miércoles, 23 de abril de 2008

O noso amigo Lorenzo, C.D.Cultural Areas



Lorenzo, Emilio e Dorindo entre outros
"...e viñeron un domingo a mañán para comprarnos o partido,..." ou "antes do partido íbamos pedir serrín a fabrica de madeira para marcar ó campo..." ou "!Retirada! gritaba Dorindo, nun lío que houbo nun partido contra o Louro..."

Son algunhas das anéctodas que me conta Lorenzo Fernández Garrido, un dos fundadores do Cultural Areas, todo isto e máis contamo no medio das suas risas, contagiosas como poucas, rememorando aqueles primeiros anos do clube, coas suas alegrías e penurias.

Como prometín enterarme un pouco da historia de este clube, o cal eu pertenecín, pois estou na tarea, e nesta primeira parte comentarei como foron máis ou menos os primeiros anos.

Como xa supoñía, fundouse na Tempada 1967/68, e debe o seu nome "CLub Deportivo e Cultural Areas" porque nos principios tiñan pensado, aparte de xogar o fútbol no Campionato comarcal, facer un centro social e cultural nas inmediacións do campo da Lomba, tendo xa os planos feitos e a cementación votada, pero a falta de subvencións por parte da Federación e un pouco de medo por falta de apoios, fixo que se votaran atrás.

A primeira Directiva a formaban:
Presidente: Chiño
Vicepresidente: Lorenzo
Secretario: Luis González
Tesorero: Ramiro Cerdeira
aparte de alguns vocales.

Nese ano 1968, como se rexistraran moitos equipos novos, a federación decidiu crear dous grupos na Liga Comarcal, onde os seis primeiros de cada grupo crearían a Primeira Comarcal e os restantes quedarían na Segunda Comarcal. O Cultural Areas quedou encadrado no grupo A xunto a:

CASELAS F.C., DEPORTIVO GUILLAREI, GOIAN F.C., GONDOMAR F.C., MONDARIZ, RACING VILARIÑO, RAPIDO SABARIS, SPORTING GARDES, TIDE F.C., TOMIÑO F.C. e UNION DEPORTIVO RIBEIRA.

O 14 de Xaneiro de 1968 xogouse o primer partido na Lomba como equipo federado, vencendolle ó Tomiño por 3 a 0.

O 26 de Mayo remataba a competición perdendo na casa contra ó Mondariz,que se proclamou campeón, e quedando nun 9º posto, despois de 22 partidos xogados , 7 victorias, 4 empates e 11 derrotas.

Unha das alineacións do Cultural Areas ese ano era : Mariño, Naro, Lage, Luis, Ubaldo, José Luis, Delfín, Floriano, Chispa, Ranchero e Paco. O Adestrador era Vicente.

O ano 1969 na Segunda Comarcal clasificouse 8º, sendo campeón ó Coruxo, no 70 nun grupo xa de 16 equipos, acadaría a décima plaza o campeón sería o Salvaterra.

Na tempada 1971 xa cós nosos veciños na misma categoría (daquela chamabanse Ponteareas) logrou o Subcampeonato por detras dó Louro, xogando a promoción de ascenso contra ó Salvaterra, e perdendo por 5 a 0 no terceiro partido, o de desempate.

E por fín na tempada 1972 chegou ó primer exito, o ansiado ascenso a Primeira, despois de pasar casi toda a liga detrás do Xuvenil de Ponteareas, (xa voltara a cambiar de nome) foron claves os dous partidos entre eles, vencendo 2-1 na Lomba, e na penúltima xornada en Pardellas 1-3, igualandolle a puntos a falta dunha xornada.

A alineación dese partido foi: Chiño, Cañón, Ranchero, Sanchís, Florián, Andrés, Lilo, Montero, Cándido Bautista, Costas e Cándido García.

Ahí foi donde escomenzaron os "trejemanejes" como me contaba Lorenzo ó principio, pero lóxicamente sin facerlle caso, ganouse ó último partido ó Spol de Porriño e o título e o ascenso no bote. O Xuvenil tivo que conformarse coa promoción perdendo contra ó Louro de Tameiga.

Despóis pasarían máis pesidentes, Verísimo Cerdeira, Luis Bugarín, Lano, Lecio, Xano, Montes,Torres, Dorindo e o actual Mingos, pero iso quedará para outras entradas.

Algunhas outras fotos históricas:


Florián recollendo un Trofeo


Lorenzo entregandolle unha placa conmemorativa ó primer adestrador Vicente.


Celebración de algún torneo


Partido en Pardellas

No hay comentarios: