domingo, 8 de junio de 2008

Pontes de paso 1 - Ponte a Nostalxia

Co paso do tempo, cada vez paréceme máis apropiado (por moi diversas razóns) o título deste blog; entre outras cousas porque nos dá xogo para "tecer" entradas interesantes nesta bitácora.

Gústanme os blogs nos cales, como neste, o responsable crea posts de moi diversa índole, mantendo á vez un fío condutor; son como pequenas pinceladas ou "toques" que adornan e enriquecen a temática principal do blog. Por suposto que tamén me interesan os monotemáticos, pero teño que confesar que os que máis visito son os blogs persoais, que case sempre son de contido variado.

Entre estes últimos adoito entrar nunha bitácora que dende fai xa algún tempo adica un monográfico ás escaleiras. Resulta sorprendente o que pode dar de sí e a cantidade de formas, estilos e localizacións distintas que poden ter estas construcións destinadas a subir e baixar.

"Plaxiendo" esta idea decidín adicar tamén unha sección as "pontes" (non podía ser doutro xeito), na cal ireivos mostrando fotos e ilustracións que resulten interesantes acerca do culpable do título do noso blog.

É unha pena que non poida escanear un cadro que teño na parede enfronte onde eu me sitúo cando estou co ordenador; é unha pintura que mostra unha parella de mozos aniñada enriba dunha ponte. Supoño que como a vexo a diario, unha das miñas dúas neuronas reaccionou provocando que me decidise a facer este monográfico.
___

Empezarei mostrándovos este fermoso "oleo" de Llia Repin titulado "On a Bridge in Abramtsevo" e acompañareino cun verso de "Claudio Rodríguez Fer":



"Yo vine desde antes de los orígenes.
Tú estabas más allá de la otra orilla
y juntos atravesamos todos los puentes."

No hay comentarios: