Bueno, teño que decir que fai un par de horas tiña os dedos quentes e a cabeza fría para subir uns cuantos posts "divinos de la muerte", pero despois de algún tempo aporreando as teclas para outros menesteres, viráronse as tornas; da cachola xa me están saindo chispas e hasta parece que teño os dedos algo conxelados, xa que a noite non está moi quente que digamos. Así que as miñas paranoias e divagacións terán que quedar para mañán. Bueno, quen sabe... xa coñecedes o dito de que o comer o rascar e teclear, todo mal é empezar. (Todo acaba en ar, menos o Telexornal que acaba as tres e media)
Sexa como sexa non quero ir a planchar a orella sin antes mostrarvos unha montaxe que fixeron con algunhas imaxes do impresentable de Bush (tranquilos, non vou a falar de política). Por si alguén non se decata, teño que decir que Mr. Bush é o que está na parte esquerda de cada comparación (digo porque sempre pode quedar algunha dúbida).
O meu compañeiro de viaxe desta bitácora, pensa que non é moi apropiada, pero é que si non a poño revento, así que, ¡Qué carallo...!
jueves, 10 de abril de 2008
Parecidos razonables
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario