Vouvos a contar unha pequena "anésdota" como diría un coñecido noso. Resulta que estaba buscando un plato gastronómico do que subir un post, e acordeime dunha receita que lin xa hay uns cuantos anos (tería 17, ou así). Por aquel tempo estaba vivindo en Madrid e soaban moito na radio "Gomaespuma" (aínda son moi populares hoxe en día). O caso é que merquei un par de libriños que editaron os humoristas naqueles anos, os cales me fixeron escangallarme de risa (me meé toa). Un destes libriños chamábase "Navidad con Orejas" e traía unha receita moi orixinal e divertida.
Por desgracia non sei onde puxen estas xoias, pero tiven a ocurrencia daquela de copiar algunha destas simpáticas paranoias, un tanto surrealistas; e tras poñer patas arriba as estanterías, localicei o texto en cuestión. Cando o atopei, sorprendinme a min mesmo ao comprobar que aínda me facía rir (xa se sabe que os 17 anos cáusache gracia casi todo).
Anque é unha receita típica do nadal, non me resisto a poñela agora. Tamén me tomei a liberdade de traducila ao galego, espero que non vaia o cárcere por iso. En fin, velaquí esta receita especial para Navidad, pero que tamén se pode preparar en calquera outra época do ano, bueno... se vos atrevedes, claro.
«No Nadal pódese comer de todo, e ao que non lle guste pode deixalo a un ladiño do prato. Namentras no "Hit parade" vai na cabeza o pavo e o besugo seguidos moi de cerca polo coello que subiu varios postos na pasada semana.
O pavo sen ir máis lonxe cocíñase de moi diversos xeitos. A forma máis usual é a máis corriente, siguendolle en dificultade a máis complicada ata chegar a unha receita practicamente imposible de realizar. Co besugo pasa pola contra exactamente o mesmo. Por exemplo basta recordar aquel "cara de pavo" o que a súa muller comeuno por noiteboa.
Un xeito moi doado de cociñar o pavo é o seguinte: Cóllese o pavo, sóanselle os mocos cun "clinex" e métese ao baño de Maria, é convinte chamar antes a Maria non vaia ser que non estea na casa. Se o baño está ocupado, por que ela tamén ten dereito a ducharse e iso, pódese meter o pavo no videt dalgún coñecido, sempre que éste sexa de confianza e moi limpo.
Mentres se caldea o pavo meta na tixola os seguintes ingredintes: Un tomate maduro, dous tomates verdes, un tomate tipo "o que queiras que estas na túa casa", dous tomates gordos e pelados, outro tomate igual de gordo pero sin pelar (xa o pelará cando teña tempo, vostede sobretodo non se estrese), e un pouco de salsa de tomate na súa tinta.
Retire o pavo, e cando o animal este confiado de que vai a sair, volva a poñelo outra vez, facéndolle unha aguadilla. Engada á tixola uns tomates máis e espere media hora. Saque o pavo definitivamente da auga e túmbeo no chan, apretándolle con forza o pescozo. Fágalle a respiración boca a pico, no caso de que reaccione volva a poñelo ao baño de Maria.
Trozee a María en lonchas moi finiñas e introdúzaa nunha cazerola de barro. Dore o pavo no asador a fogo lento. Saque os tomates do forno e xúnteos co pavo. Para rematar saque a María da cazerola e metaa no seu propio baño para que pareza que foi un suicidio e non poidan votarlle as culpas a vostede. Sirva todo moi frío acompañado do viño do país.
Para cociñar o besugo ao forno, cóllese o besugo polo rabo, sácanselle os ollos e cólganse na árbore de Navidad. Métese o besugo no forno e ao servilo vólvenselle a colocar os ollos no sitio.»
Cando chege o nadal cecais suba algunha historia máis que teño por aquí do libriño en cuestión, escrito por estes xenios do humor absurdo.
jueves, 10 de abril de 2008
Nadal con orellas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario