Bueno, agora toca outra entrada da parroquia, xa sei que as persoas que non son da bisbarra tan só lle adicarán un pestanexar de ollos a este post, pero que lle queredes, a nos fainos moita ilusión falar do noso.
Como xa dixen nun post anterior, os monumentos máis representativos que temos na parroquia son os que teñen certo carácter relixioso (salvo cecais alguns "muiños" que a non moito tardar o meu colaborador prometeume que lle ía a sacar unhas "afotos"). Se non hai moito comentaba algunha couxiña da igrexa agora farei o propio coas duas capeleas que temos na bisbarra.
En realidade temos tres, pero unha delas esta "fora de combate". Anque xa non acolle a "feligreses" (algúns deles "peligrosos"), segue en pe e consérvase en bo estado. Carlos xa lle sacou unhas "fotojrafías", así que contade que en canto as teñamos editadas (que profesional), sibirémoslas ó blog.
A capela de San Brais:
En 1676, sendo maiordomo Don Antonio Ponce de León, nas contas que rinde, aparece un cargo de 550 reais para reformar a capela, polo que e moi probable que existise xa nese momento, anque seguramente sería pequena e rústica.
Non hai moito tempo sofriu unha reparación a fondo (xunto coa de Sta. Lucía), quedando moi ben, tal e como se pode ver nas seguintes fotos:
A capela de Santa Lucía:
No segundo libro da cofradía de Sta. Lucía, e copiado xa do vello, está escrito que se edificou no ano 1647, polo abade Don Victor Rojo de Mendiola e cos seus propios cartos; anque se reedificou posteriormente no ano 1785 sendo abade D. Pedro Regalado Manchuca.
Atopei outros datos concernintes a estas duas capelas, pero fan referencia a datas e cifras económicas de distintas reparacións, así que coido que son innecesarios.
lunes, 7 de abril de 2008
As capelas de San Brais e Sta. Lucía
Etiquetas:
Construccións,
Parroquia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario