domingo, 20 de abril de 2008

Problemas de lóxica

En toda revista que se precie (sexa cal sexa a súa temática), sempre hai una sección adicada os pasatempos; esta non é unha revista, pero sí unha publicación; un batiburrillo variado (coma xa comentamos na nosa introducción).

Está claro que non vou a poñer crucigramas, nin sudokus, nin nada que se lle asemelle; pero sí uns cuantos problemas de lóxica que atopei na rede e, que coido, son interesantes, anque sólo sexa para pasa-lo tempo namentras agardamos que éste mellore para poder sacarlle unhas fotos ó "muiño de picoñán" e poder facer un post ó respecto.

1.- Cristóbal era un viaxante de moito coidado. Cando chegou a Pedra de Arriba viu que había dúas barberías de cabaleiros. A primeira estaba moi limpa, sen un pelo no chan e o perruqueiro tiña un corte de pelo magnífico. Na segunda atopouse todo o contrario. O perruqueiro tiña a cabeza chea de trasquilons, e había pelos por todos sitios. A pesar de ser moi escrupuloso, Cristóbal decidiu cortarse o pelo nesta barbería.

¿Por que tomaría ese decisión Cristóbal?

2.- Cantos animais teño no meu casarío, se todos son cans, menos dous; todos son gatos, menos dous, e todos son cabalos, menos dous?

¿Que?, ¿Descubríchelo xa?

Que nooo...? Bo, pois aí vai unha pista: son moitos menos dos que pensas...

3.- Ana e Xosé Luís foron a ver o Zoo. Curiosamente nunha das zonas estaban mesturados os patos coas tartarugas. Ao saír do Zoo, Ana díxolle a Xosé Luís:

- Oe, Xosé Luís, ¿fixáchesche nos patos e nas tartarugas que había?
- Pois non. ¿Cantos había?
- Pois pescúdao ti mesmo. En total había 56 ollos e 80 patas (das de andar, non femias de pato).

Por se non se che ocorre nada, podémosche dicir que Xosé Luís atopou a solución ao darse conta de que cada animal ten dous ollos.

4.- A alguén se lle ocorreu comprar varios quesos para partilos e envasalos en aceite. Partilos pola metade era moi fácil.

Tamén era moi fácil cortalos en catro anacos iguais con dous cortes rectos. Pedinlle á miña filla que partise un en oito anacos iguais e díxome:

- Papi, é moi fácil só tes que dar catro cortes así.

De súpeto, mentres que facía os cortes decatouse de que podían conseguirse os oito anacos iguais con tres cortes.

Como o farías ti?

5.- Un pasteleiro recibe tres caixas de caramelos opacas. Unha de anis, outra de menta, e a terceira cunha mestura das dúas. todas etiquetadas co seu respectivos nomes. Máis tarde recibe unha chamada do provedor dicindo que todas as caixas están mal etiquetadas. ¿Cantos caramelos de cada caixa deberá sacar como mínimo o pasteleiro para saber cal é o contido real das caixas?

6.- Temos dúas velas que sabemos que tardan 1 hora cada unha en consumirse completamente e que ademáis o fan de xeito uniforme. ¿Como podemos medir 15 minutos?

7.- ¿Eres capaz de obter os números do 0 ó 9 como resultado de operacións matemáticas utilizando 4 catros e as operacións aritméticas básicas (suma, resta, multiplicación e división)?
Exemplo: Supoñamos que queremos conseguir o número 15, unha posible solución sería: (4 * 4) - (4 / 4) = 15

8.- María ten dous noivos, Xoán e Xosé. Para visitar a Xoán, debe coller o tren en dirección norte, e para visitar a Xosé debe coller o tren en dirección sur. Ambos os trens pasan cada 10 minutos, e como a María lle gustan ambos por igual, nin se fixa se un tren vai ao norte ou ao sur, e sobe ao primeiro que pase.

Con todo, por algún motivo María termina visitando a Xoánn un 90% das veces, e a Xosé só o 10% restante. ¿Por que?

9.- Calquera persoa con habilidades culinarias medias pode tomar uns cantos ovos e elaborar con eles unha tortilla. O contrario, está claro, é máis difícil. Canto custaría facer un dispositivo que recibise tortillas de ovos como entradas e producise á saída ovos enteiros?.

Aínda contando cun orzamento ilimitado, os máis brillantes enxeñeiros probablemente non o conseguirían.

¿E ti?, ¿Es capaz de atopar unha solución a este problema?.

10.- Ó morrer o xeque, ordenou que se distribuísen os seus camellos entre os seus tres fillos da seguinte forma: a metade para o primoxénito, unha cuarta parte para o segundo e un sexto para o máis pequeno. Pero resulta que o xeque só tiña once camellos, co que a repartición fíxose realmente difícil, pois non era cousa de cortar ningún animal. Os tres irmáns estaban discutindo, cando ven chegar a un vello beduino, famoso pola súa sabedoría, montado no seu camello. Pedíronlle consello e este dixo:
- Se o voso pai deixase doce camellos no canto de once non habería problemas.
- Certo, pero só temos once - responderon os irmáns, ao que o beduino contestou:
- tomade o meu camello, facede a repartición e non vos preocupedes que nada perderei eu na operación.

¿En que se basea o beduino para afirmar tal cousa?
____

SOLUCIÓNS

No hay comentarios: