Non fai moito tempo, dous irmáns que vivían en granxas adxacentes caeron nun conflito. Este foi a primeira disputa seria que tiñan en 40 anos de cultivar xuntos ombreiro con ombreiro, compartindo maquinaria e intercambiando colleitas e bens en forma continua. Esta longa e beneficiosa colaboración rematou repentinamente; comezou cun pequeno malentendido e foi crecendo ata que explotou nun intercambio de palabras amargas seguido de semanas de silencio.
Unha mañá alguén chamou á porta de Luís. Ó abrir a porta, atopou a un home con ferramentas de carpinteiro.
-Estou buscando traballo por uns días -dixo o estrano.- Cecais vostede requira algunhas pequenas reparacións aquí na súa granxa e eu poida ser de axuda niso.
-Sí -dixo o maior dos irmáns.- Teño un traballo para vostede. Naquela granxa alén do arroio vive o meu veciño, de feito é o meu irmán menor. A semana pasada había unha fermosa pradería entre nós, e él tomou o seu buldózer e desviou a canle do arroio para que quedase entre nós. Coido que o fixo para alporizarme, pero voulle facer unha mellor. Vaia vostede aquela pila de refugallos de madeira xunto ó celeiro e constrúa unha cerca, unha de dous metros de alto, non quero velo nunca máis.
-Creo que comprendo a situación. Móstreme onde están os cravos e a pala para facer os buratos dos postes e entregareille un traballo que o deixará satisfeito.
O irmán maior axudoulle ó carpinteiro a reunir tódolos materiais e deixou a granxa polo resto do día para ir por provisións ó pobo. O carpinteiro traballou duro todo o día medindo, cortando e cravando. Cerca do ocaso, cando o granxeiro regresou, o carpinteiro xusto ramatara co seu traballo.
O granxeiro quedou cos ollos completamente abertos: ¡Non había ningunha valla de dous metros! No seu lugar había unha ponte; unha ponte que unía as dúas granxas a través do arroio. Era unha fina peza de arte, con pasamans e todo.
Nese momento, o seu veciño, o seu irmán menor, chegou dende a súa granxa e abrazando ó seu irmán díxolle:
-¡Es un gran tipo, mira que construír esta fermosa ponte logo do que che fixen.
Estaban na súa reconciliación os dous irmáns, cando viron que o carpinteiro tomaba as súas ferramentas.
-¡Non, espera! -díxolle o irmán maior.- Queda uns cantos días. Teño moitos proxectos para ti.
-Gustaríame quedarme -repúsolle o carpinteiro.- Pero teño moitas pontes por construír.
martes, 10 de junio de 2008
Pontes de paso 4 - Ponte de unión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario