jueves, 21 de agosto de 2008

¿Que é o que hai que humanizar?

Hoxe en día está de moda o que lle chaman humanizar as rúas do casco úrbano das vilas, eu recoñezo que é unha boa idea, aquí en Ponteareas, xa o fixeron con varias; unhas quedaron millor que outras. Con respecto as primeiras, pecaron un pouco de novatos, pero como dos erros tamén se aprende, tiveron que volver a levantar o pavimento, e cambialo polo adecuado, algo máis axeitado para unha rúa "peonil" (algún coche ainda se cola).
A Praza Maior, tamén chamada do cabezón (iso que o busto do "cabezudo" xa o retiraron hai catro anos) reformáronna haberá un ano, para o meu gusto quedou bastante ben, o millor un pouco modernista, con luces de colores no chan e farolas un pouco rarotas, pero polo menos dá un sensación de amplitude que antes non tiña.



Pois o que ía... o outro día atopábame paseando por unha desas rúas, dous xardineiros do Concello estaban poñendo unhas flores nas xardineiras que alí se atopan e acercouselle unha muller moi periposta ela, e dicelles:

-Así me gusta, que bonitas las flores, lástima en la Plaza que tengais el césped tan abandonado, había que regarlo más a menudo.

O xardineiro con moita calma contestalle:

-Régase tódolos días, ten rego automático, si a xente non o pisara e tuvera máis coidado xa vería como estaba máis bonito.

-¿Y por qué no ponen un guardia a vigilar?

-Señora, eu sou xardiñeiro, vaia vostede o Concello a reclamar.

E a muller marchou caladiña, seguramente polo Concello non pasou, xa sería o colmo que houbese que poñer un guardia para vixiar de pisar o céspade.
E a verdade é esa, o de que o pisen os nenos pequenos ata un punto é normal, os pais deberían de proivirllo, o que xa non é normal que xente maior cruce polo medio do céspede sin problema.

E eu preguntome, antes de humanizar as rúas, ¿non habería que humanizar primeiro a xente?

Esta foto é unha pequena mostra:

8 comentarios:

paideleo dijo...

Cando miro que van humanizar algo... boto a tremer.

Manuel L. Rodrigues dijo...

que grande razón.

Aínda así eu estou encantado. Aquí en Noia "humanizouse" o Casco Histórico e agora queren facelo con mais rúas da zona nova.

Eu por min que peonalicen todo.

...e por certo... máis vexetación, por favor.

Un saúdo

Thiago dijo...

pues cari, tienes razon, aunque hay quien dice que las pisadas y las cagadas de los perros no son malas parael cesped, no se.

otra cosa es que a veces la gente habré caminos en el cesped en una jardin, pero si te fijas es para ir a la paradade bus, que al ayuntamiento se le olvidó conectar o cosasas.... Asi que al final, la gente es la que humaniza la ciudad, jajaja

Bezos

e mais e demais dijo...

Vou facer unha crítica a esta queixa. En todos os parques do mundo hai cesped, e este pódese pisar sen problema, de feito o poñen para iso , para ser pisado; hai xente que se tumba a tomar o sol, outra se dedica a pasear e muita outra a xogar. O cesped non é decorativo é para ser usado e disfrutado, para decoración xa teñen esas luces de colores. O que teñen que facer é por unha mallor extensión é un cesped de mallor calidad.Pero isto neste pobo, sin ningunha zona verde, se me asemella imposible. Disfrutemos do cesped.

tertulias para perogrullos dijo...

Home, pois según iso, eu necesito unhas boas clases de humanización jeje, nunca teño o máis mínimo prexuizo á hora de pisar o céspede ou o que sexa jeje. Saúdos
Por certo, vós que non sodes de moi lonxe, este sábado é a festa dos candís en Agolada, igual vos apetece pasarvos, tedes máis info en d´agolada, o meu outro blogo.

tertulias para perogrullos dijo...

ahh, é saúdos para Beni que o vin hoxe nun comentario en Thiago, espero que xa teña a conexión a Internet dispoñible. Saúdos

Carlos Sousa dijo...

Polo que vexo hai opinións de todolos tipos, estou dacordo en que hai que peonalizar máis rúas e con moito máis verde.

Con respecto a "e mais e demais":
visto así tés un punto de razón, pero coido que iso estaría ben para extensións de parques máis grandes, non para un recuncho que esta pensado para decorar,aparte ahí na foto, sobra sitio para pasar.
E que tal sería tumbarse ó sol o lado de unha cagada de can...

Quédome co de Thiago, si non pasaran cousas deste tipo non estarían humanizadas de verdade.

e mais e demais dijo...

Non quero entrar en polémica pero creo que un anaco de herba nunha plaza pública non é sitio para as cagadas de can. Normalmente a xente civilizada recolle as cagadas dos cans e as depositan nas papeleiras. Aplaza para meu gusto esta moi mal aproveitada, non quedaría muito mellor por unha alameda con árboles e herba para disfrutar?. Será por espacio?. Bicos para todos