lunes, 9 de junio de 2008

O carro galego

Cando un se senta diante do ordenador para "falar" de cousas relacionadas co seu pobo, véñenlle a memoria moitos recordos da infancia. En posts anteriores xa falei a "vola-pluma" de algúns episodios ó respecto. Como non quero que este blog se convirta nun "libro de memorias" comentarei sólo a modo de introducción ó tema desta entrada algunha cousiña.

Cando eu era cativo; estou falando da época de cando aínda se cultivaban os campos (agora moitos están de monte) e a xente traballábaos para recolleitar millo, patacas, etc; lémbrome de ir moitas veces con miña nai co carro (isto non quere dicir que fósemos os dous coa "canca", para iso xa tiñabamos unha vaca). Os tractores daquela andaban algo escasos; de feito para labrar as veigas había que chamar "ó tractorista", pagándolle polo seu trabaño o estipendio oportuno.

Aínda que o carro que nós empregábamos era tecnoloxicamente máis avanzado có que se pode ver nas fotografías (ata tiña freno), ainda me lembro de ver algún carro típico galego, agonizando nalgún recuncho do palleiro, que seguramente empregarían meus avós ou os pais déstes.

Seguramente resultará algo escatolóxico, pero sempre me resultou gracioso o contraste que facía a "bosta" que os animais de carga iban soltando, facendo montonciños polas distintas ruas asfaltadas da parroquia; hoxe en día sólo se ven mánchas de aceite, que para o caso ven sendo o mesmo, jejeje.

Sen dúbida ningunha é unha icona representativa de Galicia, xunto co canastro, ó cal posiblemente lle adicaremos nun futuro algún post.

Esta é unha páxina donde poderedes atopar a terminoloxía empregada acerca do "Carro Galego":
http://perso.gratisweb.com/aricum/lexcarro.htm

...Na mentras a seguinte relación de palabras eran empregadas para definir as distintas partes do carro:

acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brazón - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tilla - treitoira - xugo - zuncho

Coido que non fai falla dicir moito máis sobre o funcionamento deste vehículo, e casi tan evidente como o mecanismo dunha piruleta.



Os seguintes vídeos teñen certo valor histórico, xa que mostran como se facía un carro nos primeiros anos do século XX, como "cantaban" os carros, etc.



No hay comentarios: