viernes, 11 de abril de 2008

A inxustiza do Fútbol


Unha pena, unha verdadeira pena o que sentín onte o final do partido, podese decir que foi unha impotencia total.

Despois de decidir non comentar nada de fútbol a nivel elite, hoxe non me queda máis remedio que sucumbir e referirme a ese escándalo de equipo chamado Getafe.

Eu que fun xogador de fútbol aficionado (bastante normalillo por certo), e sou un devorador de partidos televisados, xogue quen xogue, estaba un pouco aburrido do espectáculo bochornoso que nos ofrecían os equipos chamados "grandes" do fútbol español.

Nunha semana futbolera como esta, pensaba que o partido do martes entre o Liverpool e o Arsenal, era insuperable, un autentico espectáculo, onde os dous equipos vaciabanse físicamente e miraban cara a portería contraria sin especulacións, dando igual si iban ganando ou perdendo, loitando hasta o final.



Pero non, estaba confundido, non contaba con que onte o partido do "Geta" superara o espectáculo dos ingleses do martes. Non pensaba que un equipo mermado físicamente, con un home menos dende o minuto 5 de partido, cunha plantilla relátivamente curta e un montón de partidos as súas costas, fose capaz de crear tanto fútbol e dar esa lección, non tén calificativos. Que maneira de xogala, de tocar con calma o balón sin presas contra un "grande" do fútbol europeo como é o Bayern, que demostrou a súa cualidade de grande pola sorte nos minutos finais.

Con equipos como este e partidos como este, ainda podemos soñar con un fútbol limpo e decente, ainda que o resultado non sexa o apropiado para semexante derroche.

Antes de que ramatara o partido xa tiña pensado escribir esta pequena e humilde crónica e iba titulala "A grandeza do Fútbol", decidín cambiala por "A inxustiza do Fútbol" pero a verdade é que esa é a grandeza deste deporte, poder sentarte a mirar un partido e disfrutar de él.

Que vaian aprendendo alguns que pensan que solo son eles dous, detrás deles hai máis vida, moita máis.

BRAVO GETA!!!

No hay comentarios: