viernes, 18 de julio de 2008

Ímonos de cena

Facía xa moito tempo que non tocabamos nada sobre o fútbol sala, motivo principal do blog, nun principio claro, porque xa vedes que agora nos interesa todo, unha das causas polas que non poñía nada é porque a competición rematou xa hai máis dun mes, pero quedábanos pendente a farra de fin de temporada.

Despois de moito tempo intentando organizala, (xa se sabe, para comer apúntase todo o mundo, pero para traballar...) quedou marcada a data para este sábado, no noso caso nin para comer está toda a xente disposta, non sei si serán efectos da crisis ou pouco interés, saca as ganas de organizar nada. Pero é o que hai, os que vaiamos vamos a pasalo ben ou polo menos intentalo, o que está claro é que Beni máis eu tomaremos as nosas copiñas e brindaremos polo fútbol sala (este ano ganamos o trofeo a Deportividade, será que o andar cerca dos cuarenta xa non lle barrenamos tanto aos arbitros) e polo blog, que pouco a pouco (como decimos nós) vai indo.

Procurarei sacar unhas fotiños, a ver si sae algunha curiosa, para poñer un día destes; xa que no arquivo só teño unha de hai tres anos noutra cena, alguns xa non están no equipo e outros xa cambiamos algo.

3 comentarios:

Thiago dijo...

Bueno, pues que lo paseis bien, que tomeis mucho marisco y le das un bezo a Beni de mis partes en medio de la cena, jaajj

Bezos

Mer dijo...

Pasádeo ben!! Eu fun onte de cena e bueno, estivo ben pero non para publicar unha fotiño en ningures...

Espero polas vosas fotos.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

eEu tamen quero ir de cena, imos ou que?