jueves, 12 de junio de 2008

Pontes de paso 6 - Ponte a modernidade

Este é o espectacular proxecto que foi construido en Zaragoza para a Exposición Universal (que se inaugura mañán, dia 13 de xunio) e que correu a cargo da arquitecta británica-iraquí "Zaha Hadid"

Esta ponte é máis ben un edificio horizontal cuxa finalidade é ser a porta de entrada á Expo. A innovadora estrutura comeza sendo delgada no barrio de "A Almozara" para gañar anchura conforme se achega á marxe esquerda, a forma recorda á dun gladiolo, e o recubrimiento está inspirado nas escamas dun tiburón, que se xenera por un patrón de túbulas solapadas que permiten crear un microclima no interior.

Sobre bastidores metálicos montáronse paneis triangulares de cristal e dun material denominado "GRC" (formigón e fibra de vidro) que lle dá unha tonalidade "irisada". Os visitantes agradecerán entrar nun viaduto cuberto, xa que a temperatura será catro graos inferior á do contorno. A ventilación natural fará que o termómetro non exceda os 30 graos, aínda que baixará a 25º nas dúas áreas pechadas da marxe esquerda.

O edificio conta cunha lonxitude de 270 metros e só conta con apoios ós lados e un no centro sobre unha isliña natural creada no río. A inestabilidade que teñen estes terreos obrigaron ha bater un record nacional en cuestión de cimentación que alcanzou os 70 metros de profundidade e que provocou unha subida do prezos da construción de 25 a 35 millóns de euros.

A construción está realizada en terra, e a peza de 140 metros foi desprazada sen apoios ata a súa posición final, algo digno de ver. Ademais cando finalice a Expo o pavillón empregarase como museo probablemente de novas tecnoloxías.

Sinxelamente impresionante.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!