lunes, 10 de noviembre de 2008

Unha de fútbol sala

Este sábado pasado non puiden asistir a obra de teatro, xa que tíñamos o partido de futbol sala a mesma hora. Polo que me enterei, a obra estivo bastante ben, aínda que un pouco surealista, parece ser que algunha xente non se enterou moito de que ía a cousa, mentras outros disfrutaron do lindo.

Pois sí, a tempada de futbol sala xa escomenzou. Nun principio era o motivo da existencia deste blog, pero como vades vendo, tentamos publicar máis cousas sobre a parroquia, ou sobre o que se nos ocurra, cousa que creo non nos está saíndo de todo mal.

Pero como o fútbol non o podo deixar de lado, hoxe tócame falar un pouquiño de como nos van as cousas. Escomenzamos como nunca, ganando o primeiro partido, algo que nunca lográramos aínda, pero coa segunda xornada, volta a realidade, derrota por cinco a cero, bueno, coa segunda xornada e coa terceira e coa cuarta, tres derrotas seguidas e o que é peor, sin ser capaces de anotar ningún gol.

A esta situación había que buscarlle unha solución, e cal creedes que foi? Pois nada millor que facer unha xuntanza, para como dín os equipos grandes crear unión no vestuario, un conto chino xa que o importante da farra é pasalo ben, a unión nun equipo pequeno como o noso, xa existe. Quedamos para este sábado despois do partido, e foi revulsivo porque ganamos por dous a cero a un rival directo.

Non teño fotos dos partidos, xa que de momento non me deixan xogar coa cámara, e cando estou no banquillo póñome moi nervioso e nin me acordo. Quero comentar que a media de idade subiu un pouco, isto é debido a dous motivos, o primeiro a que pasou un ano e polo tanto somos un ano máis vellos, e o segundo, a que deixaron a plantilla dous xogadores e fichamos a un "chavalito" de 43 anos, Iglesias, nos seus tempos un moi bó xogador, agora un bó xogador.
Esta é a clasificación actual, pichar nela para vela máis grande:



Logo do partido, a churrascada na casa do noso delegado, momentos que como podedes imaxinar sentan moi ben, co grupo que somos as risas están garantidas. Aquí si que teño fotos, pero despois de velas con máis calma, casi que non as vou a por, os caretos non son moi apropiados, non sei si sería culpa do churrasco ou de que outro motivo, non mo explico, je,je.

A foto que si vou a poñer, porque se empeñou él, é a do irmán do delegado (socio do clube), que marcha este venres a Colombia, non nos aclarou si en viaxe de pracer, de amor ou de traballo. Quixo enseñarnos a súa bolsa de viaxe.

Non vos parece que ten un parecido con Alfredo Landa, nunha das súas películas, cando ía coa súa maleta polos Madriles, como se chamaba? Cachis, non me lembro agora.

11 comentarios:

lua dijo...

pois un aire si ten...hehehehe, a plei nin idea e noraboa!!!!bicos

Anónimo dijo...

pa chamarlle c_t_t_ tiñas tempo

Raposo dijo...

Pois a ver si subimos na clsificación que polo menos hai que xogar a Uefa, je,je!

paideleo dijo...

Eu non che son nada futboleiro pero a última vez que xoguei foi nunha empresa que xogamos solteiros contra casados e creo que nunca rin tanto.
Na clasificación non ides tan mal.
A película non sei se é " La ciudad no es para mí ".

HADEX dijo...

Que o pasedes ben logo e que gañedes moitos partidos!!

fgul dijo...

Home!!

Unha de futbol sala!!

Case non se notaba que o blog tiña algo que ver co tema

(xd) Saúdos!

Carlos Sousa dijo...

Albino, bonito xogo ese que propós de poñer as vocais que faltan. Claro que tiña tempo pa chamarlle, pero foi él quen o propuxo, e ademáis empeñouse. Ti coñecelo, non?

A Uefa? Nos menos da Champións non nos conformamos, as nosas segundas voltas son terribles, ahí é donde arrasamos, jeje.

Thiago dijo...

jaaj, que divertido, asi que vamos de 10 de una clasificación de 14? Bueno no esta todo perdido.. pero lo genial es lo de la foto, asi que se empeñó él? Supongo que espera que si te lee alguna colombiana maja y se enamora....

La peli no seria ¡Vente pa Alemania, Pepe! ? jjaja

Bezos.

A.C.FolkAntas dijo...

Carallo!!, pero se ides de número 10!
Esa é unha nota caralluda.
Ademáis, se lle dades ben á mesa; que máis se pode pedir?

Carlos Sousa dijo...

Folkantas; Benvido a Areas, un 10 claro que é unha nota caralluda, pero como somos moi modestos, cunha nota máis pequena conformámonos, jeje. E quen non lle pega ben a mesa?
Saúdos e volta cando queiras.

Mer dijo...

veña pois moito ánimo, a ver se metedes algún gol máis

unha aperta