estudiante e bo rapaz, pero xa empeza a ser grandiño, e a rebotarse un pouco. Como sala ó pai estamos apañados.



Pois nada que disfruten mentras poidan, a pequena que se vaia preparando para a escola, e o maior que siga preparándose, que aínda ten moito camiño que andar(porque estes pensan que xa o saben todo).



Ya me ten reprochado algún veciño que falo moito da familia (cousa que creo que non é certo), pero é a que teño e non cumplen anos todolos días. Así que este domingo soplarán as velas, e toca agardar a que vaian medrando, pero que non teñan presa.

15 comentarios:

Beni Lago dijo...

Hi,

Hoxe sí que che falo dende o outro lado da ponte, jejeje.

Sólo quería darlle as felicidades a tua filla e (aínda que anticipadas) a Carlos Jr.

Repite conmigo: ...Y que cuuuuumplan muuuuchos máaaaaas.

...Xa cho teño dito moitas veces, o tempo pasa que é unha maravilla.

Xa me dixeron que te miraron onte sacándolle unhas "afotos" a crecida do río; a ver con que novo post nos sorprendes.

Pena de non ter unha cámara a man, se non no meu próximo post (un día destes) podería falar de como tiven que retellar parte do tellado da casa por culpa do tremento temporal que tivemos, jejeje.

En fin, unha aperta para tí e para a tua Dona, e de novo moitas felicidades pola vosa progenie.

A mamala.

P.D. Non te atragantes coa tarta.

paideleo dijo...

Miras como son unha riqueza ?. Pois nada, parabéns aos dous e que siga a conta.

Lúa dijo...

sen presas, sen preocupacións, sen aturullos, sonche moi lindos, bicos e parabénsa prá eles!!!!

Meninheira dijo...

Moitísimas felicidades!! Son moi guapos os dous eh? véxote en nada coa escopeta espantando os moscóns da meniña :)

Un biquiño :)

Carlos Sousa dijo...

Home Beni, así que andiveches de retellador, quen te había de ver. O peor é que eu tiven que andar o sábado e hoxe no tellado do cuberto a retellar tamén. Xa ves.
As fotos da crecida do río non son moi boas, non creceu tanto desta volta.

Pois si Paideleo, máis cunha riqueza, como ti dis, un así non se pode chamar pobre.

Lúa, dareille os bicos, a pequena é moi besucona, o grande como comprenderás xa hai que roubarllos.

Meninheira, nunca me gustou a caza ne nada que tivese que ver con escopetas, ata o tiro pichón era malísimo, pero terei que ir mercando unha, por se as moscas (ou millor dito moscóns).

Gracias polas felicitacións.

Thiago dijo...

jaaj tus hijos son una monada, cari... a quién salieron? supongo que a su madre, o a beni o a mismo, jajaja Bueno, la gracia es tuya, jaja Tu chaval va a ser un bombón ( y no lo digo desde mi punto de vista gay) pero es guapisimo. La niña tb. pero aun es mas pequeñita, jajaja.

Muchas felicidades a todos y bezos.

vintxuca dijo...

Claro que si, a celebralo que non se cumpren anos todos os días, tes dous pequenos ben lindos, a verdade...
Espero que disfruten soprando as velas, a miña nai sempre conta que eu non quería soplalas por medo a que "se me acababa o aire", que ideas...

Así que, felicidades!!!!!!! e a comer tarta de cumpreanos que é a que mellor sabe.

paidovento dijo...

Pois nada, moitos parabéns para os dous e a disfrutar deles, que logo escapan. O meu maior tamén estivo de aniversario neste mes.
Un saúdo.

Cuspedepita dijo...

Así que tamén tes unha parelliña? E tamén pensastes abondo o de ir polo segundo ;-)
Parabéns para os dous !
E non te queixes, que se con 14 aínda está empezando "a rebotarse un pouco", creo que tedes MOITA SORTE ;-)
Apertas

Raposo dijo...

Pois parabens os dous e a desfrutar, que non se cumpre anos tódolos días.

LM dijo...

di que sim! nom se fazem anos todos os dias!parabens!
beijos

Thiago dijo...

Cari, tb a Beni le han dedicado un post, eh...! Claro que el no hace otro de agradecimiento, pero sin embargo nos amenaza con abrir el suyo...¡ese si qeu nos va a sacar lectores! jajaj

Bezos

Thiago dijo...

Beni? jaja te gustaron mis post asi en plan morriñoso, entonces? jaaj

Bezos

Carlos Sousa dijo...

Thiago: Da nai pode ser que teñan algo, do que estou seguro é que non saen a Beni, xa me fastidiaría un pouquiño. Decir que teño fotos de pequeno en que me parezo a eles, espero que non perdan tanto como perdín eu, jeje.

Vintxuca: Uff! o da tarta, a pequena non as soplou porque lle tiña medo e Carli non quixo porque dí que xa é maior. Tivemos que comela tarta sen o repertorio das velas e sen canción. Estaba de vicio.

Paidovento: Parabéns ó teu maior, aínda que sexa con retraso, e que non nos escapen moi cedo.

Cuspedepita: Pois si que o pensamos, cando xa tes un medio críado, volta a comenzar cos pañais e demáis historias e volta a apreder.

Raposo: non, non se fan todolos días, ós rapaces da gusto que cumplan, pero os máis grandiños xa podíamos ir cumplindo menos.

LM: O mesmo che digo, e gracias por pasarte por este lado da ponte.

Zeltia dijo...

non me extrañes que fales da familia, tes uns fillos coma pra presumir deles!