miércoles, 25 de junio de 2008

A Fonte de Santimouro

Como sempre nos pasa, ou polo menos a nós, temos moitas cousas na parroquia que non lle damos a maior importancia, cando comenzamos esta bitácora decidimos sacarlle fotos a todo o que se nos ocurrira, e que tivera un pouco de valor, tanto material como sentimental. A verdade penso que algo xa temos currado, pero ainda nos faltan moitas por retratar (as fontes, canastros, cruceiros... e curiosidades), é unha sorte, así o blog duraranos un pouco máis.

Hoxe recordenme da Fonte de Santimouro, e ahí tendes unhas mostras do que me refiro, está situada a veira da carretera de Guláns, nun sitio bastante fermoso, a pesar de que os coches pasan bastante cerca, hai un ambiente de tranquilidade, debe ser debido ó cantar da auga do regato que pasa ó seu lado e da sombra que existe.



Pero sempre terá que haber algún "pero", e neste caso son varios, alguén debe de pensar que tamén fai a función de basurero, pois a roda e a bolsa de basura así o parecen indicar, outro "pero" e que as escadas están bastante pobladas de maleza, un día destes pasaran a desbrozar, supoño. E o terceiro "pero" ou polo menos para mín, é ¿por que cada vez que restauran algo ou inauguran, teñen que poñer unha especie de lápida para recorda-la data? Si polo menos a puxeran ó lado, pero non, na mitade da fonte, para que pareza mais ridícula a data orixinal, que polo menos é auténtica.

3 comentarios:

paideleo dijo...

A fonte é xeitosa e ten un nome ben sonoro.
Mágos do lixo e desa placa, como ben apuntas.

Carlos Sousa dijo...

Paideleo, gracias polos teus comentarios, a nós fainos moitísima ilusión que nos vaian votando un vistazo.
A verdade que as fotos non reproducen a beleza e tranquilidade que nela existe.

Alkaest dijo...

Mas exacta sería la placa si rezase "Reconstruída Y ABANDONADA A SU SUERTE pola Comunidade de Montes. Areas - Ano 2000".
En efecto, parece que algunas obras las hacen sólo para "estar en la foto", cortar la cinta y que sus nombres figuren en la placa correspondiente. Placa que, "por humildad", colocan siempre donde se vea bien, que además suele ser donde más estorba.

Salud y fraternidad.