martes, 6 de enero de 2009

Día de Reis

Algúns hoxe levantaríanse e irían á árbore por ver se os famosos Reis Magos (ou majos, como me comentaban onte) lles deixaran algo. Outros xa nin se lembran diso, simplemente non lle fan caso, e outros, como eu, véñenlle os pequenos a despertar e non queda máis remedio que ir con eles, e ún alucina coas caras que poñen de incrédulos e alucinados.

Ley de vida, pasamos da ilusión de cando somos pequenos, a indiferencia cando temos unha certa idade e voltamos a ilusión cando temos cativos detrás e disfrutamos máis que eles.

Pero o certo é que por fin rematan estas festas. Si, por fin, non é que non me gostaran moito, pero é un ritmo descontrolado, xa non se sabe cando é festivo e cando non (no meu caso como non traballen dende o 23, pois aínda máis), os excesos son o de sempre, nada que non superamos antes de comenzalas festas. Hoxe aínda me queda recorrer as casa dalgúns parentes, por aquilo do intercambio de regalos entre primos e abuelos. En fin, que a partir de mañán voltamos a realidade, volta o curre (e a ver se sigue no mesmo sitio, que con isto da crise, un xa non está seguro de nada), tamén volveremos a xogar ó fútbol sala, que tamén o tíñamos apartado, e tentaremos coidarnos un pouquiño, polo menos ata que chegue o Carnaval.

Como tamén me comentaban onte, que si hoxe tocaba post da cabalgata e se desvelaría o nome das maxestades, como xa estou no seguinte capítulo de... "Dende Areas cara a Ponte" (jaja, este Thiago é a leche), pois algo terei que poñer.

A cabalgata era bastante especial, aparte das tres carrozas dos Reis Magos e unha do carteiro real, tamen desfilaban grupos de baile típicos, uns ataviados co traxe do baile de reis, varios moteros con motos espectaculares, xinetes a cabalo, furgóns cargados de caixas que simulaban regalos, rondallas, etc. A publicidade, como no, estaba moi presente, os furgóns eran de distintas empresas, os caramelos que repartían dun importante supermercado, coches (que non sei que pintaban) dun importante concesionario, en resumen, sempre hai que comercializar todo. Cerraba a comitiva o camión de bombeiros, o cal tiven ocasión de miralo traballar este sábado, o declararse un incendio nuha casa abandoada en plena Praza Maior.



Isto remátase, logo virán outras festas, o verán con todas as súas feiras e romerías o outono, e cando nos demos conta estaremos a celebrar o Nadal do 2010.

Un saúdo a todos e que os reis se portaran ben con todos vós

7 comentarios:

Thiago dijo...

jaja cari, gracias por tu cariñosa mención, espero que digas que soy a "leite dunha vaca de raza marela galega" jajaja.

Es que yo esperaba que tu o el Beni que sois tan colaboradores de la parroquis fuerais de reyes, ademas que en todas las ciudades grandes hace de reyes futbolistas y como vosotros jugais al futbolin jajajajajajajaa.

Bueno, bezos, perdona por la coña, pero es que hoy es un dia de festa y alegría y caxondeo, jaja

paideleo dijo...

Tamén eu falei da cabalgata por Vilaguindastre que non foi tan boa coma a vosa polo que parece.
O millor do Nadal: a cara dos pequenos. Tés razón.

Thiago dijo...

La cabalgata de Madrid fue distinta y tenía un algo de neomodernista, nuse, algo raro pero quedaba chulo, jaja

Bezos.

Máis pedras dijo...

Se alguen mira os reis magos ou majos eses por ahí, indo de volta para oriente, que lle digan que eu ainda estou esperando o meu regalo, ou un regalo calquera que lles sobrara. Será verdade que non existen e que son os pais???? , non non pode ser, os pais son dous e os reis tres.

paidovento dijo...

Pois a ilusión dos reis quiteilla ao meu fillo maior, que aínda cría neles. Ao día seguinte collino a soas e expliqueillo (logo vai cumprir once anos, así que xa está ben). Menos mal que a pequena aínda cre.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois si, foise o Nadal, os Reis e mailo seu séquito (incluido o coche de bombeiros de Ponteareas); pero non vos preocupedes, que de seguido xa chega o Entroido. Ide desalando os lacóns, cachuchas e preparando os chourizos...

Joder, madia levamos a coller quilos!!!

Thiago dijo...

Bueno, Carlos te disculpo porque dices que stas muy ocupado, supongo que eso es buena señal y que empiezas el año con mucho curro ... aunque hoy esperaba la segunda parte de la cabalgata, jaaja Pero y el mangante de el Beni? que se foi del? onde se mete que nin con wifi nin sen el, jaaja dille ao mamarraxo que faga algo,non? jaja Dios que mal falo galego.. Hoxe chamalle "dialecto" Gala no "El Mundo" ao galego. ¡cajo a nai que lle fixo, jaaja

Bezos