Este fin de semana pasado, aparte de ser día de santos e defuntos, noite de Samahín, en Ponterareas celebrouse a VI Feira de outono. Sí, xa vedes, outra feira máis, hai dous meses celebrárase a Feira Tradicional.Esta feira de outono é organizada polo grupo ecoloxista Adenco, a Asociación Cultural Casa da Triga, Galiza Nova, MZN e o Sindicato Labrego Galego. Os postos estiveron abertos ó público o sábado e o domingo, e houbo bastante asistencia. Neles, un podíase atopar productos típicos da estación na que estamos.
De Cotobade viñeron a cociñarnos as filloas a pedra, podíanse provar con azúcar, nata, chocolate, ou o que a ún se lle ocurrise; un stand mostrábanos os productos da horta ecolóxica Veigaverde, hortalizas cultivadas sen ningún tipo de abonos químicos; Artesam viña con figuras feitas en area, ditas figuras son feitas cun sistema arefix único no mundo, según reza a tarxeta que me deixaron; había postos de arte en coiro, tellas decoradas (moi fermosas por certo), venda de chourizos, queixos, salchichons,castañas, noces...; xoguetes de madeira, crebacabezas tamén de madeira, e algún máis que se me esquece. Ata había un posto que viña de Arzúa con unha "galiña piñeira", que dín que é a raza máis antiga de Galicia, e diferenciase das demáis por ter certa capacidade de voo e plumas oscuras para camuflarse no monte.
Noutra carpa a beira desta, aparte de haber actuacións de grupos de gaitas, había dúas exposicións, unha de cogumelos de distintos tipos, que recolleran no sábado a mañán nunha saída guíada dende a Casa da Triga, e poideron degustarse no domingo.
A outra exposición era de bonecas e figuras feitas con productos típicos, onde abundaban os feitos con espigas, carulos, follato e demáis materiais. Estas figuras foron confeccionadas por alumnos do colexio Fermín Bouza Brei. Podovos dicir que foi a parte que máis me gustou da feira.
Esperarei a seguinte, que xa vedes, aquí por feiras que non sexa, e si tedes dous minutiños e un pouco de ganas, podedes dar un paseo virtual pola feira ollando este video.
Bueno, o video teredes que voltar que aínda teño que preparalo.
miércoles, 5 de noviembre de 2008
VI Feira de Outono
Etiquetas:
Cultura Galega,
Parroquia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
As bonecas son preciosas....hai pouco vin aquí en Lugo unha exposición de xoguetes antigos feitos a man e había uns bonecos feitos coas follas do millo moi parecidos.
Feira de aquí, feira de acolá, ciclo cultural ... pero aí non parades, eh!!
Tes que mostrar a galiña piñeira esa que eu descoñezo de todo.
As bonecas artesanais están mui ben.
Bueno, tiene buena pinta, y tienes razón que esas muñecas han quedado geniales, pero me ha dado un hambre pensar en todos esos productos de mi tierra, jajaaj Dios que ricas, filloas y queso de Arzúa, jajaja Las filloas eran de caldo?
Y Beni, entonces se la perdió? Pero donde se ha metido este tio que no da señales de vida?
Bezos.
Boas: Chego aquí vía blog de Hadex que os dous visitamos, e chamoume a atención o detalle, que tamén compartimos, de que vos tedes un Areas (Ponte) e nós en Antas de Ulla outro (Santa Cristina). Deste Areas é o burriño que eu saco no último post e que debe ser primo do que agora ten Hadex para facerlle compañía aos cadelos.
Fíxate ti que cousas
encántame a artesanía, por non dicir os cogumelos.
É unha mágoa que desaparecese a Atesanoia que se facía antes na vila.
isto, xunto coas antiguedades, é unha debilidade
que ben!!!! encantanme as feiras!!!e ista debeu ser esplendida!!!!bicos
Publicar un comentario