miércoles, 19 de noviembre de 2008

Rectificar é de sabios

O outro día "o noso amigo Manolo" ("Rico y Santo" na blogosfera), que algunha vez tiña colaborado con nós no blog, botoume unha bronca polo post anterior, decíndome que estaba feito dende a ignorancia, sin ter coñecemento de que ían as cousas. Tamén me dixo que co movimento anticlerical que existe hoxe en día, eu estaba xogando con esa ventaxa, e apúntandome algún punto. Estivo a punto de poñer un comentario dando o seu punto de vista, pero que non quixo poñerme en evidencia. Eu, de feito, xa sabía que non lle ía gustar, e insistinlle en que púxera o comentario, que si me convencía eu rectificaría sin problemas.

O caso é que non puxo comentario ningún, non sei si será porque non me quixo queimar publicamente (que iso facíase noutros tempos), pero deume algunha explicación en privado. Paso a comentar un pouquiño o que me dixo:

Sobre o das veliñas eléctricas, non está feito para recaudar máis cartos, senon para evitar algúns accidentes que houbo antigamente a causa do lume que provocaron as velas(Xa estamos co lume outra vez). Isto sempre según a versión dél. O de "Billetes non" para evitar atrancar a máquina. Xa decía eu que me extrañaba que non os admitisen.

O confesionario-semáforo é un confesionario dobre, ten dous habitáculos, un para o cura e outro para o confesante para preservar a súa intimidade. Claro, para que a xente sepa si hai alguen dentro están as luces, a bermella cando está ocupado e a verde cando está valeiro. Se o cura non está no confesionario, simplemente están as luces apagadas.

O do ordenador e os plasmas, son para dirixir as misas, programan as lecturas e cánticos e van saíndo polos plasmas para que a xente as poida ir seguindo. Tamén me comenta que como fan nos institutos, usannos para dar e seguir conferencias, xa que nesta Igrexa fanse moitas.???

Co da alarma, dígolle que estou de acordo, máximo coa cantidade de rateros que hai. O que non me parece ben é que poñan o letreiro en plena fachada, o lado dese pórtico tan bonito que se ve na foto. Sobráballe sitio para poñelo, ó que él me contesta que é donde máis se mira.

Como di o título deste post e o refrán "Rectificar é de sabios". Eu como non me considero sabio, nin nada parecido, pois a miña rectificación vai ser a medias, o millor un pouco menos da mitade, xa que agora podo entender para que sirven eses aparellos todos, pero sígueme parecendo un luxo. Un auténtico luxo, para unha institución que presume de tantas cousas.

Me parece que non lle vou a sacar o cabreo, se cadra aínda lle vai a gustar menos este post, pero que conste que é unha opinión moi particular miña, e as opinións como outras cousas, cada ún ten a súa.

Que opinades?

18 comentarios:

Thiago dijo...

Easta rectificación te honra... la verdad es que no era normal tanto disparate. Lo de las velas bien mirado tienen razón por los peligros de incendio, auqnue si bien electrificado parace mas moderno, queda mas cutre, pues seguro que dura lo que un pedo de monja, jajaja.

Lo que no estoy de acuerdo es en que haya una ola anticlerical, o tal vez no en que se diga como algo malo, y si la hay que no lo creo, ¿no será culpa de la propia iglesia? Igual es que ponen muchas luces electricas para iluminar las almas y a los creyentes pero no tienen las luces encendidas para iluminar a sus teólogos, obispos, papás y demás... que siguen a oscuras, ciegos, castamente antinatural, homofobos, machistas, anticuados, anunciantes del apocalipsis, vendedores del infierno... (y no lo digo por tu amigo, que como las luces de esa iglesia, parece de los mas modernos, jajaja).

Bezos anticlericales... (me rio yo de la ola anticlerical, mas bien hay una ola episcopal conservatriz.

Bezos.

P.S. Pongame a los pies de su señora, jajaajajaj.

HADEX dijo...

Sintoo moito polo amigo Rico y Santo, pero estou totalmente de acordo contigo. A Igrexa predica unha cousa e fai todo o contrario. Non é coherente.
Biquiños!!

Mer dijo...

A mín por un lado non me parece nada mal que teñan todos eses adiantos tecnolóxicos, que todos vivimos no século XXI, a ver se empezan a modernizarse nunha cousa e seguen noutras.

Máis por outra banda, case todo isto é prescindible totalmente, e non sei se isto entra nos preceptos da Igrexa Católica.

De tódolos xeitos é beneficioso para os feligreses, polo que está ben.

granitos e marmoles dijo...

Con la iglesia hemos topado!!! De todo-los xeitos creo que ti sempre foches demasiado anticlerical porta pa fora e pa dentro fas o que todos, vodas, comunions e bautizos.!!!???? non sei ,non sei , hai que ser mais coherentes coas propias ideas

Mer dijo...

