sábado, 30 de agosto de 2008

Noite de raios

Vaia tormentiña tivemos esta noite pasada. Púxenme na ventana a contemplala e alustraba por todalas esquinas, segundo os telexornais, caíron máis de dez mil raios en Galicia.

Viume a mente o raio que caíu hai mes e medio na nosa parroquia, e que nos fundiu o sistema de Internet gratuito que tíñamos

Como daquela fixéramos uns cálculos do tempo que tardarían en arránxalo, decir que o primeiro que fallou no seu pronóstico foi Beni, que lle botou quince días (claro, como é o que máis depende da rede, botoulle polo baixo), logo veño eu que dixen dous ou tres meses (me parece que tamén me vou a quedar corto) e esperemos que non acerte Manolo que dixo sobre tres ou catro anos.

A foto pedinlla prestada a Carmen, que ten un blog cunhas fotografías preciosas, si non o conocedes botarlle un vistazo, vale a pena.

jueves, 28 de agosto de 2008

Foto entrañable

O outro día, na xa máis que "nomeada" festa, coincidiume tomar esta foto. Nun principio saqueina porque sí, para encher un pouco, pero o vela con máis calma, imaxínome a vida de todolos vendedores ambulantes, sempre de feira en feira, de festa en festa, traballando festivos, e o millor para voltar para a casa coas máns valeiras.

Menos mal que ainda nos queda esa xentiña, que para sair da rutina caseira e gañar catro patacos, percorre as festas con moita ilusión, as veces levando a familia como neste caso. Penso que é unha vida un pouco dura, pero para mín, a foto expresa todo o contrario, un cariño mutuo entre avoa e neta.

E fixádevos ben o que vende, "Sandías fashion", moi moderna, sí señor.

martes, 26 de agosto de 2008

Comer e beber, que bonito é.

Todo un exito, a millor festa gastronómica que temos en Areas (como dixo Beni), foi todo un exito. O día axudou bastante, non facía un calor sofocante, o cal era de agradecer porque si non ver quen paraba debaixo da carpa.

A organización vai millorando ano tras ano, aparentaba iso, unha organización (digo isto porque eu coñezo a xente de Areas, e é un pouco raro que cada un se limite o seu traballo sin meter as narices no dos demáis) Tiveron a cousa controlada, as colas a hora punta son inevitables, polo menos son algo máis levadeiras.

Para evitar esas colas, este ano aumentaron a parrila de asar a 21 metros, as 7 da mañán xa estaban alí plantandolle lume a leña de carballo, para poder ter brasas para eses 21 m. O importante era comer e beber, prova diso son as 2.200 racións de pitos, 1.000 botellas de viño tinto, 1.400 botellas de blanco, e a saber os litros de caña e de cafés,todo isto según a comisión agotouse todo, como tiña que ser.



Houbo actuacións de grupos de gaitas, logo chegou a lectura do pregón a cargo de Xoan Xosé Pérez Labaca, "divulgador (isto non sei moi ben que quere decir) e escritor", despois discursos de políticos e a charanga animando a comilona.

En xeral estivo ben, ata a próxima festa do pito seguirá sendo a millor festa gastronómica da Parroquia...
Para rematar, aqui vos deixo un montaxe coas fotos que tomei nese día, a música é de Luar na Lubre, e titúlase Ronsel.

jueves, 21 de agosto de 2008

¿Que é o que hai que humanizar?

Hoxe en día está de moda o que lle chaman humanizar as rúas do casco úrbano das vilas, eu recoñezo que é unha boa idea, aquí en Ponteareas, xa o fixeron con varias; unhas quedaron millor que outras. Con respecto as primeiras, pecaron un pouco de novatos, pero como dos erros tamén se aprende, tiveron que volver a levantar o pavimento, e cambialo polo adecuado, algo máis axeitado para unha rúa "peonil" (algún coche ainda se cola).
A Praza Maior, tamén chamada do cabezón (iso que o busto do "cabezudo" xa o retiraron hai catro anos) reformáronna haberá un ano, para o meu gusto quedou bastante ben, o millor un pouco modernista, con luces de colores no chan e farolas un pouco rarotas, pero polo menos dá un sensación de amplitude que antes non tiña.



