lunes, 30 de junio de 2008

Unha realidade

O final a ilusión convertiuse en realidade, eses locos bajitos como lle chaman nunha emisora de radio o mediocampo da selección merendouse ós alemans, dandolle un repaso soberano, magoa que o resultado non fora un pouquiño máis abultado, para facer xustiza co fútbol visto.

Unha vez que se soltaron da saída inicial de Alemania, o partido foi un ataque continuo dos españoles, con un Xavi e un Senna en plan mariscales, xogando tatalmente o seu antoxo, nada, para o que lle guste o fútbol como a min, un auténtico espectáculo, fútbol de 18 kilates.


Iba coa idea de mirar o partido tranquiliño nunha terraza, ó principio foi así, había pouca xente, pero así que comenzou, xa non había esquiniña ninguha donde poñer unha silla, todo cheo de rapaces, tranquilidade mínima, e o rematar, chegou a festa, nunca pensei que tanta xente poidera identificarse tanto coa selección, nin cando aquel Celtiña, que tanto me fixo gozar, cando iba por Europa, machacando equipos como o Liverpool, Juventus, Aston Vila..., pois nin daquela no noso pobo mirei nada parecido.

Dúas fotos que saquei onte a noite como mostra, non se miran moi ben, pero algo enseñan do que pasou en Ponteareas.



1 comentario:

Anónimo dijo...

mi madriña que cantidade de xente, i eu na piscina dos veciños mirando o partido con toda a pandilla, tampouco estuvo nada mal. O dito futbol de categoria,cervecita fresquita e o final algo para celebrar, ojala a vida fora así de fácil todolos días