O fin de semana que vén, o meu irmán cativo xoga contra o Areas, na categoría de cadetes, haberá que facer unha crónica, aínda que non sexa de fútbol sala.

Unha aperta

Carlos Sousa dijo...

Admito todalas opinións, e máis que caian.

Como vides decindo, o millor é culpa da igrexa que cada vez vaia tendo menos adeptos, ou que sexa incapaz de captalos. Non quero meterme moito nese mundo, que quen me coñeza sabe que non o comparto, pero o respeto.

Para granitos e marmoles, aparte de que non é unha identidade moi común, (o certo é que o nome sóame moito, jeje, parece que foi con recochineo a historia) Pola pinta coñécesme, pero o millor non tanto. Eu si que me lembro a última vez que fun a eses acontecementos, e tí tes que saber en que calidade fun. Chamarasme hipócrita, pero en fin, menos vacile e se podes dime quen eres.

Mer: Así que ven o Chapela o sábado a Areas, non vos vaiades a pasar que sei que non van moi ben na clasificación. Se vas vir co teu irmán, avisa que me axudas coa crónica.

Unha aperta a todos, si, si, a todos

Lúa dijo...

opino que vaian axudala xente e deixen de dar tanto a lata con misas e parvadas, Africa, Sudamerica....sitios de sobra...
bicos.

Lúa dijo...

e digo mais:
a igrexa é a mafia mais grande que hai no mundo, como dicia aquel: a relixion é o opio do pobo....ale

Mer dijo...

Non, non vou ir a ver o partido, este fin de semana achegareime outra vez a Compostela, a ver se vexo algo do Cineropa 2008

Que gañe o mellor, sen trampas nin cartón!!

Thiago dijo...

¡E vivamos como galegos nos blogs tamén! jajaja

Bicos sabor freixós (na miña casa chamamoslle así as filloas, jaajj).

paideleo dijo...

Está ben engadir outras opinións anque eu quero saber da igrexa o mínimo posible.

O Raposo dijo...

A igrexa hai xa moitos séculos que derivou cara o luxo e a acaparación de riquezas. Xesús, hoxe en día, renegaría dela.
Agora a súa prioridade non é salvar almas e facer o ben, senón engordar a súas contas correntes.
Hai honrosas excepcións pero son poucas. E Rouco Varela non está entre elas, que conste.

Chousa da Alcandra dijo...

Na liña do meu comentario ao teu post anterior, manteño a idea de que resulta -cando menos- chocante o asunto dos plasmas e do ordenata no altar. En todo caso paréceme ben que empreguen a tecnoloxía; pero que se suben ó carro da modernidade para unhas cousas, que non se queden no carro de vacas de fai 100 anos...

Unha aperta

granitos e marmoles dijo...

Eu nosn estou dacordo cao iglesia actual nin coa forma de utilizar o diñeiro de todos, pero é o seu problema, si de min non reciben nin un duro non podo falar.Os que deberían quixarse son aqueles feligreses os que están estafando, e creo que por esa parte non hai queixas. Pero bueno non vou entrar en polémicas absurdas. Pero o día que tí prediques co exemplo podemos empezar a falar.

Thiago dijo...

Cari, habrá que poner un post o algo, no? Digo eu.. jajaja Bezos.

Thiago dijo...

Gracias por llamar ocurrencias a mis chorradas, cari... Pero vas a tener que hacer tu pq

Benitiño do ollo redondo,
debe haber caido hondo,
nun furado que non ve o fondo,
o esta follando a todo o "mondo"

Mondo es italiano, pero me hacía falta para la rima, jajaajajaj

Bezos.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Moi boas a todos:

Imos ver: Está claro que calquera tipo de relixión ou secta (segundo se prefira) está suxeita as innovacións tecnolóxicas do mesmo xeito que calquera empresa de outro tipo.

O paso das velas (de toda a vida) ás eléctricas e automáticas é algo inevitabel, non somentes polo perigo do lume, senom polo mesmo motivo polo que escribimos a ordenador no canto de facelo coa máquina de escribir.

Outro tema é o do lucro (sexa con velas ou con luceciñas), que todas as relixións (e insisto no de todas) teñen por deus supremo.
Evidentemente; os católicos non son unha excepción. Todas as empresas teñen como obxectivo gañar o máximo posibel de capital e que é senon unha relixión? Uns venden pan, outros zapatos, e outros esperanzas, metafísica, e crenzas...

Dixoo o propio Xesus Cristo, cando entrou no templo e viu aos mercaderes: "Convertéchedes a miña casa en cova de ladróns"

Thiago dijo...

Bueno, Manolo, apreciamos tu aportación... Tu magisterio nos ilumnina...¡Y sin echar ni un euro! jajaajjaj

Yo creo que todo tenia un tono festivo y eso es siempre agradable. Creo que si la Iglesia debe ser algo, es ser alegría salvaadora....

Bezos y gracias.