sábado, 3 de enero de 2009

Calendario 2009

O Concello de Ponteareas ven de publicar o calendario do ano 2009. A idea en si paréceme formidable, xa que nos mostra os principais monumentos ou lugares con máis repercusión da vila. Esta sería a portada do calendario:



Na portada vense seis lugares típicos de Ponteareas, como estes dous exemplos da natureza, a Pena do Equilibrio e a Pena dos Namorados, dos cales xa faláramos noutra ocasión e sacárelle unhas fotos.



O resto corresponden a Ponte romana de San Roque, o Castelo do Sobroso, que aínda que non está en Ponteareas (atópase no Concello de Mondariz) foi mercado polo concello xa fai uns anos, unha alfombra floral na festividade do Corphus, e o Castro de Troña, o cal teremos que dedicarlle unha reportaxe algún día destes.





Na contraportada vese unha fota aérea, onde se aprecia a vila de Ponteareas rodeada de montañas, o que se coñece como o val do Tea:



Nas follas interiores cada mes está dedicado a dúas parroquias, con algunha foto representativa delas, e datos sobre o número de habitantes e barrios. Outra peculiaridade é que fai mención a persoaxes ilustres no seu mes de nacimento.

Tentarei ir publicando cada mes o súa correspondente páxina.

8 comentarios:

HADEX dijo...

Caray qué chulada!!

Thiago dijo...

Ah, es verdad que las fotos son muy chulas, me gustan los peligros de la piedra del equilibrio y no digamos la de los enamorados, es que el amor es muy peligroso, jajaja

Por tus palabras en mi blog deduzco que el Beni nos ligó en Nochevieja, no? mira que ponerme los cuernos y así sin avisar ni nada, jaja Asi duelen mas, jajaja

Bezos

Chousa da Alcandra dijo...

Carallo, eu pensaba que as penas dos Namorados e maila do Equilibrio...viñan sendo a mesma leria jajajaja.
Resulta moi orixinal e atractivo.

A idea do almanaque é caralluda. O ano 2008 o Concello de Antas tamén os fixo. Neste caso con fotos de actividades culturais que se veñen desenvolvendo aquí (teatro, música e baile tradicional...). Así que na folla do mes de decembro tamén salía eu!!!!!. Fíxate ti que relevancia tiña ese mes jajaja.

busto.agolada dijo...

POis si que me gusta o almanaque de POnteareas. Pero especialmente esa Pena do Equilibrio. É unha pena cabalada que se sostén de milagre con esa inclinación.
Saúdos e que teñan un bo ano.

Thiago dijo...

Bueno, cari, supongo que ya tendrás mercados todos los regalos y que mañana tocará post de la Cabalgata de Reyes...¿quienes van de sus majestades? jajaja.

Se desvelará mañana en el siguiente capítulo de ....¡Dende Areas cara a Ponte! jajaj


Bezos.

pedra do país dijo...

Por fin se acaba todo isto, navidad, fin de ano ,reyes magos ou majos ,da igual. Volta a realidad, a normalidade diaria.Estos días me invade a nostalxia e de iso non se vive.Que o futuro vindeiro sexa xeneroso con todos. A disfrutar a reir a ser felices y a estar tranquilos. Saúde e sorte para tod@s.
Pd.- que bonito es mi pueblo. Ja ja ja

Raposo dijo...

Fermosas fotos e fermosos lugares que por sorte xa coñezo.
Boa idea esa do calendario.
Apertas e que teñas un bo 2009.

paideleo dijo...

Pois parece unha idea mui socorrida que hoxe mirei un calendario de Arbo tamén con fotos do concello.