jueves, 28 de agosto de 2008

Foto entrañable

O outro día, na xa máis que "nomeada" festa, coincidiume tomar esta foto. Nun principio saqueina porque sí, para encher un pouco, pero o vela con máis calma, imaxínome a vida de todolos vendedores ambulantes, sempre de feira en feira, de festa en festa, traballando festivos, e o millor para voltar para a casa coas máns valeiras.

Menos mal que ainda nos queda esa xentiña, que para sair da rutina caseira e gañar catro patacos, percorre as festas con moita ilusión, as veces levando a familia como neste caso. Penso que é unha vida un pouco dura, pero para mín, a foto expresa todo o contrario, un cariño mutuo entre avoa e neta.

E fixádevos ben o que vende, "Sandías fashion", moi moderna, sí señor.

6 comentarios:

Mer dijo...

a foto é moi tenra

penso que esa forma de vida ambulante, failles estar máis unidos porque necesitan axudarse máis entre eles, o día que non traballan, que non saen a vender, ese día non cobran, se queren ter unha fin de semana libre ou coller un festivo, ese día non o cobran, polo que seguramente entre eles turnaranse para poder ter unha boa calidade de vida, dentro das posibilidades

apertas

Manuel L. Rodrigues dijo...

hehehe

...e despois dis que non vas poñer máis entradas sobre comida...

...andaaa!

tertulias para perogrullos dijo...

Xa puxen un post máis detallado en d´Agolada sobre a festa, ó final animádesvos?
Saúdos

d´Agolada dijo...

Bueno, pois haber se ó final vides. Saúdos

Thiago dijo...

JAJA, efectiamente hay mucho amor en esas foto, y lo sandias fashion es la caña, jaaja Sandias fashion pero feitas na casa, jajaja

Bezos

Alkaest dijo...

Foto de concurso y con premio. De esas que te entran seis en la docena. Felicidades suertudo...

Salud y fraternidad.