martes, 29 de julio de 2008

Ovella negra

Sempre estiven orgulloso de pertencer a parroquia de Areas, quizas unha das máis importantes do concello de Ponteareas, nunca ata agora nos puxeramos (Beni e máis eu)a admirar o que tíñamos o noso redor. Dende que escomenzamos este blog, xa hai uns meses, foi cando se nos deu por comprobalo e ensinalo un pouco.
Coa xente que nos rodea, penso que nos levamos bastante ben con todos, ou casi todos, por norma xeral "non hai" malas persoas.

Esta foto mostra a dúas ovellas negras pastando tranquilamente coas suas compañeiras, unha debe de estar vindo o rego, pois parece que clareou un pouquiño, pero estas son soamentes dúas das que temos na parroquia, a boa fé que hai algunhas máis, espero que ninguén se sinta aludido, e si se sinte, que lle vamos facer, ainda pode clarear un pouquiño, jeje.

6 comentarios:

paideleo dijo...

Para apreciar pericas brancas ten que haber ovellas negras.

Rico y Santo dijo...

SER OVELLA NEGRA É UN DEREITO O ALCANCE DE POUCOS

Anónimo dijo...

pois si que che estan de moda as ovellas negras,na vila abriron dos locais con ese nome.

tertulias para perogrullos dijo...

A verdade é que non me extraña que non compartas a minha opinión sobre a tv e os deportes, está claro que a ti che gustan moito jejeje.
En Agolada tamén temos ovellas, aínda que non se adoitan ver moitas negras, soen ser todas brancas. Saúdos a ti Carlso e a Beni

Mer dijo...

jaja, isto foi con retranca, eh?

bicos

Anónimo dijo...

Jajajaja, moi bon!!!

Haiche moitas máis ovellas negras das que pensamos! Eu diría que xa case somos máis negras que blancas... que se vaian preparando!