sábado, 26 de julio de 2008

O lavadeiro da Vila

Houbo un tempo, en que non tiñamos nin inernet, nin dvds, nin videos, nin televisións, nin "hipotecas",nin outras moitas cousas, entre elas, ainda que pareza extraño as lavadoras.

Eu recordo de pequeno ir con miña aboa, a lavala roupa a un regato cercano, para nos era toda unha brinqueta, axudabamoslle a levar as tinas de roupa nun remolque, e despois alí brincabamos toda a tarde, retorcíamos a roupa ou poñíamola a clareo (este témino xa debe de estar en desuso,consistía en que a roupa enxabonada con aquel xabón de lagarto, extendíase na herba durante un rato, sempre tendo coidado de que non se secase demasiado.)

Iso no noso barrio, noutros tiñan uns lavadeiros comúns, e neses tempos que as mulleres non traballaban fora da casa, eran onde tiñan unha especie de reunión, xuntabanse alí para, nun principio facer a colada, pero tamén era onde tiñan esa especie de tertulias femininas da época. Alí contaban contos, e "lercheaban un pouquiño", sempre tendo coidado que non fose a estar presente a protagonista do cuchicheo. Resumindo, tampouco o pasaban moi mal, era unha forma de enterarse das noticias, xa que os homes xa se enteraban no traballo ou na tasca.

Aquí en Areas ainda nos quedan varios en pé, algúns restaurados con cemento e ladrillo, eses penso que non interesa sacarlle fotos, outros foron restaurados tal cual eran, estas fotos corresponden ó Lavadeiro da Vila, no barrio de Agualevada, loxicamente xa non se usa pero está bastante intacto, na pedra da cabeceira por onde sae a auga, parece ter o escudo da falanxe, non sei si corresponderá a ela ou non, pero ahí está, tampouco é que se aprecie moito.




Pois iso, os tempos cambiaron, como haxa que volver a lavar a man...

6 comentarios:

paideleo dijo...

Ves ?. Iso de ir aos lavadeiros a lavar roupa non o vivín eu. Iso si, ir lavar o coche ou alfombras.

Thiago dijo...

jaj, cari, que romántico y sentimental tu post, me imagino a tu abu clareando la ropa, jaaj que mona.

Además de estos lavaderos me hace gracia lo de "lerchear" que es verdad que en Galicia se decía mucho: "Lercha que eres una lercha" y se está perdiendo, no? jaja Pues es un insulto precioso... jaj

Bezos

Raposo dijo...

Preto da casa da aldea aínda hai o lavadoiro (alí tamén se lle chama laga) onde ata os anos 70, penso eu, as mulleres da casa ían lavar a roupa e despois colgábana dun cordel entra as árbores para que secara.
Outros tempos.

Thiago dijo...

Pos si vas cara a ponte,
a bañarte en bolas no río
non che quedes no lavadeiro
que igual te veñe O Thiago
e che dai a ti o primeiro,
ainda que sexas mui tío...!

jajaja

Cari, sacando lo penoso del gallego, reconocerás que la coplilla tiene gracia, jaja

Bzos.

d´Agolada dijo...

Eu xa son da xeración das lavadoras, pero aquí en Agolada tamén temos un lavadeiro, aínda que non tan bonito como este. Saúdos

Mer dijo...

Vivín sempre na xeración dos lavarroupas, pero polos barrios de Vigo aínda quedan algúns lavadeiros destes que hai pouco que o concello restaurou (algúns deles). Ás veces podes ver neles algúns rapaces facendo botellón ou fumando uns porros, pero xa non hai mulleres lavando, isto acabouse, afortunadamente.

Hoxe en día somos moi cómodos, eu estiven un mes sen lavarroupa e levábaa a unha lavandería. Só a lavala, cobrábanme 6 euros por cada lavarroupa cheo.

Apertas