lunes, 4 de agosto de 2008

Praia fluvial de "A Freixa" 2. Baños públicos

No post anterior sobre dita praia, tivemos un comentario de un anónimo, que lle chamaba a praia, "Alcantarillado funcional de A Freixa". Tampouco é que vaia moi mal encamiñado, pero creo que esaxerou un poco, o que está claro é que a praia hai vinte anos era moito máis natural e limpa que agora, onde de verdade hai problemas no Tea, é despois de pasar o río por Ponteareas, como na praia de San Roque ou na da Moscadeira.

Ó que íamos, a 50 mts. da Praia existían dous muiños bastante xeitosos, o primeiro foi restaurado e convertido nunha estación de control de peixes de A Freixa,e cumpre varias funcións relacionadas coa conservación das especies do Tea.



O segundo esta en ruinas, e por fora é un pouco tétrico pero moi fermoso, tópase ó lado dunha esplanada perfecta para ir comer en grupo, pois ten un mesas con moita sombra e ata un parque pequeno para os máis pequenos, con tobogans e columpios, iso sí os tobogáns sin escaleiras e algún columpio sin asiento (algo bastante normal hoxe en día nun parque).

Pola pinta decidiron reconvertir este muiño nuns "baños públicos", porque un, que é bastante curioso, decidiu meter a "nariz" e ir a fisgar a ver como era por dentro. Polo que vin, e sobre todo cheiren, tiñan posto anteriormente unha taza de un water, que dubo quedarse pequena, seguramente polas colas que facía a xente a espera, e alguén moi intelixente, decidiu colocar un "cagarrete comunitario" (como fan nas discotecas cós urinarios, onde se poñen 5 ou 6 contra a parede, e con cara de circunstancias), e ala acabáronse as colas, cada un onde queira, ó seu libre albedrío, a taza anterior nin pasaron traballo en retirala do muiño, xa foi directa para o canal por onde pasaba a auga. Na foto apreciase un pouquiño o tema en cuestión, e iso que non foi sacada no epicentro do "cagarrete", era moito arriesgarse.

Pois iso, xa vedes, aquí nin alcantarillado, faise como na bella usanza, de campo e en cuclillas.



Perdonad si me saíu un post un pouco escatolóxico, ó principio non tiña pensado escribilo, pero decidinme, porque penso que tanto temos que mostrar as cousa boas da parroquia e da nosa vila, como protestar polas burradas e feísmos dos que somos capaces de facer.

5 comentarios:

Rico y Santo dijo...

Qué sarcasmo..., "baños públicos"..., vaites!!!!!!! Vexo que sa conoces a palabra. Saudiños.

milenista dijo...

Me encantan los balos públicos sobre todo cuando me confundo y entro en el de mujeres, jaja.
Saludos tocallo

Manuel L. Rodrigues dijo...

vaites!! Visto o visto... non sabería que dicirche.

Aquí o problema témolo na Fervenza de Toxosoutos, a carón do antigo mosteiro... onde se poden ollar centos de botes, cacharros, etc... (restos arqueolóxicos do botellón). Polo menos do que ti falas pódese dicir que é biodegradabel.

Unha aperta

paideleo dijo...

Teño que confesar que usei eses baños hai xa uns aniños.
A casa que dis ti do Porriño é a casa dus canteiros e puxen unha foto dela hai anos noutro blogo que tiña.
Déixoche a ligazón á casa dos Xeiteiro

Carlos Sousa dijo...

Aquí non hay problema de confundirse de baño, son unisex.
Como dice Manuel, temola sorte de que sexa biodegradable.
Paideleo, así que sí, tranquilo, non habías ser o único.