martes, 31 de marzo de 2009

31 de Marzo

Hoxe é 31 de Marzo. Nun principio non deixa de ser un día normal, fin de mes e vispera do 1º de Abril, que como se adoita dicir "van os burros onde non deben ir", ou sexa coidadiño coas bromas. Pero aparte disto nesta data ó longo da historia sucederon algúns acontecimentos que vos paso a relatar:

1889 Inauguración da Torre Eiffel en París.

1948 Aprobación en Estados Unidos do chamado Plan Marshall.

1970 Despóis de 12 años, o satélite Explorer 1 entra na atmósfera terrestre.

1989 O Comité Central da OLP proclama a Yasir Arafat presidente de Palestina por unanimidade.

1991 Disolución do Pacto de Varsovia.

1992 Boris Yeltsin firma en Moscú o Tratado da Federación con 18 repúblicas rusas.


En canto a nacementos, estes son algúns casos dos que viñeron ó mundo nesa data:

1596 René Descartes, matemático francés.

1675 Papa Benedicto XIV

1948 Al Gore, vicepresidente de los EE.UU.


Se algo me chocou desta búsqueda, foron dous datos; o primeiro que o 31 de Marzo de 1969 remataba a "polémica" lúa de mel de Yoko Ono e John Lennon, que como motivo de protesta contra a guerra de Vietnan, e aproveitando o seu tirón mediático, estiveron unha semana nun hotel de Amsterdam, sin saír da habitación e rodeados de fotógrafos que acudían en masa a inmortalizar a causa.

O segundo caso, foi que ningunha páxina ou medio fai referencia a que o 31 de Marzo de 1969 víu a este mundo un servidor, ou sexa Carlos Sousa. E para que quede constancia deixo aquí unha fotiños de hai uns poucos de anos:

Esta primeira para que me vexades tal cual vin, a boneca sen comentarios,



Esta foi de cando me bautizaron, según me contaron foi nunha igrexia sin santos. De aí debe vir a miña tremenda devoción.



Nun parque co meu caldeiriño e a miña pala, que tempos,



E este sábado xogando o partido, que por certo gañamos (a veces pasa iso), dubo ser a última que me sacaron pertencendo aínda ó grupo dos trintañeros, agora seica xa formo parte dos cuarentóns:



Que lle vamos facer, eu síntome ben, agora terei que poñerme a meta de seguir xogando ata chegar ós cincuenta. Será posible? Miñas dúbidas teño.

domingo, 22 de marzo de 2009

Pontes de paso 13 - Ponte de San Roque ou dos Remedios

Xa facía tempo que tíñamos aparcada a un lado a sección de pontes de paso. Con motivo da ponte de San Xosé, que fixo que tivera catro días libres, aproveitamos para dar unhas voltas e tirar unhas fotos por aí. Sobre todo centrámonos nas pontes, praias e paraxes que temos a beira do río Tea.

E claro, xa estábamos tardando en falar da ponte que inspirou a Beni en darlle nome o noso blog. Daquela pensou como título algo así como "Dende Areas para o mundo", pero por non parecer cursi ou repetitivo, quedou en "Dende Areas cara a Ponte" por aquilo de que falábamos dende a nosa parroquia para o resto e esta ponte é a que unía antigamente (moi antigamente) Areas con Ponteareas.

Esta ponte ten tamén unha praia fluvial que foi degradándose co tempo, agora luce un letreiro que dí que a auga non é apta para o baño. A xente síguese bañando, en menos cantidade pero aínda o fai, supoño que o cartel será máis por prevención que por ameaza en sí. A auga tampouco se ve tan revolta.

Como nota negativa (parece que sempre lle estou a buscar o lado malo as cousas), está o pedazo de muro de hormigón que contruíron nunha beira do río. Sempre o acordo así, esta obra dubo facerse na década dos 60 ou 70. Supoño que sería aproveitandose das influencias co poder, un empresario da zona construíu un restaurante-baile "El otro mundo del Tea" (máis coñecido como o baile do Rato), e fixo un relleno na mesma beira, onde ubicou semexante mole, sen que daquela lle dixeran nada.



Cando era pequeno, aparte de ir a bañarme alí de vez en cando, recordo cando se celébraba a festividade de San Roque e celebraban distintos xogos ou cucañas. Adoitaba rematar nesta ponte o descenso en piragua do río Tea, pero sobre todo o que máis expectación tiña era o "pau de sebo". Isto consistía nun pau de varios metros de longo por riba do río e untado de sebo. O que chegara ó final era o gañador. Os batacazos eran garantidos e as risas seguras. Tamén facían unha fogueira grande no medio do río o día de San Xoan.

