jueves, 1 de enero de 2009

O Nadal e a nai que o pariu

En fin..., é posible que alguún lector crente se ofenda co que vou decir; pero polo menos na parroquia de areas cando unha tía queda preñada de alguén que non é o seu marido (por moi espírito santo que se faga chamar o interfecto), aínda que veña disfrazado de pomba e ó cornudo do seu marido lle de igual; polo "bajinis" e en "petit-comité" a catologarían de algo que non vou a nomear para non ferir sensibilidades.

Atolado mundo (e hipócrita) é este, onde os pais que se queixan de que os seus fillos estean obrigados na escola a ver a imaxe dun "hippie" torturado nunha cruz de madeira, sexan os mesmos que tódolos 25 de decembro bican no xeonllo ó protagonista da mesma imaxe 33 anos máis novo, namentras aceptan de bo grado o sorriso cómplice da súa beata sogra antes de comulgar.

Diante do "arbolito" dos collóns e do Belén (co boi, a vaca, o anxeliño pendurado do fío de seda, o cornudo, a parturenta, os patiños, o cagón de rigor e as súas graciosas maxestades); pómonos ata o cu de langostinos, turrón e anguriñas (que non son angulas, pero casi).

Esa é a parte boa; a mala é que o can se caga na cociña, as luces chispeantes do arbol xa non chispean tanto como o tío que vén de tomala cos amigos, a avoa alporízase porque os netos xa non lle dan tantos bicos como antes, a nai séntese acalorada de tanto cociñar e ó pai saíronlle as cores ó ver como o avó tamén se cagou na cociña.

Nesta época de tanto falso laicismo busquei algunha efemérides que poidésemos celebrar, pero inconscientemente tódalas que se me ocorren teñen que ver cun santo (bendita educación); namentras propoño celebrar nun futuro o día en que a "Rahîn", un mozo iraquí huerfano por culpa do petroleo, o deixen de apedrear por ser homosexual, levar o pelo longo e querer xogar coa "Play-Station".

Si, xa o sei..., saíume a miña vea cínica; pero afortunadamente tamén contamos con celebracións un tanto paganas como a das doce uvas, da cal eu tamén participo (sen recorrer á comodidade de "Cofrusa" que ata veñen sen pepitas) e que consiste básicamente en ver a cara de gilipollas que poñen os que te rodean, namentras van abastecendo os seus carrillos con aire moi trascendental a toque de campá.

Ás doce e un segundo (por mor das mareas) deste ano, logo de pornos roupa de gala, limpar a merda da cociña, confundirnos nas badaladas por culpa do carrillón e reducir drásticamente a vaixela dos domingos, saímos á rúa a tirar petardos e a celebrar os bos propósitos que decidimos realizar no flamante 2009.

De tódolos xeitos e a pesares do atragantón, viva o bico de despois, o abrazo ós amigos, a mancha de champán, os bailes descontrolados, o "polvo" que pensabas botar, o "polvo" que ó final botaches, os "arrumakos" espontaneos, as panxoliñas desafinadas, as risas sinceras, a luz do amencer ó saír do local onde estiveches lucindo a teu carísima vestimenta, a luz do amencer se saes en pelotas, "Rahîn" porque decidiu non cortarse o cabelo, este hipócrita tocapelotas e tódolos que coma min miran ó futuro con optimismo.

Desbordo de espírito navideño, así que (sen muérdago nin nada) quero darlle un bico: en primeiro lugar a Carlos por entenderme (aínda sen entender), a súa familia por entendelo, a ti que xa sabes por aquilo que non conto, ós visitantes deste blog (e ás visitantas tamén, jejeje), a tódolos que brindaron conmigo e ós reis magos porque bastante teñen co que teñen.

En serio.... que lle dean polo cu á crise, comprarvos unhas luceciñas novas para a árbore, e iros preparando para albisca-las primeiras luces do 2010 en pelotas, como teño pensado facer eu.

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Oiches Carlos; dille ó Beni cando desperte de todo que non é preciso que nos conte bolas do tipo de "o polvo que ó final botaches". O carallo vintenove oh; que o día de fin de ano co único que te mollas é co champán a regacincha. Moito bico e moita landaina (mucho lerele y poco larala, que din os andaluces); pero do resto ná de ná.

Ala, a repoñer forzas con tranquilidade que mañán xa é San Venres outra vez!

Thiago dijo...

Bueno, cari, retiro lo dicho en el post anterior de que no te hacias con el wifi, jajaja Ya veo que lo has cogido "polos collons"....

La verdad es que tienes razón esas fiesas se han quedado en comer y comer, cuando ahora ya no tiene sentido pq ahora come bien todo el mundo todo el año. Y celebrar las fiestas religiosas comiendo no deja de ser una burla

Ahora que los curitas han inventado la expresión "Cristófobicos" yo me he hecho cristofóbicos. Hay que ver que manera mas torpe de dejar una religión y un mensaje el tio, y ni siquiera se casó (asi que lo de la familia tradicional me río yo). En fin un liante, con tanta parabola y tanta polla. ¡Que dejara las cosas claras, como se dice de las herencias! jajaj

y tienes razon que al final esas fiesas son lo peor para las madres que no paran de trabajarl

Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Me parece que os dous tedes razón, e Thiago deu no cravo; comer e comer.

E me parece que Chousa tamén. Hoxe como é San Venres, preguntarenlle a Beni, si xa despertou de todo, e si foi verdade todo o que contou. Moito lerele e pouco larala, jaja.

Anónimo dijo...

Estimado Bienvenido "Beni", estoy totalmente de acuerdo con tu comentario, aúnque no fuera a las horas pertinentes. Parece ser que venías cabreado, y parece ser que la noche no resultó como tu querías.

Gracias por pensar en la familia de Carlos, a pesar de todo, que no lo entendemos, pero nos resignamos.

Espero que la noche de Reyes te sea más agradable.

Kike dijo...

la verdad es que en estas fiestas paganas, tenemos claro algo que suena en aluna cancion LA NAVIDAD LA INVENTO EL CORTE INGLES pero todos como corderitos nos vamos de tiendas a gastar los poco euritos que con trabajo ganamos para asi demostrar a la familia y amigos que tenemos lo mejor pura merda, y ahora despues de las festas do nadal lo que queda son deudas que pagar y a eso le llamamos feliz navidad y prospero año nuevo, de todas formas yo las celebro por que el resto de mi familia asi lo quiere.