miércoles, 29 de octubre de 2008

Ciclo Cultural

Xa vedes, Areas é unha parroquia con un montón de asociacións, pero aparte diso, tamén podemos presumir de que temos moita cultura e prova diso, é que ata contamos cun ciclo cultural, antes chamado mes cultural, xa que sempre se celebra en Novembro. Iso non quere dicir que no resto do ano carezamos dela, que quede claro.

A foto corresponde a portada do folleto que anuncia as actividades, e vouvolas resumir un pouco;

O sábado 25 de Outubro (xa vedes que chego un pouco tarde, pero antes non tiven tempo) actuou o grupo de Play Back Moreira .


O domingo 26 houbo concerto a cargo da Banda da escola de Música de Gulans. Esta banda de música vai dar clases de solfexo na Casa Cultural de Areas, polo que nos invita a apuntarnos. Si alguén ten ganas, xa sabe.


O sábado 8 de Novembro as 20:30 o grupo escénico Tea - Tro de Ponteareas presenta a obra "Da Vinci levaba razón" .


O domingo 9 de Novembro as 16:30 celebrarase un concurso de redacción e debuxo, haberá premios para a millor redacción e o millor debuxo por grupos de idade. E as 7 da tarde Gran magosto popular con castañas, viño e moita farra, tanto para nenos como para mallores. Eu penso que este pode ser un bó día, que vos parece?


O sábado 15, as 21:00 actuará a Rondalla Asociación Cultural La Troya de Ourense, mentras que o Domingo 16 as 19:00 o cómico Somoza tentará facer rir os asistentes coas súas historias e chistes.


O sábado 22, as 20:30 haberá un festival de corais. Serán dúas as corais que amenicen a xornada, a Coral polifónica San Pelayo de Navia e a Coral Santa Mª de Areas. Esta última é de aquí da parroquia, algún día deste tocarame falar deles, a ver si os promocionamos un pouco.


O domingo 23 as 19:30 o grupo Arte Xoven da Casa Cultural de Areas presenta o espectáculo de Play Back. Deste grupo, a verdade que non tiña coñecemento.


O sábado 29 a partires das 9 da noite, terá lugar a Cea de confraternidade, con sesión baile e sorpresas. Na cea terá lugar a homenaxe ós socios de maior idade: Luis Couto García, Manuel Covelo Covelo (Pancho) e José Benito Castro Mariño. De momento a mín non me toca, jeje.


E o domingo 30 pechase este mes cultural coa actuación do Grupo de Gaitas e Baile tamén da Casa Cultural de Areas, este grupo presentará as novas promesas da música e baile tradicional. O remate da actuación terá lugar a entrega de premios do concurso de redacción e debuxo.


Pois isto é o que hai, xa vedes que hai actuacións para todolos gustos, quizais se bote de menos algunha charla coloquio, ou algo polo estilo, o que pasa que seguramente, e por desgraza, o salón de actos estaría case baleiro.

Bueno, a disfrutar das actuacións e a "culturizarse" un pouco


12 comentarios:

Thiago dijo...

Y no hay nada organizado para el día 7 de noviembre que es mi cumple..¡Muy mal, eh!!! jaja Bien podiáis organizar una lectura "sosegada" del Blog Que Thiago, jaja Sosegada lo digo por quitar las partes mas comprometidas jaajaj
Bezos.

Carlos Sousa dijo...

Thiago, vamos a ver, si te acercas ata aquí, aínda podemos organizar algo, que aparte coincide en venres. Tí decides, aparte sempre podes ir con Beni a buscar o internet ese que ben en bici, je,je

HADEX dijo...

Tedes mais actos aí que aquí en Lugo,.....


Biquiños!!

Lúa dijo...

esta moi ben, mágoa que este tan lonxe, bicos!

Suso Lista dijo...

Vexo que estades servidos de Cultura. Apertas

paideleo dijo...

Para ter cultura só hai que botarlle ganas e parece que andades sobrados delas por Areas.
Un saúdo.
Ah, o calacú está achantado que o Leo non quere saber nada del: " cacul, no ". .. e iso que non o mirou a escuras coa luz acesa.

O Raposo dijo...

Sitios mais grandes teñen bastantes menos actos culturais.
Noraboa e apertas.

Thiago dijo...

Caris... No os estareís culturizando demasiado?

Tede moito coidado, jjaaj,

P.S. Se sabe algo de arrumakos u que?

paideleo dijo...

Outra aclaración. Eu son o do pelo escuro ao fundo á dereita na foto da festa dos callos. Que conste.

Thiago dijo...

Y aún tengo tiempo a comentarte y a preguntar por Beni...¿qué le pasa luego? que esta desaparecido? Igual se nos ha enamorado ....


Bezos

Mer dijo...

Sempre organizades un feixe de cousas.

Noraboa.

Unha aperta

Manuel L. Rodrigues dijo...

foder!!! pois si que tedes de carallo... quen tivese aquí ese movemento. Lémbrame aos anos do Colectivo Sacou.

Saúdos