viernes, 24 de octubre de 2008

O carril bici

Lémbrome, xa fai bastantes anos, lera no periódico que ían arreglar a estrada entre Ponteareas e Mondariz, cun carril bici incluido. Unha idea perfecta, tendo en conta que entre as dúas poboacións soamentes hai uns 10 Km., sería un percorrido perfecto para poder ir a dar uns paseos, coa tranquilidade que che dá dito carril, sin os lóxicos perigos dos coches.

Pois a estrada xa a remataron haberá uns cinco ou seis anos, pero o carril bici, aínda estamos a espera dél. Unicamente que lle chamen así a un pequeno tramo, de uns douscentos metros, que hai pola mitade do camiño. Ese pequeno tramo, en realidade é unha desviación para entrar as leiras e montes que están a beira da estrada. Pois terá que tratarse dese tramo, porque ata lle puxeron a sinal de bicicletas como se pode apreciar na foto. Pódovos dicir que o ramal está asfaltado cun aglomerado máis ben gordo, e ten moitas pedras e silvas. Máis ben parece un camiño de cabras que unha ruta para facer en bicicleta. O importante é que Ponteareas xa pode presumir, neses folletos publicitarios, de que tén carril bici.



Non sei de quen será a culpa, si da Xunta, Deputación ou Concello, pero si iso estaba aprobado, por qué non o fixeron?

Agora está feito un proxecto de un parking subterraneo, espero que non acaben facendo unhas catacumbas como as dos romanos.

Xa vedes, unha noticia de cal e outra de area.

12 comentarios:

Thiago dijo...

jjaja pero ¡que pretensiones! Cari. por dios, lo que me he reido. Y pq no ponene tb, un carril Bus-Vao y aparcamiento de la ORA?

O ya puestos, otra cosa que se lleva mucho: un paseo marítimo, jajaja

Bezos

paideleo dijo...

Nestes tempos hai un cariño grande por encher a boca de rimbombancias dese estilo.
Cando fixeron o polígono industrial da Granxa no Porriño saía na maqueta unha pista para facer footing que nunca chegou a existir.

Anónimo dijo...

O meu e un comentario agónico. Nese tempo estaba en Pias e a miña pasion dominante era o ciclismo, incluso non fumaba. Ilusioneime con ese carril de bicis que prometian, ademais creino. No foto que mostras e como quedou a antiga carretera, nada que ver con carril de bicis. Como comprenderas volvin a fumar:e ahi a miña agonia.Rico e santo.

Lúa dijo...

vaia oh!
pois xa lles valeu...o aparcamento sub será unha piscina???

Thiago dijo...

CAri,ahora entiendo pq os tarda tanto en llegar el Internet. Es que en vez de ir por cable como a todo el mundo os va en bici y por ese carril... jajaja Dile a Beni que se tire al monte a ver si lo encuentra en alguna cuneta, jajajaa

Bezos

paidovento dijo...

Teñen que pintarlle as rodas máis grosas no sinal para indicar que se trata de carril habilitado para bici de montaña.

São dijo...

Mas porque mentem todos os políticos em todos os países?!
Tudo de bom.

O Raposo dijo...

Ou sexa, que tedes 200 metros de carril bici e aínda vos queixades!
Desagradecidos, que sodes todos uns desagradecidos!!
Manda truco!!!

Manuel L. Rodrigues dijo...

carallo para o Carril Bici!! ...en todo caso será Carril Mountain bike!!

Mer dijo...

Xa sabemos cómo nos podemos tomar as promesas dos políticos, non estaría nada mal que alguén fose ao concello a recordarllo.

unh aperta

Thiago dijo...

qué pasa? caris, cómo va el temporal? Se sabe algo de telefonica o que?

de toda maneras esto de los blgos va fatal, ayer no funcionaron nada bien, y creo que es por ese nuevo servicio de Google: ya sabes, mapa fotográficos.

Bezos

Carlos Sousa dijo...

Pai do vento, Manuel L.R., sí, tedes razón, habería que chamarlle "carril mountain bike".

Mer, Pideleo, Sao (por certo gracias por descubrirnos), xa se sabe, os políticos, moito prometer pero despois..., o que máis fastida é que estaba aprobado, logo, que pasou cos cartos? Adonde foron parar?

Raposo, a verdade que nos queixamos de vicio, un día temos que ir todo Ponteareas ó mesmo tempo coas nosas bicis, total o recorrido dá para moito.

Lúa, si lles sae unha piscina non estaría mal, un día ei de poñer unhas fotos de un aparcamento, onde hai que pasar un traballiño para esquivar os charcos, que si chegas cos zapatos secos, mereces un premio.

Thiago, aquí non me quero imaxinar si fixeran un carril bus. Sobre o temporal, fai un frío que pela, pero vaise levando, terei que darlle a Beni o teu recado, porque últimamente está un pouco vagoneta.

Pois iso, un saúdo a todos.