Primer partido do Areas en Mondariz.
Partido na Lomba
Xogadoras e menbros da xunta directiva | Hoxe en día, é bastante corriente que ó entrar nun campo de fútbol, nos atopemos cun partido de mulleres, é algo do máis normal e incluso necesario para que as mozas desta comarca poidan disfrutar do deporte. Proba diso e que na comarca de Ponteareas existen tres equipos, O San Mateo de Oliveira, o Ponteareas e O Condado, pero eles non foron os primeiros.
O verdadeiro pioneiro na disciplina foi o Areas, que alá polo ano 1984 (casi non choveu nin nada) xogou o primer partido femenino que se recorde na zona, contra o Xabriña de Mondariz.
Foi todo un espectáculo, ese 19 de Marzo de 1984, o campo de Mondariz estaba ata os topes, non sei si sería a novedade ou a calidad táctica das xogadoras, cada un foi alí polo que quixo..., do resultado non me recordo, sei que gañaron as nosas, tiñan boa escola.
Un mes máis tarde, o 20 de Abril (como dice a canción) O Xabriña devolveunos a visita no Campo da Lomba, outro cheo, vindo xente dos arredores e novamente victoria das nosas, como no.
O encargado desta complicadiña tarea, a de adestrar a estas mozas, foi Florián, todo un símbolo na parroquia dentro do mundillo do fútbol, pois xogou no Cultural Areas unha porrada de anos, e a verdade que se lle daba bén. |
Un servidor, que daquela andaba polos meus "quince aniños" e máis algun compañeiro soíamos ir ata os entrenamentos e daba gusto mirar como Florian as poñía a correr polo monte, a pisoetear os toxos, como facíamos os equipos masculinos, unha verdadeira igualdade, si señor.
Máis tarde viñeron máis equipos, O Xinzo, O Oliveira ..., e todos sucumbiron, o único que foi capas de ganarlle a estas loitadoras foi o Celta, pero iso xa eran palabras maiores.
Non sei cantos anos duraría, calculo que tres ou catro, pero como todo, acabou, unha pena.
3 comentarios:
Creo que te esqueceches do mellor equipo de futbol femenino da comarca, O Lirens. Eu como socia e seguidora creo que o deberías mencionar, leva moitos anos xogando na liga rexional, e quedou por diante dos equipos que ti mencionas, tanto do ponteareas como do condado e como non diante do seu eterno rival O San Mateo.
Tes que perdonar, pero cando eu me refería a eses tres equipos que existen actualmente, contaba os que pertencen ó concello de Ponteareas, O Lirens creo que pertece a Salvaterra.
E claro que merecería unha mención, porque debe ser, si non creo mal, o máis antiguo que existe nestes momentos. Si podes dime os anos que leva federado actualmente, Gracias.
O Lirens fundouse sobre o 85, pero segun me enterei foi o mesmo ano no que se fundou o San Mateoe tamén o guardés. Tan sólo comentar que ainda siguen algunhas xogadoras da plantilla inicial. Iso é constancia.Un saudiño
Publicar un comentario