domingo, 8 de junio de 2008

Persoaxes - Ciclistas de Ponteareas

Ponteareas, ademáis de por as alfombras en Corpus, é coñecida por algúns personaxes ilustres como o músico "Reveriano Soutullo" (do cal xa falei nun post anterior), os escritores "Fermín Bouza Brey" e "Manuel Domínguez Benavides", os políticos "Gabino Bugallal", "Carlos Losada" e "Abel Caballero" e o escultor "Silverio Rivas"; pero esta vila tamén foi berce de grandes deportistas como o atleta José Teixeira, e sobre todo de ciclistas da talla de "Delio Rodríguez" e "Álvaro Pino". A estes últimos vou a adicar esta entrada dentro da sección "Persoaxes".
___

Álvaro Pino Couñago (nacido o 17 de agosto de 1956 en Fontenla, Ponteareas) foi un ciclista español profesional entre os anos 1981 e 1991.

Afeccionado á mecánica, Álvaro Pino iniciouse no mundo do ciclismo grazas a unha bicicleta extraviada que lle regalaron. A súa especialidade foron as etapas de montaña.

No Tour de Francia, o seu mellor resultado foi un oitavo posto, que logrou en 1986 e 1988. Tamén foi 16º en 1989 e 19º en 1985.

Foi vencedor da Volta ciclista a España 1986 co equipo BH. Tamén foi cuarto en 1982.

Tras retirarse do ciclismo profesional, segue ligado ao mundo da bicicleta, converténdose en director deportivo e pasando polos equipos Kelme e Phonak. En maio de 2006 foi presentado oficialmente como director técnico do equipo profesional de ciclismo Karpin Galicia.

Palmarés:

1981
Etapa da Volta a España

1982
4º na Volta a España
Subida ao Naranco

1986
1º na Volta a España, máis unha etapa

1987
Escalada a Montjuic
Volta a Cataluña

1988
2 etapas da Volta a España e clasificación da montaña

1989
Etapa da Volta a España

Traxectoria:
Colchón-CR (1981)
Zor (1982-1986)
BH (1987-1989)
Seur (1990)
Kelme (1991)
___

Pola sua parte, Delio Rodríguez Barros, figura lexendaria do ciclismo galego e sprinter de proxección nacional e internacional na década dos corenta, naceu o 19 de abril de 1916 en Ponteareas e faleceu o 14 de xaneiro de 1994 na súa casa de Vigo ós 77 anos de idade afectado dun cancro de próstata. Foi un ciclista español, profesional entre os anos 1936 e 1950, durante os cales logrou 87 vitorias, a maior parte delas en competicións nacionais.

Era un corredor moi veloz, o que lle valeu para lograr numerosos triunfos de etapa en distintas probas do panorama nacional como a Volta a Asturias, a Volta a Burgos, a Volta a Galicia, a Volta a Valencia ou a Volta a Cataluña.

Desde a súa adolescencia destacou polas súas calidades como ciclista. Aos 18 anos proclamouse campión de Galicia (1934), vitoria que repetiu ao ano seguinte. Foi o primeiro corredor galego que participou na Volta a España (1936) e seleccionado para o Tour de Francia (1939). Venceu na Volta a Álava, no Gran Premio de Biscaia (1940) e no Campionato Interclubes de Barcelona (1941). Nese mesmo ano gañou 12 etapas da Volta a España e clasificouse en terceira posición. Venceu na Volta a Cantabria (1942) e proclamouse vencedor absoluto da Volta a España en 1945, batendo a marca da proba cunha media de 27,240 quilómetros por hora, e superando ao segundo clasificado, Julián Berrendero, cunha vantaxe de 30 minutos e 8 segundos.

Foi gañador de 40 etapas na rolda española (outra das súas marcas) e relacionouse con campións da talla do xa citado Berrendero, Dalmacio Langarica, Bernardo Ruiz e F. Trueba. Xunto a el correron os seus irmáns Emilio e Manuel, en posicións tamén destacadas. Emilio Rodríguez foi o gañador absoluto da Volta a España e do Premio da Montaña en 1950. Delio Rodríguez deixou a competición e instalou en Vigo un establecemento de material deportivo con atención especial ao ciclismo, que foi sempre a súa gran paixón.
___

Parte desta información foi recadada da Wikipedia.

No hay comentarios: