O outro día subimos unhas fotos das capelas que existen na parroquia de Areas; aparte da de San Brais e da de Sta. Lucía, comentábamos que existía outra en estado ruinoso, a coñecida como "capela da Pesqueira", de propiedade privada que non sei se estaba adicada a algún santo. Polo que poidemos ver por unha ventaniña, existe un altar medio a cair.
A construcción de pedra está intacta, o tellado tamén existe pero debe estar medio derruido.
Unha pena que os propietarios non se decidan a restaurala, ou donala para a parroquia que se encargaría de facelo, pero xa se sabe, donar por donar...
De tódolos xeitos, no estado en que se atopa actualmente, ten un certo aire misterioso e incluso coas enredadeiras e piñeiros nacéndolle no teito, vese en certa maneira "enxebre", e fainos pensar no que nalgún tempo poido ser.
Realmente non sabemos moito da historia desta capela, o que é unha pena, pero descoidade, en canto lle apliquemos o "terceiro grado" a calqueira veciño que teña coñecemento desta construcción (ou contactemos cos donos), darémosvos cumprida información, polo de pronto aquí tedes algunhas "afotos" con data e todo.
miércoles, 16 de abril de 2008
A Capela da Pesqueira
Etiquetas:
Construccións,
Parroquia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
onde queda isto? ten unha pinta moi boa, un aire misterioso.Gústame
Dende logo merece a pena recuperala, semella estar nun enclave ben fermoso.
Apertas.
Gustame que vos guste, decir que queda no barrio de Alemparte, en Areas, queda pertiño da carretera que vai a Arnoso, eu que sou de aquí desta parroquia, a verdade que non lle tiña feito moito caso, pero vale a pena votarlle un vistazo.
Tés razón compañeiro. Hai conexión entre este post e o meu hórreo de Padrón...
(Joder, onde tamén hai conexión é entre Antas de Areas. Fíxate que ti e máis eu "coñecémonos" a raíz dunha foto miña feita nun lugar deste concello que se chama Santa Cristina de Areas; boeno, pois tamén teño que dicirche que hai outro lugar aquí que se chama Alemparte. Xa ves...)
e que me dís do cruceiro decapitado que hai (había) frente á capela?
esas escaleiriñas subindo dereitiñas dende o que antes sería un camiñiño...
parece ben fermosa a capela, nun enclave tamén bonito, con ese fermosísimo cable da electricidade, o progreso eche o que ten.
e non pasará por este blog alguén que saiba algo de arte e de pedras?
porque a min
chócame ese campanario,
non me digas polo qué,
pero seguro, segurísimo que é por algo cada cousiña que ten, a mín gustaríame sabelo.
carlos, se non sabes...¿preguntas e contasmo?
:D
o comentario anterior é meu, que antes de ler xa me lancei a escribir ó ver as fotos, e despois lendo, jajaja, percateime que non se pode ser tan lanzada!
Publicar un comentario