Pois o que ía... o outro día atopábame paseando por unha desas rúas, dous xardineiros do Concello estaban poñendo unhas flores nas xardineiras que alí se atopan e acercouselle unha muller moi periposta ela, e dicelles:

-Así me gusta, que bonitas las flores, lástima en la Plaza que tengais el césped tan abandonado, había que regarlo más a menudo.

O xardineiro con moita calma contestalle:

-Régase tódolos días, ten rego automático, si a xente non o pisara e tuvera máis coidado xa vería como estaba máis bonito.

-¿Y por qué no ponen un guardia a vigilar?

-Señora, eu sou xardiñeiro, vaia vostede o Concello a reclamar.

E a muller marchou caladiña, seguramente polo Concello non pasou, xa sería o colmo que houbese que poñer un guardia para vixiar de pisar o céspade.
E a verdade é esa, o de que o pisen os nenos pequenos ata un punto é normal, os pais deberían de proivirllo, o que xa non é normal que xente maior cruce polo medio do céspede sin problema.

E eu preguntome, antes de humanizar as rúas, ¿non habería que humanizar primeiro a xente?

Esta foto é unha pequena mostra:

martes, 19 de agosto de 2008

Fin de Festas

Xa nos remataron as festas do 15 de Agosto, despois de un fin de semana largo e intenso, voltamos a rutina, bueno ainda nos queda pendente a festa do pito a brasa , entón si que poderemos dicir que rematou de verdade, e haberá que votar unha temporadiña a coidarse un pouco.

Para Beni e para mín, as festas xa nos comenzaron o mércores, pois trasladamos a nosa tertulia a casa do "noso amigo Manolo", que nos convidou a unhas tapiñas de xamón, queixo e pementos de piquillo; e como bó anfitrión non se quedou corto, da bebida mellor nin falar, os "refrescos" estaban de vicio. Tamén estiveron Suso máis o seu fillo, os típicos turistas madrileños que pasan os agostos en Galicia cós familiares, pasamos un rato agradable, lareando e lercheando un pouco (por qué non decilo), a sobremesa rematámola con unha partida de tute, como ten que ser, pobre Beni e Manolo, vaia tunda levaron.



O día 15 ó mediodía no torreiro da Igrexa, o de sempre, a xente toda emperifollada, a procesión cos nenos da comunión, a banda de música có seu concerto e o grupo de gaitas e baile, polo menos isto segue igual. O que tampouco cambia é a "capilla" da Casa Cultural, pois ahí si que corren vermús e cervexas, todo é ledicia nese día, a comida na casa dos pais, os fillos e sobriños coas súas discusións correpondentes, un descansiño pola tarde para ver a Nadal, e a noite a verbena (ainda que solo fora para decir que estiven). No fondo como diría Julio Iglesias "La vida sigue igual".

Esperemos que para o ano siga sendo así, unha festa de aldea, para os da aldea e achegados.

As fotos son da tertulia, da festa non puiden tomar ningunha.

jueves, 14 de agosto de 2008

Festa do 15 de Agosto


Xa vamos a entrar na segunda quincena de Agosto, sabemos que o pasar o día 15, o verán casi que vai rematando, pero o 15 na parroquia de Areas é o día da festa patronal, na honra da Asunción da Virxe María, unhas festas que posiblemente van indo a menos có paso dos anos, ou polo menos iso é unha impresión miña.

Cando éramos máis pequenos, esperabamos ese día con gran impaciencia, era o día (xunto có Natal) de estrear algunha peza de roupa, e ir todos chulitos a Misa de 12, despois xantar coa familia onde sempre viña alguén de fora, pola tarde íamos o partido de fútbol, onde nunca faltaba a Banda de Música que antes de escomenzar o partido e no descanso, amenizaba a tarde coas súas pezas. Logo a noite, a verbena, para mín as orquestas dabanme igual (ainda me siguen dando), o importante era pásalo ben.

Recórdome as diferente formas de actúar segun a idade; estaba a xente xa máis maior (da chamada terceira idade), adoitaban sentarse no muro, e non perder detalle do que alí acontecía. Despois os matrimonios bailando os seus pasodobres e rancheras, sempre e cando non tivesen unha filla adolescente, entón disimulaban pero dedicábanse a vixíala, non fora ser o caso... Despois os adolescentes, as rapazas en grupos bailando, e os rapaces dando voltas polo medio da festa, enchendo o peito, a ver cando chegaba a música romántica para pedirlles un baile, e apretarse un pouquiño. E faltabamos os máis pequenos, sempre a correr polo medio e de paso a estorbar as parexas, se tiñas a sorte de ter unha irmán maior, e a pillabas con algún rapaz, sempre podías chantaxeala un pouco, malicia que tiñamos algúns.Según íamos medrando, fomos pasando un pouco da festa, preferíamos marchar a praia ou a outros lados.

Agora doume conta que teñen que seguir estas festas de aldea, para moita xente é unha ilusión, e para a comisión un traballo de coidado, xa que sexa millor ou peor, eles fanno con todas as ganas posibles, buscando cartos onde sexa, traballando todo un ano para dous días de celebracións, aturando críticas, en fin, "chapó" para todalas directivas.

A foto foi tomada no ano 1973 (por mín non, claro) topeina na casa dos meus pais, rebuscando nun mueble cheo de fotos antigas, pasas un rato agradable e ainda te ríes un pouco vendo as pintas da xente e o que cambiaron. Nesta o rapaciño que aparece a esquerda, é o porteiro e presidente do Areas F.S., tamén é o presidente da comisión de festas deste ano (moi polifacético el),para os que o coñezan vese que é igualiño ó seu fillo pequeno. Esas árbores que se miran, xa non existen, talláronos para facer unha pista de deportes, aínda que se usa de aparcadoiro, unha mágoa.

Nada máis, a disfrutalo.

martes, 12 de agosto de 2008

VII Festa do polo a Brasa

O vindeiro 24 de agosto celébrase a mellor festa gastronómica que temos na parroquia(é a mellor, basicamente porque é a única); trátase da festa do polo, ou como decimos por aquí do "pito asado".

Este ano coincide co día do meu cumpreanos, así que antes de botarlle o dente á miña ración, espetareille trinta e "algunhas" veliñas.

Aínda que non asistín tódolos anos a devandita festa, teño que recoñecer que as veces que acudín, (supoño que como calquera xuntanza con amigos), pasei ratos divertidos. Esperemos que este ano non chova, porque nas derradeiras semanas estamos tendo un tempiño propio do mes de Setembro.

Folga decir que estades todos invitados (pagando cada un a súa ración, iso sí, jeje), de seguro que pasaredes unha tarde agradable de Domingo, nunha paraxe certamente espectacular, como é o parque da "Bouza Vella" en Ganade. A diversión está garantida, para todos menos para os organizadores que lles toca pasar calor o redor das brasas e das 2000 racións de pitos e pitas a espera de ser devorados por outros tantos comensales, que se espera que acudan. Despois sempre podedes darvos un chapuzón nas procelosas (e contaminadas) augas do río Tea, que queda xusto ó lado.

Como xa temos algunha entrada gastronómica, e nas mesmas poñemos a forma de preparar as viandas en cuestión, o polo non ía ser menos:

Cóllese o pito e ponse nas brasas, retírase o pito e ponse nun prato... fin da preparación... ¡Ah, pero antes hai que facer a desagradable tarefa de desprumar os polos e limparlle os cañotos!; tarefa que desempeñan na véspera "abnegados-as" "colaboradores-as".

Xa dende as sete da mañá acéndese a leña de carballo para facer as brasas e métese o polo nun mollo, receita de Nito de covelo (a cada quen o que lle pertence).

... O dito, espero vervos na devandita romaría, que por ter, ata ten dous "grupos musicais" que amenizarán a xornada.

viernes, 8 de agosto de 2008

A filosofía do galego

Atopabámonos onte a tardiña na cantina da Casa Cultural de Areas, nunha das nosas tertulias mentras tomábamos uns "refrescos", a charla ía pasando duns temas a outros, nada en particular, ata que foi virando a chistes e contos. Ahí sorprendeunos o noso amigo Manolo, cun conto sobre a filosfía do galego, ó máis cachondo foi cando nos contou a reacción da xente ó soltalo un día na Liturgia da Misa do domingo, algúns ríron e outros quedaron todos extrañados.
O conto dí así:

Estaba un galego a desbrozar nunha finca, cando para a súa sorpresa atopouse cunha lámpara, o collela é frotala, apareceulle un xenio que lle dixo:

-Pídeme o que queiras que cho concederei, iso sí, cunha condición, ó teu veciño concedereille o dobre.

O galego quedou todo pensativo, "si lle pido un coche, ó meu veciño daralle dous, si lle pido un chalet na praia, a el daralle dous" e asi seguiu maquinando ata que de repente dixolle:

-Esto, mira que che digo, arráncame un ollo!

miércoles, 6 de agosto de 2008

Milloras na Praia Fluvial de A Freixa

Onte, votandolle unha ollada ó periódico Faro de Vigo, topenme con esta noticia:

"MEDIO AMBIENTE ACONDICIONARÁ LA ZONA RECREATIVA DE A FREIXA.

El proyecto dispone de una dotación económica de 100.000 euros para la recuperación ambiental de la playa fluvial.

La Consellería de Medio Ambiente invertirá casi 100.000 euros en la mejora de la zona recreativa de A Freixa en Ponteareas. El Consello da Xunta aprobó la semana pasada una propuesta para destinar 457.000 euros a la recuperación y mantenimiento de espacios naturales en la provincia de Pontevedra, entre los que se encuentran las inversiones a realizar en la zona de la playa de A Freixa.
El portavoz del PSdeG-PSOE en Ponteareas, Francisco Candeira, valoró positivamente esta inversión y recordó el apoyo de la administración de la Xunta dependiente del PSOE a Ponteareas desde el principio de la legislatura.
En este municipio, la Consellería de Medio Ambiente decidió colaborar en la mejora del área recreativa compuesta por la playa fluvial y el merendero de A Freixa, y la senda en el contorno del Lugar de Interés Comunitario (LIC) del río Tea a su paso por el ayuntamiento de Ponteareas, con una cuantía económica de 99.998 euros, de los que 15.000 se invertirán este año y los restantes 84.000 en 2009.
Estas actuaciones pretenden la recuperación ambiental de la playa fluvial, con la mejora de la arena que en las épocas de lluvia causaba acumulaciones de sedimentos en el embalse al lado del que está ubicado por una zona de campo, así como solucionar los problemas de arrastre del firme por el agua en algunos puntos del sendero. Además se procederá a la eliminación de especies invasoras.
"Con esta actuación, la Consellería de Medio Ambiente, y el PSdeG desde la Xunta, muestran una vez más su apoyo decidido a nuestro ayuntamiento", indica Francisco Candeira."

Visto ó visto, parece ser que a Xunta tenlle algo de medo ó noso humilde blog, porque foi publicar algunha queixa sobre a playa e o seu entorno, e hala non tardan ni dous días en calarnos a boca prometendo unhas milloras.
Esperamos que deses 99.998 euros (tamén é chiste, faltan 2 para os 100.000), algún se empregue na construcción dos baños públicos.

Aquí lle deixo tres proyectos de baños, por si siguen a mirar o blog, dende o máis cutre ata algo un pouco máis moderno, sei que non van a facer ningún, pero...

lunes, 4 de agosto de 2008

Praia fluvial de "A Freixa" 2. Baños públicos

No post anterior sobre dita praia, tivemos un comentario de un anónimo, que lle chamaba a praia, "Alcantarillado funcional de A Freixa". Tampouco é que vaia moi mal encamiñado, pero creo que esaxerou un poco, o que está claro é que a praia hai vinte anos era moito máis natural e limpa que agora, onde de verdade hai problemas no Tea, é despois de pasar o río por Ponteareas, como na praia de San Roque ou na da Moscadeira.

Ó que íamos, a 50 mts. da Praia existían dous muiños bastante xeitosos, o primeiro foi restaurado e convertido nunha estación de control de peixes de A Freixa,e cumpre varias funcións relacionadas coa conservación das especies do Tea.



O segundo esta en ruinas, e por fora é un pouco tétrico pero moi fermoso, tópase ó lado dunha esplanada perfecta para ir comer en grupo, pois ten un mesas con moita sombra e ata un parque pequeno para os máis pequenos, con tobogans e columpios, iso sí os tobogáns sin escaleiras e algún columpio sin asiento (algo bastante normal hoxe en día nun parque).

Pola pinta decidiron reconvertir este muiño nuns "baños públicos", porque un, que é bastante curioso, decidiu meter a "nariz" e ir a fisgar a ver como era por dentro. Polo que vin, e sobre todo cheiren, tiñan posto anteriormente unha taza de un water, que dubo quedarse pequena, seguramente polas colas que facía a xente a espera, e alguén moi intelixente, decidiu colocar un "cagarrete comunitario" (como fan nas discotecas cós urinarios, onde se poñen 5 ou 6 contra a parede, e con cara de circunstancias), e ala acabáronse as colas, cada un onde queira, ó seu libre albedrío, a taza anterior nin pasaron traballo en retirala do muiño, xa foi directa para o canal por onde pasaba a auga. Na foto apreciase un pouquiño o tema en cuestión, e iso que non foi sacada no epicentro do "cagarrete", era moito arriesgarse.

Pois iso, xa vedes, aquí nin alcantarillado, faise como na bella usanza, de campo e en cuclillas.



Perdonad si me saíu un post un pouco escatolóxico, ó principio non tiña pensado escribilo, pero decidinme, porque penso que tanto temos que mostrar as cousa boas da parroquia e da nosa vila, como protestar polas burradas e feísmos dos que somos capaces de facer.

viernes, 1 de agosto de 2008

A Praia Fluvial de "A Freixa"

Bueno, chegou o momento de falar dun lugar fermoso e emblemático da vila; e iso que xa fai un par de anos que deixa bastante que desexar, polo menos xa non van tantos noivos o día da boda a sacarse fotos. Estoume referindo, como non, a praia fluvial de "A Freixa". Lémbrome que de pequeno era un dos meus sitios favoritos para pasar as calurosas tardes estivais. Tamén me lembro de ir polas noites despois de sair de marcha a bañarnos en pelotas; non sei se hoxe en día se seguirá mantendo esta peculiar tradición, pero coido que sí. Imaxínome tamén que moitas parellas "estreáronse" nos seus arredores, xa que ó longo das riveiras do río (que sempre foron de especial atractivo para as xentes de Ponteareas) están establecidos varios "picadeiros oficiais.

Teño entendido que o río Tea (responsable da praia fluvial) está incluido na rede "Natura 2000" da Unión Europea, que destaca os principais enclaves con valor ecolóxico e medioambiental.

Dende principios dos anos setenta a zona da Freixa foi centro de atracción para veciños e visitantes, no sólo pola creación dunha ampla urbanización que lles ofreceu a posibilidade dunha segunda residencia a moitos veciños de Vigo, senón tamén pola creación dun lugar de acampada que acolle nos meses de verán ós amantes do crsosampismo.

A verdade é que se está moi a gusto de baixo das árbores e sentados nas terrazas dos varios "chiringos" que bordean a praia.

Ó longo do río hai máis sitios fermosos, pero de iso falareivos noutro post, polo de pronto disfrutade das fotos, entre as cales, e como non podía ser doutro xeito, está a ponte que cruza a praia, a cal, e como dixen ó principio é escollida como fondo para moitas fotos de boda.