jueves, 24 de julio de 2008

Tormenta de verán

Cando un pensaba que xa tiña "intrenete" gratuito para o resto da vida (aforrado que é un), resulta que o señor Murphy tiña algo que decir o respecto e un raio acabou coa "bicoca" de aforrar cuarenta e tantos Euros o mes.

Resulta que o pobo de Ponteareas é un dos poucos pobos a nivel nacional que ten a sorte de contar cunha conexión Wifi (SobrosoWireless) para todos (ou casi que tódolos veciños da vila). Non sempre iba perfecta, pero as veces podíase descargar unha peli, desas que se graban nos cines con sonidos de ronquidos, risas e demais bandas sonoras, en menos de unha hora; o cal non esta mal.

Non sei se tería algo que ver que o pararaios estivera situado no campanario da Igrexa e tivéramos que pagar un castigo por non querer abonar as facturas da todopoderosa "Timofónica"; pero o certo e que a iso das cinco e media da mañán, os veciños de Areas e de algunha parroquia colindante, espertamos cun estoupido de tres pares e medio de collóns (o noso amigo Manolo mesmo pensou que era a guerra), e as catro antenas, cuadros eléctricos, microchips varios e incluso o reloxo do campanario saltaron polo aire.

Eu, sendo optimista, vótolle que en quince días estará arranxado o problema, o meu socio Carlos di que de dous a tres meses, e os máis pesimistas calculan (por aquilo de que ten que ir a pleno do concello) que volveremos a disfrutar das maravillas de YouTube nuns catro anos. ... A saber.


Entre bágoas móstrovos as probas de semellante desperfecto... "Sniifff".

2 comentarios:

Rico y Santo dijo...

Durante 10 anos vivin una media de un terremoto semanal(que algun matematico lle vote a conta), 4 en Chile e o resto no Perú, por ala andan as placas de Nazca..., intensidades varias. No Perú mirei por primeira vez como a terra se abría, casi me acostumbrei a eles. Pero o rayo do campanario..., pensei que era una guerra, nunca vivin nada igual:que estampida, como se movia a casa(e é de pedra) e cantos danos materias. O problema e como repoñer todo..., o lunes comenzamos. Animos non faltan.

Anónimo dijo...

Ti tranquilo que logo veñen as elecciones monocipais,e iso esta feito machiño