Según me enterei esta ponte anda cercana ós mil anos, e non tivo que sufrir enchentes nin nada. Nun inverno tan complicado como este, non medrou tanto, o máximo dubo ser o que mostra a seguinte foto:



Nada comparado cos enchentes que había antes. Proba disto é esta foto que topei no baúl dos recordos:

lunes, 16 de marzo de 2009

Usa protector solar

Hoxe vaime dar por cambiar un pouco o tema. Un amigo comentoume que lle votase un vistazo a este video, e como ben mandado fíxenno. Pareceume espléndido, por non dicir marabilloso. Vale para reflexionar e recapacitar, e o millor ata para que vivísemos a vida máis relaxada e tranquila (o mundo non se acaba aquí).

So vos pediría que escoitarades a canción, vale a pena.



Everybodiy´s free (To wear sunscreen) de Baz Luhrman (Moulin rouge)

viernes, 13 de marzo de 2009

Dobre moral

Estes días é tema de actualidade entre a xente de Areas o conflicto que teñen algúns veciños coa empresa Ganomagoga. Xa saíu na prensa e na TV Galega. O tema é o seguinte:

Esta empresa de calderería industrial, que é a que fabrica eses eólicos tan feos que se miran nos montes galegos, instalouse en Areas en 1989 en dúas naves que xa existían. Co aumento da producción, ampliaron as instalacións construíndo outras dúas "meganaves" alá polo 2002. Está situada a beira da N-120, unha zona que se ben non é un polígono industrial en sí, é onde se ubican gran parte das empresas que temos en Areas.

O tira e afloxa, trátase da contaminación acústica, que según "algúns" veciños produce. Ante a gran demanda de traballo que ten, esta funciona a tres turnos, sendo o de noite o máis conflictivo. Din que non lles permitir durmir ou descansar como lle tería que corresponder a calquera persoa. A solución, supoño que sería unha insonorización correcta nas zonas de traballo onde realizan máis ruido.

Reitero o de "algúns", porque falando por aquí, moitos din que non é tan molesto. Os afectados non están de acordo con esa solución e solicitán o derribo das dúas naves que orixinan os problemas, naves que por certo non están legais o cen por cen.

Conclusión, ata aí todo correcto, os veciños esixindo durmir tranquilos e o empresario loitando para seguir producindo na zona (se ben ten que legalizar o que lle falta). Pero hai outro problema, este para min un pouco máis doloroso:

Poderíamos falar dunha dobre moral. Os que máis protestan foron os causantes de que esta empresa estea funcionando en Areas, eles foron os que lle venderon os terrenos para facer a ampliación, e como se adoita dicir non os venderon por catro pesos, abriron a boca e pediron o que lles deu a gana, sabendo da súa producción e forma de traballo.

Nos tempos que corren, logo de pechar grandes empresas aquí, como Avigán e outras con grandes problemas para subsistir, so faltaría que pechara Ganomagoga que da traballo a unha pouca de xente.

Paréceme triste que alguén primeiro se enriqueza por un motivo e logo se queixe das consecuencias.

ACTUALIZACIÓN


Cambiei a foto da cabeceira por esta que lle collín o meu amigo Brabido, veciño meu de aquí de Areas, que comenzou este mes cun blog. A raíz das discrepancias que xeraron este post, él tamén puxo un no seu. Se queredes, entrade e comparade. Calquera das dúas versións poden ser creíbles, aínda que a miña opinión ía por outro lado. A todo isto, ánimo Brabido, que isto é como o comer e o rascar. Ó empezar custa parar.

miércoles, 11 de marzo de 2009

Unha vez lin un libro



Gañei un concurso!! Onte estiven para botar unhas bombas de catro estralos para celebralo, a ocasión merecíao visto a sorte que teño eu para os sorteos e concursos.

Entre os blogs coñecidos que sigo, está o de Thiago, igual vos soa xa que non deixa un post sen comentarme, é sempre cun toquiño de gracia. Este galego residente en Madrid, no seu blog, toca todolos temas posibles e ten ocurrencias que so a él se lle poden ocurrir (para min que ata debe durmir co portátil, senón non me explico de onde saca o tempo).

