domingo, 8 de junio de 2008

Unha de carátulas

Nun post anterior que subín hoxe fáleivos das entradas que se fan a modo de "flash" afastándose do tema principal do blog; pois ben, esta poderíase considerar unha delas.

Confeso (como se nota que é Domingo... dígoo polas confesións) que sinto unha especial debilidade polas portadas e carátulas de todo tipo: de discos de música, de carteis de cine, de revistas "vintage", etc.

Sobra dicir que a portada dun disco é a carta de presentación e o que a "priori" chama a atención, ás veces ata tal punto que che fai comprar ou non o álbum en cuestión. Moitas portadas son unha obra de arte por si mesmas; pero hai algúns cantantes ou grupos que se preocupan de que tódalas portadas dos seus discos garden certa relación unhas con outras, deixando a marxe o tópico de mostra-los seus caretos. Tal é o caso de dous grupos distintos entre sí (aínda que moi recomendables cada un no seu estilo) como son "Mägo de oz" (o cal estiven escoitando durante toda a mañán) e "Ska-P".

Para que saibades de que vos estou falando e, como me parece que están moi logradas, de seguido móstrovos algunhas das portadas destes dous destacados representantes da música en España na última década; aínda que un deles (Ska-P) desgraciadamente desaparecera xa como grupo.



No hay comentarios: