Xa fai algún tenpo, cando iniciamos esta peculiar singladura, afirmamos na presentación que temos algunhas cousas en común o outro pilar desta ponte máis eu; unha das cales é a nosa aficción (máis ben o noso respeto) pola fotografía, e a admiración a todos aqueles que son capaces de darnos a coñecer nunha sóla instantánea toda unha historia.
Lémbrome que nunha ocasión comentei noutro "site" na "blogoesfera" que era posible viaxar no tempo (sen recurrir a máquina de "Wells" ), tan sólo cun certo aroma; un cheiro determinado e capaz de transportarnos a outro lugar e a un tempo pasado en cuestión de milésimas de segundo. Na mentras existe outra forma de "teletransportarnos", e é co visionado de fotografías, sobre todo si son en Branco e Negro.
Todo aquel/aquela (ves como eu tamén son políticamente correcto, Alkaest) que sexa capaz de contarnos ou facernos vir a memoria toda unha sucesión de feitos tan sólo nun "click", merece o noso respeto e a nosa admiración.
Vale..., xa sei que estou sendo un chisco pedante, pero e que non se me ocorre unha forma máis axeitada para describir unha boa foto (e a definición que trae o diccionario tanto da RAE coma da RAG pareceme moi fría).
A veces navegando pola rede, blogeando, chateando, foreando, posteando, flipando, ou simplemente perdendo o tempo saltando dunha páxina a outra, atópaste con fotos realmente curiosas, mostra do cal é unha "fotiño" que subín non hai moitos días.
Como a nosa bitácora; aparte de ter un fío conductor (que é o pequeno mundo que xira dende un lado ó outro da ponte), vaise ramificando cara a outros temas ; vexo oportuno adicar unha nova sección a aquelas imaxes que vaiamos atopando en calquer recuncho desta inmensa telaraña (joder, que pedantería; o que chega a escribir un para intentar ser un pouco inxenioso).
Sempre e cando poida indicar o autor fareino, na mentras iso non sempre é posible; como ocorre na seguinte representación. Descoñezo exactamente o que quere suxerir o seu creador (coa axuda do Photoshop); na mentras eu teño a miña teoría; seguramente que vos tamén...
Nun alarde de orixinalidade titulei este apartado como "instantáneas", ¡non é como para darme o "Pulitzer"!.
miércoles, 2 de julio de 2008
Momentos conxelados
Etiquetas:
Instantáneas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A mín tamén me gusta moito a fotografía, ando sempre coa cámariña dun lado a outro.
Onte empecei un curso de fotografía profesional, para coñecer a técnica e todo iso, o ollo é máis difícil telo, clickear no momento axeitado máis difícil aínda e transmitir cunha foto, uf, son xa verbas maiores, por iso vou intentalo, por toda a intensidade de sentimentos que me provocan moitas fotografías e que me encantaría poder provocarllas eu aos demáis... por intentalo non perdemos nada, ¿ non?
Bicos.
Publicar un comentario