Unha das seccións que ten é o concurso "Yo una vez leí un libro". Consiste en poñer un pequeno texto do libro e a ver quen é capáz de adiviñalo, cada dúas horas vai actualizando con pistas sobre o escritor. Cheguei un pouco tarde ó concurso, pero como aínda non o acertara ninguén, provei a copiar o texto e pegalo en Google, como fai a maioría dos participantes. Claro, nada de nada. Sen embargo copiei so un anaquiño do texto e pegueino e... Eureka! Alí saíu "Belver Yin de Jesús Ferrero"

Teño que recoñecer que non o coñezo de nada, ni a él nin a súa obra, pero aínda que fixese trampas, xa teño o meu carné de lector. (Eh! Lúa, eu tamén xa o teño)

domingo, 8 de marzo de 2009

Fai máis ou menos un ano

Se vedes no arquivo deste blog, veredes que foi aberto no 2006. Foi un pequeno experimento, que me creou Beni (todo un experto na informática) para que falase do noso equipo o Areas Fútbol Sala. Claro o invento viume grande e en dúas ou tres semanas deixenno de lado.

Foi precisamente o 6 de marzo de fai un ano, cando decidimos retomalo agora a medias entre os dous e tentar que tivera continuidade. Acordamos seguir falando algo do fútbol sala, pero sobre todo centrarnos en actividades e sitios na nosa parroquia Areas, e do noso Concello Ponteareas, pero sen deixar de publicar calquera cousa que nos parecese ocurrente ou orixinal. E niso estamos nestes momentos.

En total foron 170 post que deron para moito, dende aquel primeiro que publicara Beni, sobre o conxuro da queimada, que escomenzaba así:

"Como se pode adiviñar polo escudo do "Areas Fútbol Sala" somos bastante aficionados a farra, e sobra decir que soemos facer de cando en vez algunha cea; o que me trae a memoria "a queimada", a bebida alcohólica típica de Galicia para despois dunha boa comida quecer a gorxa. Moi pouca xente sabe o conxuro, así que me parece boa idea transcribilo:

MOUCHOS, CORUXAS,
SAPOS E BRUXAS
DEMOS, TRASNOS E DIAÑOS
ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS...
"

Pasando por aquelas famosas pontes de paso, tamén da súa creación, que ían tanto de unha ponte enxebre, perigosa, ou tolerante, ata unha ponte de pracer, esta última xerou boas risas.

Intentamos non deixar de plasmar os actos que pasaban na parroquia como festas, feiras, papatorias, etc. e penso que máis ou menos o logramos, aínda que nos quedan moitas cousas pendentes, que xa irán caíndo. Así tamén nos aseguramos a continuidade durante (espero) polo menos un aniño máis.

Que me deixa de ledicia este invento? Pois todo positivo, por un lado descubrir esta pequena vena periodística que tiña escondida e que me leva a mostrar o que me interesa, por outro poder coñecer as opinións doutras xentes que tamén usan os seus blogs para o mesmo, e sobre todo saber que alguén te le e lle interesa o que fas.

Teño algo que agradecer? Pois claro, a Beni por suposto, sei que non lle gusta que lle boten flores, pero gracias a él isto existe, el segue empeñado en que este blog sexa soamente meu, pero para min segue pertencendo ós dous, e sei que vai seguir colaborando conmigo. Pero se teño que agradecer a alguén, sobre todo é ós que me ledes e comentades, sen vos o millor xa estaría aburrido.

Neste ano, collín a costumbre de andar coa miña cámara enriba e estar atento a calquera situación que poidera plasmar, deixovos aquí algunhas fotos que temos publicado e me gustaron especialmente.





lunes, 2 de marzo de 2009

Días primaveráis

Despóis de un inverno crudo e duro, onde tivemos de todo:



xíadas,



néboas, que aquí abondan bastante,



saraiba,



choivas que fixeron medrar os ríos,



e ata neve que aquí é moi difícil de ver;

Pois despóis de todo iso, parece que está a millorar o tempo e xa a temos aqui a primaveira:











As fotos das flores son do xardín do Concello menos a das mimosas, que están por todolos lados a beira das estradas.

Por desgraza dende onte volveuse a nublar, que non sexa eternamente.

domingo, 1 de marzo de 2009

Sorteo das rosquillas e licor café

Por fin din feito o sorteo do trasteo galego. Foi cun día de retraso, xa que os sábados non teño moito tempo de andar no ordenador. Entre que se durme un pouquiño máis, que algo hai que facer na casa sobre todo con estes días de sol, que houbo que reflexionar un pouco, que escoiten a Chousa na radio de Cornellá, que logo fun xogar (como case sempre perdemos) e que despóis fomos tomar algo, póis acabouseme o sábado e metidos no domingo deixenno para agora ó mediodía.

Fixen un pequeno vídeo caseiro, tedes que perder un minutiño para ver quen foi o afortunado que se levará as rosquillas e o licor café. Como podedes apreciar o video é toda unha obra de arte,jeje.

Xa me porei en contacto co ganador. Ós que non ganaron se algun día pasan por Ponteareas e me avisan non teño inconveniente en invitalo.

Grazas por participar.