lunes, 30 de junio de 2008

Pontes de paso 9 - Ponte perigosa

A foto mostra unha ponte non apta para cardiacos, para a xente que ten vértigo (coma min), para a parella do post "Pontes de paso 7", para o que teña unha cervexa de máis, e coido que para nadie; porque a ver quen é o guapo que se atreve a cruzala. Eu polo menos non cruzaría por ela nin aínda que me perseguise unha xauría de inspectores de Facenda. Non sei porqué pero faime recordar unha peli de Indiana Jones.

Na mentras, esta é unha ponte axeitada para o paso de certas persoas: dictadores, intolerantes, hipócritas, corruptos e corruptores, asasinos, maltratadores, e outras persoas ruíns, que como as meigas "habelas hailas". Véñenme a memoria algúns nomes, pero coma seguramente sexan os mesmos que se vos ocorren a vós, deíxovos a decisión de elixir a quen obrigaríades a cruzar por ela; tamén podedes elixir os animais do río: a saber, "cancodrilos", pirañas, unha boa víbora...

3 comentarios:

Alkaest dijo...

¡Pero que malas entrañas tienes! ¿Que te han hecho a tí las vívoras, cocodrilos y pirañas, para que quieras darles de comer esas porquerías? ¡Debería denunciarte a los ecologistas! Por querer envenenar a esos pobres animalitos, dándoles a catar esa ponzoña.

Salud y fraternidad.

Carlos Sousa dijo...

Alkaest, gracias por pasarte por aquí, xa sabes que si ves por esta terra celta, e te pasas polas rias baixas, non dudes en darme un toque.
Saúdos dende este lado da ponte.

Mer dijo...

Onde é esta ponte? Eu vin unha así preto do embalse Barrié de la Maza

Apertiñas